ADMISIÓNS

CURSO 2021-2022

Fundación

VEDRUNA EDUCACIÓN

María Inmaculada

Carmelitas-Vigo

CALENDARIO

  1. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN: DO 1 AO 22 DE MARZO.

  2. PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DOS CRITERIOS DE ADMISIÓN DO BAREMO: DO 25 DE MARZO AO 9 DE ABRIL.

  3. PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS: ANTES DO 25 DE ABRIL. Reclamación: 5 días hábiles a partir do seguinte á publicación das listaxes.

  4. PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNOS: ANTES DO 15 DE MAIO.

  5. FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA:

    • 21 AO 30 DE XUÑO EN INFANTIL E PRIMARIA

    • 25 DE XUÑO AO 12 DE XULLO EN ESO. PRAZO EXTRAORDINARIO DO 1 AO 10 DE SETEMBRO..


  • Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro de primeira opción. A infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

  • O alumnado do centro que presente solicitude de admisión noutro centro deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

  • O alumnado con reserva de praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

DOCUMENTOS

Formulario de solicitude: Dispoñible coa apertura do prazo de admisión

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

Pódese facer mediante presentación dun formulario físico cuberto ou ben de forma telemática na aplicación da Consellería de Educación.

  • Formulario físico (ED550B). Pode descargalo e cubrilo no ordenador, imprimilo e entregalo na Secretaría do centro ou recoller o impreso na secretaría e presentalo debidamente cuberto.

  • Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365, presentalo en Sede Electrónica a través da aplicación: www.edu.xunta.es/admisionalumnado

  • Presentar documento que acredite a idade do alumno.

INSCRÍBETE. VEN A COÑECERNOS:

ZONAS EDUCATIVAS:

  • Nº 8 (INFANTIL E PRIMARIA): Comprende dende o límite da Vía Hispanidade e Baixada do Castaño ata a rúa A Paz, Peniche, López Mora e Travesas, seguida da Avda. de Castrelos e Corredoira de Valadares ata o límite con esta parroquia, e incluindo nesta zona a parroquia de Castrelos máis a barriada ou lugar de Carneiras-Matamá.

  • Nº 2 (EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA): Comprende a banda esquerda da rúa Coruña (subindo dende Beiramar) ata a praza de Eugenio Fadrique, collendo pola rúa Tomás A. Alonso (banda esquerda) ata López Mora (banda esquerda), rúa José Frau (esquerda) ata a praza da Independencia, subindo por Pintor Colmeiro (esquerda) ata o cruce coa rúa Salamanca (esquerda) e collendo por ésta ata o cruce coa Gran Vía e subindo por ésta (tódala marxe esquerda) ata chegar ó cruce coa rúa Urzáiz e baixando por ésta tódala marxe esquerda ata chegar a Montero Ríos (zona centro).

  • Mapa

Servizos Complementarios que ofrece o Centro:

  • Acollida Matinal. Dirixido ás familias que comezan a súa xornada laboral ou por calquera outro motivo e teñan a necesidade de deixar aos seus fillos antes no colexio. Desde as 7:30 da mañá ata o comezo do horario lectivo serán atendidos por persoal especializado.

  • Comedor. Menús elaborados por nutricionista. Os alumnos de 3 anos poidan realizar unha sesta e recuperar forzas para a xornada da tarde. Os demais estarán en estudo controlado, xogos educativos ou en Actividades Extraescolares

  • Actividades extraescolares. (Móstranse as habitualmente ofertadas polo centro. Poden ser modificadas según a situación da pandemia)

VACANTES PARA O CURSO 2021-2022:

  • 4º Ed. Infantil: 50. (2 grupos)

  • Hai vacantes nos seguintes cursos: 5º e 6º de Ed. Infantil; 1º, 2º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria; 1º, 2º, 3º e 4º de ESO

  • Bacharelato: Hai vacantes en 1º e 2º de Bacharelato

Criterio complementario:

O Colexio Plurilingüe María Inmaculada de Vigo ven de establecer como "criterio complementario" para a baremación no proceso de solicitude de admisión, a circunstancia relevante e xustificada de ser fillo/a de antigo/a alumno/a do noso centro en primeiro lugar ou doutros centros de Carmelitas.

A valoración deste criterio é de 1 punto.

Este criterio complementario acreditarase cunha certificación da Secretaría do Centro na que se expoña que é antigo/a alumno/a do mesmo, co visto e prace da Dirección.


Dirección: Pi y Margall 58, 36202-Vigo

Tlf: 986229520

Web: www.hhcarmelitas.com

mail: secretaria.vigo@vedruna.es