Este proxecto comezou o curso pasado cando pedimos ás familias que nos enviaran fotos familiares anteriores aos anos 70 do século pasado para facer unha exposición na que se mostraran as diferenzas entre a vida de aqueles anos e a vida actual: as celebracións, as festas e tradicións, a roupa, os xogos ...
Debido ao confinamento non se puido levar a cabo. Pareceunos que tiña moitas posibilidades e por iso o retomamos este ano.
A través do proxecto promoveranse as competencias clave, sobre todo a competencia artística e cultural , a competencia comunicativa , a competencia social e cidadá , a competencia no coñecemento e interacción co mundo físico...
As actividades a realizar constituirán un aporte importante cara a formación de actitudes positivas e de crítica que conduzan ao desenvolvemento persoal do alumnado, cunha participación activa, responsable e solidaria na recuperación da identidade cultural do noso pobo.
OBXECTIVOS DE APRENDIZAXE
Coñecer a historia familiar, relacións de parentesco , árbore xenealóxica
Fortalecer a cultura da trasmisión dos costumes e tradicións a través das ferramentas TIC como medios de xestión da memoria colectiva
Promover o respecto polos maiores
Reforzar os vínculos interxeracionais de intercambio de informacion oral
Ver que as cousas cambian co tempo e hai que coidar as tradicións para que non se perdan
Experimentar e coñecer os elementos máis significativos das festas tradicionais e familiares
Mellorar as interaccions comunicativas, ampliando o vocabulario
Experimentar e exercitar destrezas manuais
Manter unha actitude axeitadacara as actividades propostas