Quen Somos
O grupo que conforma hoxe en día a Asociación Musical Gaiteira é de recente creación, pero practicamente todos os seus membros incluído o seu director, Juan Brage, proveñen doutro coro anterior no que tiñan unha ampla experiencia de máis de 25 anos.
Actualmente a coral polifónica está formada en grande parte por veciños dos barrios da Gaiteira e Os Castros (A Coruña) que teñen unha longa tradición neste tipo de agrupacións musicais.
Nos últimos anos esta experiencia tense plasmado en diversas actuacións cara ao público en toda Galicia, predominando sobre todo na provincia da Coruña e particularmente na cidade, onde destacan as realizadas no Centro Ágora, Sporting Club Casino, Festival de Habaneras da Coruña, centros cívicos, igrexas ou centros da terceira idade.
No resto da provincia, leváronse a cabo concertos en diversas cidades e vilas como: Oleiros, Sada, Pontedeume, Ferrol, Narón, Ponteceso, Laxe, A Pobra do Caramiñal ou Brión, entre outras. Fora da provincia, tamén se realizou un concerto en Redondela. A coral tamén actuou no programa “Luar” da TVG.
A Asociación organiza anualmente un festival de música polifónica en língua galega, que promociona e expande esta tipoloxía musical con coros achegados de toda Galicia.
As actuación realízanse en diversos formatos que van dende encontros entre varias corais, ata en combinación con rondallas instrumentais, ou actuacións individuais.
O repertorio é variado e abrangue dende música tradicional de Galicia e doutras partes do mundo con adaptacións polifónicas, ata músicas de recoñecidos compositores clásicos internacionais.