IX FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES
DE ANIMACIÓN DA CORUÑA
IX FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES
DE ANIMACIÓN DA CORUÑA
Encontro con Salvador Simó | Real Academia Galega de Belas Artes
Salvador Simó é director de cine e guionista, formado no American Animation Institute dos Ánxeles e con experiencia en estudios como Disney en París e MPC en Londres, onde traballou en filmes como O libro da selva e Skyfall. Volveu a España en 2016 para dirixir Buñuel no labirinto das tartarugas, que gañou o Goya á mellor película de animación, o Premio do Cine Europeo e foi preseleccionada como candidata de España aos Óscar.
En 2024, a súa película Dragonkeeper, coproducida con China, converteuse na primeira produción non chinesa en gañar o premio á mellor película de animación nos Premios Galo de Ouro, un fito internacional para o cine español.
The Wanted | FILMOTECA DE GALICIA
The Wanted 18 / المطلوبون 18, ao-maṭlūbūn 18) é un documental animado palestino-canadense sobre os esforzos dos palestinos en Beit Sahour para iniciar unha pequena industria láctea local durante a Primeira Intifada, ocultando un rabaño de 18 vacas leiteiras ás forzas de seguridade israelís cando o colectivo lácteo era considerado unha ameaza para a seguridade nacional de Israel. A película combina entrevistas documentais cos involucrados nos eventos, material de arquivo, debuxos, animación stop-motion en branco e negro, así como recreacións, e foi codirigida polo cineasta canadense Paul Cowan e o artista visual e director palestino Amer Shomali.
A película foi a candidata palestina a Mellor Película en Lingua Estranxeira na 88a edición dos Premios Óscar.
A recadación da taquilla será destinada ás asociacións Galiza por Palestina e Cabezón por Gaza. Doazón voluntaria.
Palmarés de premiados da edición 2024 de CINANIMA | FILMOTECA DE GALICIA
Grande Prémio Cinanima (Curtametraxe): Beautiful Men, de Nicolas Keppens (Bélgica/Francia/Países Bajos).
Prémio Especial do Júri: A Crab in the Pool, de Alexandra Myotte e Jean-Sébastien Hamel (Canadá).
Prémio do Público: Percebes, de Alexandra Ramires e Laura Gonçalves (Portugal/Francia), que tamén gañou o Prémio António Gaio á mellor curta portuguesa.
Cortometraxe Estudiantes: Unrecognized Character Detected, de Song Ye (China).
Encontro con Juan Pablo Zaramella | Real Academia Galega de Belas Artes
Juan Pablo Zaramella, nado en Bos Aires o 7 de abril de 1972, é un director, animador e ilustrador independente arxentino recoñecido internacionalmente polo seu traballo en animación de autor.
Zaramella explora varias técnicas de animación cadro a cadro, incluíndo debuxo, stopmotion e pixilación, cun estilo narrativo marcado polo humor absurdo e unha estética minimalista.
A súa obra máis coñecida é a curtametraxe Luminaris (2011), que gañou entre 324 e 328 premios en todo o mundo, obtendo o récord Guinness da curta máis premiada. O seu máis recente curtametraxe, Pasaxeiro (2022), animado con personaxes de papel recortado, foi presentado no festival Animafest de Zagreb e pechou o festival de Annecy en 2022, entrando na shortlist dos Oscars grazas ao Gran Premio no festival Chilemonos, e levou o premio do xurado no ANIMACCIÓN desa edición.
LONGAMETRAXES | FILMOTECA DE GALICIA
THE TOWER - Mats Grorud |72 min (2018)
A Torre é unha película animada baseada en historias reais de entrevistas, conversacións e observacións realizadas polo director e guionista Mats Grorud mentras vivía nun campo de refuxiados en Beirut.
Taquilla recolectada para as asociacións Galiza por Palestina e Cabezón por Gaza.
FLOW - Gints Zilbalodis | 83 min (2024)
Un gato esperta nun mundo cuberto de auga, onde a raza humana parece haber desaparecido. Busca refuxio nun barco cun grupo de animais. Pero levarse ben con eles resulta ser un reto aún maior que superar o seu medo á auga. Todos terán que aprender a superar as súas diferencias e adaptarse a este novo mundo no que se atopan.
CURTAMETRAXES | FÓRUM METROPOLITANO
Última oportunidade para acudir ás proxeccións das curtas a concurso deste ano e votar a túa preferida para que se leve o premio na súa categoría.
Tamén de desfrutar da sección de curtas do Panorama Galicia Retro, que fai unha recopilación de traballos destacados da animación galega.