DÍA A DÍA


PASTORAL DO COLEXIO Mª INMACULADA HH. CARMELITAS VIGO

Comeza un novo curso e dende este sitio web queremos estar convosco, informando sobre o que acontece a nivel da Pastoral no colexio.

Queremos estar ao voso lado sentíndonos unha gran familia, a familia Vedruna, sinxela e próxima que fainos apreciar que o colexio é a nosa casa e as persoas que o integramos somos parte dela.

Temos presente a ideoloxía de Joaquina, que dende aqueles días ata hoxe segue sendo válida, pois está baseada no amor aos demais e ao traballo ben feito. Cremos que con alegría e esforzo, entre todos pódense sacar adiante os ideais que nos moven e que son os mesmos que a moveron a ela.


NENA MARÍA

Onte no colexio celebramos o día da Nena María.

María por nacer muller, e na época na que o fixo, foi privada de certos dereitos dos que si dispoñían os que nacían homes. Ademais, por ser nena, non tiña a posibilidade doutros dereitos que si gozaban os adultos. Certo é, que como nena tamén debía cumprir uns deberes moi parecidos aos que nos podemos aplicar hoxe. Hoxe no colexio lembrámolos e celebramos con María a súa infancia e a infancia de tantos nenos e nenas.

GRACIAS FAMILIAS POR VUESTRA COLABORACIÓN



FELIZ DÍA DE TODOS LOS SANTOS

Por los que no están con nosotros.

Por los que faltan y dejaron su ausencia escrita en recuerdos.

Por aquellos que dejaron de ver nuestros ojos y nosotros los suyos.

Por aquellos que el corazón les falló y dejaron de escribir notas en la partitura de nuestra vida.

Por aquellos que prometieron ser felices y murieron luchando por conseguirlo.

Por aquellos que no llegaron a serlo, y por aquellos que murieron con una sonrisa en la cara tras años, y miles de recuerdos vividos.

Acordémonos verdaderamente de ellos, los Santos de nuestras vida.

Feliz día de Todos Los Santos.

ENVÍO MISIONERO


Estimados pais:

Dende o Equipo de Pastoral enviámosvos un saúdo para este novo curso,

á vez que vos propoñemos participar na campaña do Domund.

O próximo 22 de outubro a Igrexa celebra a Xornada Mundial das Misións, é o Domund, unha xornada misioneira na que dun modo especial, a Igrexa universal reza pola misión e os misioneiros e colabora con eles.

O lema do Domund deste ano é: “Se valente, a misión espérache” convida a ser valentes e comprometerse a fondo coa labor misioneira da Igrexa.

Nós, pola nosa banda, esperamos que os nosos alumnos sexan capaces de apreciar o valioso servizo que os misioneiros fan dando testemuño en lugares afastados e difíciles, e saiban velos con amizade e proximidade, demostrándolles todo o apoio que merecen.

Grazas a todos O Departamento de Pastoral


Comienza el curso para los Grupos Vedruna

CONVIVENCIA 3º Y 4º DE eso, 1º Y 2º DE BACHARELATO


CONVIVENCIA 1º Y 2º DE ESO. COMIENZO DEL CURSO


INAUGURACIÓN DO CURSO 2017-2018 ESO E BACHERALATO

Este curso contamos con varios dos membros da Asociación DISCAMINO para a presentación do obxectivo.

A proximidade, cordialidade, sinxeleza e ánimos tan positivos que nos transmitiron é o mellor dos testemuños que podemos ofrecerlles aos nosos alumnos.

DisCamino é unha Asociación creada para lograr que calquera persoa discapacitada poida gozar de todo o que a peregrinación ofrece a calquera outro peregrino do camiño.

Pero DisCamino non só é a ruta, é a preparación física e mental necesaria para levar a cabo este reto; é o compañeirismo que xorde nos retos compartidos, é a ilusión de implicarse en algo que cambiará a túa vida e encheraa de significado; é o día a día de moitas persoas que, aínda que nunca vaian poder pedalear, teñen necesidade de algo, ou de alguén, que lles axude ou acompañe no seu paso por este mundo.

Javier Pitillas, díxoo ben claro: Se se quere pódese, e con estes exemplos é fácil encarar o novo curso, e calquera dificultade que nos xurda na vida.

Esperemos que algún se anime a colaborar con eles.

INAUGURACIÓN DO CURSO INFANTIL, 1º Y 2º

Contaxiando alegría,con risas e bailes foi a imauguración do curso de Infantil, 1º e 2º de Primaria.

O noso compromiso "Enredarnos cos demais, axudando en todo e facendo equipo"


INAUGURACIÓN DO CURSO 3º, 4º, 5º e 6º DE PRIMARIA

E os maiores de Primaria tamén inaguraron o curso con moita ledicia.

Fixaros ben nos compromisos que adquiriron.

Van conseguir mantelos todo o curso! Esperemos que tamén o fagan ao longo da súa vida.

Estimadas Familias:

Comezamos o curso sendo o obxectivo xeral ENREDATE. E xa o podemos facer (enredarnos nunha acción solidaria) este domingo día 1 de outubro. Temos una ocasión para amosar e vivir en familia este valor dunha forma concreta: a asociación ASPANAEX organiza a xa clásica andaina que dende o noso Colexio apoiamos e invitamos que participedes xunto cos vosos fillos.

Con esta marcha intentase concienciar da problemática das persoas que teñen una discapacidade intelectual.

O percorrido será duns 9 Km. e partirá do auditorio do Parque de Castrelos as 10:00 h. As inscipcións se fan en Ataquilla e os dorsais se entregan no centro comercial Gran Vía.

Animámosvos a que participedes nesta actividade solidaria, xunto cos vosos fillos. Un saúdo


E antes da marcha, un pouco de exercicio.

Preparándose para os 9 km.