ADMISIÓNS
CURSO 2024-2025
Fundación
VEDRUNA EDUCACIÓN
María Inmaculada
Carmelitas-Vigo
CALENDARIO
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN: DO 1 AO 20 DE MARZO.
PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE ADMISIÓN DO BAREMO: DO 21 DE MARZO AO 5 DE ABRIL.
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS: ANTES DO 25 DE ABRIL.
Reclamación: 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación das listaxes.
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNOS: ANTES DO 15 DE MAIO.
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:
20 AO 30 DE XUÑO EN INFANTIL E PRIMARIA
23 DE XUÑO AO 7 DE XULLO EN ESO.
INFORMACIÓN RELEVANTE
ORDE do 21 de outubro de 2022.
Artigo 5.
Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar. Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.
En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. As súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderá ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.
DOCUMENTOS
Formulario de solicitude: Dispoñible coa apertura do prazo de admisión
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
Pódese facer mediante presentación dun formulario físico cuberto ou ben de forma telemática na aplicación da Consellería de Educación.
Formulario físico (ED550B). Pode descargalo e cubrilo no ordenador, imprimilo e entregalo na Secretaría do centro ou recoller o impreso na secretaría e presentalo debidamente cuberto.
Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación: www.edu.xunta.es/admisionalumnado
Presentar documento que acredite a idade do alumno.
ZONAS EDUCATIVAS:
Nº 8 (INFANTIL E PRIMARIA): Comprende dende o límite da Vía Hispanidade e Baixada do Castaño ata a rúa A Paz, Peniche, López Mora e Travesas, seguida da Avda. de Castrelos e Corredoira de Valadares ata o límite con esta parroquia, e incluindo nesta zona a parroquia de Castrelos máis a barriada ou lugar de Carneiras-Matamá.
Nº 2 (EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA): Comprende a banda esquerda da rúa Coruña (subindo dende Beiramar) ata a praza de Eugenio Fadrique, collendo pola rúa Tomás A. Alonso (banda esquerda) ata López Mora (banda esquerda), rúa José Frau (esquerda) ata a praza da Independencia, subindo por Pintor Colmeiro (esquerda) ata o cruce coa rúa Salamanca (esquerda) e collendo por ésta ata o cruce coa Gran Vía e subindo por ésta (tódala marxe esquerda) ata chegar ó cruce coa rúa Urzáiz e baixando por ésta tódala marxe esquerda ata chegar a Montero Ríos (zona centro).
Servizos Complementarios que ofrece o Centro:
Os servizos complementarios son establecidos pola Entidade Titular con carácter voluntario e non lucrativo.
Acollida Matinal. Dirixido ás familias que comezan a súa xornada laboral ou por calquera outro motivo e teñan a necesidade de deixar aos seus fillos antes no colexio. Desde as 7:30 da mañá ata o comezo do horario lectivo serán atendidos por persoal especializado.
Comedor. Menús elaborados por nutricionista. Os alumnos de 3 anos poidan realizar unha sesta e recuperar forzas para a xornada da tarde. Os demais estarán en estudo controlado, xogos educativos ou en Actividades Extraescolares
Actividades extraescolares: artísticas e deportivas.
VACANTES PARA O CURSO 2024-2025:
Hai vacantes nos seguintes cursos:
4º Ed. Infantil: 34 prazas + 6 prazas NEAE. (2 grupos).
5º e 6º de Ed. Infantil;.
1º Primaria: 5 prazas + 6 prazas NEAE; 3º e 4º de Ed. Primaria; non hai prazas nos demáis cursos de Primaria.
1º, 2º, 3º e 4º de ESO.
Bacharelato: Hai vacantes en 1º e 2º de Bacharelato
Criterio complementario:
O Colexio Plurilingüe María Inmaculada de Vigo ven de establecer como "criterio complementario" para a baremación no proceso de solicitude de admisión, a circunstancia relevante e xustificada de ser fillo/a de antigo/a alumno/a do noso centro en primeiro lugar ou doutros centros de Carmelitas.
A valoración deste criterio é de 1 punto.
Este criterio complementario acreditarase cunha certificación da Secretaría do Centro na que se expoña que é antigo/a alumno/a do mesmo, co visto e prace da Dirección.
Dirección: Pi y Margall 58, 36202-Vigo
Tlf: 986229520
Web: www.hhcarmelitas.com
mail: secretaria.vigo@vedruna.es