OBXECTIVO DO CURSO

OBXECTIVO TRIENAL 2015-2018

O Obxectivo Educativo quere, en primeiro lugar, ser resposta:

  • Ao desafío que nos propón a Proposta Educativa Vedruna de educar de maneira que "a persoa sexa capaz dun proxecto de vida con sentido e afrontar os desafíos do mundo contemporáneo". (PEV .páx. 23)
  • Á invitación que nos fai o Proxecto Marco de Pastoral de Acompañar a Vida e ser anuncio de Vida.
  • Ás necesidades do noso alumnado e da comunidade educativa. Que podemos ofrecerlles e ofrecernos para experimentar no día a día da nosa misión as palabras de Jesús: "Eu vin para que teñan vida e téñana en abundancia".

COMUNÍCOME COMIGO MESMO-ESCUCHA (2015-2016)

COMUNÍCOME COS DEMAIS-ENCONTRO (2016-2017)

COMUNICO Á SOCIEDADE-ANUNCIO (2017-2018)

OBXECTIVO 2017-2018 - COMUNICO A LA SOCIEDAD: ANUNCIO


Unha das achegas que a Escola Vedruna, e por extensión as persoas que a conforman, debe facer á sociedade e ao mundo de hoxe é difundir boas noticias. E a Boa Noticia xera pensamento positivo, fe e optimismo. O positivo é descubrir, ensinar e anunciar a vida que hai en todos os recunchos e no ser das persoas.

É tarefa da escola, dende o compromiso coa vida e a responsabilidade coa súa defensa, alumar o bo que hai no mundo e está escondido porque non é noticia ou non interesa; ofrecer testemuños que son boa noticia e noticia esperanzadora. Comunicar o positivo é cambiar o prisma; é descubrir a luz que está por todas partes e que serve (aluma) a todos. Mirar con optimismo porque hai razóns para o optimismo.


VALORES PARA TRABALLAR DURANTE O CURSO:

Neste curso imos traballar moitos valores pero poñeremos o acento en: a cooperación, a solidariedade e a xustiza.


VIDEO OBJETIVO ENRÉDATE - .mp4
8. PROYECTO MARCO.pdf

PROYECTO MARCO PASTORAL ACOMPAÑAR LA VIDA VEDRUNA

CARTEIS DO OBXECTIVO DO CURSO