Diversidade vexetacional en Latinoamérica e Europa: avances para o seu estudo e conservación.

NOVIDADE !!!  PROGRAMA/SCHEDULE: (PDF)

Comité Organizador

Presidente de Honra: Jesús IZCO

Secretario de Organización: Javier AMIGO

Secretario de Asuntos Económicos: Joaquín GIMÉNEZ DE AZCÁRATE

Secretaria de Relacións Institucionais: Mª Inmaculada ROMERO

 

Comité Científico

Alfredo ASENSI (Málaga)

Marcelino DEL ARCO (La Laguna)

Sara DEL RÍO (León)

Tomás E. DÍAZ (Oviedo)

Rosario GAVILÁN (Madrid)

Javier LOIDI (Bilbao)

Gonzalo NAVARRO (La Paz)

Orlando RANGEL (Bogotá)

Salvador RIVAS-MARTÍNEZ (Madrid)

Daniel SÁNCHEZ-MATA (Madrid)

Alejandro VELÁZQUEZ (Morelia)




Descarga do cartel promocional para a súa difusión. Prema aquí

          

Presentación

Como xa fora anunciado nunha circular previa, as XXV Xornadas Internacionais de Fitosocioloxía – II Congreso da Sociedade Española de Xeobotánica, promovidos pola devandita Sociedade, vanse celebrar na cidade de Santiago de Compostela entre os días 12 ao 15 de xullo de 2016. O lugar preciso será a Facultade de Bioloxía, sita no Campus Vida (Campus Sur) da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Agora, ademais de fomentar a participación, envíanse as pautas a seguir para:

+  Rexistrarse: enchendo a Ficha de Inscrición (PDF).

+ Forma de pago e prazos: enchendo o Formulario de Pago (PDF).

+ Información sobre opcións de aloxamento en Santiago de Compostela e de cómo achegarse á cidade.


          

Custes de inscrición

As taxas dan dereito a toda a documentación do congreso (libro de resumos, guía da excursión), á excursión post-congreso (día venres 15 de xullo), e mailos cafés da mañán e da tarde que vanse ofrecer entre as diferentes sesións dos días 13 e 14 de xullo. Para a excursión, esixirase confirmación de asistencia no primeiro día das Xornadas, en canto se entregue a documentación.

            Na contorna da Facultade de Bioloxía, onde terán lugar as XXV Xornadas, hai varias opcións de comedores universitarios para solucionar o almorzo durante os dous días das sesións. As taxas de inscrición non inclúen os custes de mantención.

Taxas de inscrición:

CATEGORÍA

Abreviatura

Antes do 6 de Xuño

Despois do 6 de Xuño

Socios de SEG, ALFA ou FIP 

So

175 €

 225 €

Non socios

NS

 200 €

 250 €

Estudantes, bolseiros e
cidadáns latinoamericanos

Es – Be – La

 125 €

 175 €

Acompañadores

Ac

 100 €

 150 €

 

Aconséllase a formalización do pago o mais axiña posible e mais o envío do correspondente xustificante bancario relacionado co ingreso. Os detalles da conta corrente onde ten que facerse o pago son:

ENTIDADE FINANCEIRA: Banco de Santander

IBAN: ES40 0049 2584 9022 1400 2210

*SWIFT/BIC: BSCHESMMXXX

TITULAR DA CONTA: Universidade de Santiago de Compostela

*se o pago se realiza desde unha entidade de fóra de España, ademáis do IBAN hai que especificar o SWIFT/BIC

 

Tras o remate deste trámite é imprescindible enviar o formulario de pagamento (PDF) en formato dixital ao correo electrónico da secretaría das Xornadas [secretaria.jornadas.fitosoc@gmail.com], incluindo no Asunto/Concepto: “2015-RC066” e de seguido o(s) nome(s) da(s) persoa(s) asociada(s) a pagamento.

 

Xunto co xustificante, é necesario enviar cuberto o Arquivo de inscrición (PDF). É obrigado encher un formulario por persoa, para facilitar os trámites administrativos e para que o Comité poda enviar un xustificante de pagamento individualizado.

 

ATENCIÓN:

A Sociedade Española de Xeobotánica oferta 6 bolsas a estudantes de grao/licenciatura, máster ou doutoramento (cuxa acreditación solicitarase no seu momento) que inclue o pagamento das taxas de inscrición ao congreso. Os posibles interesados deberán enviar, nunha mensaxe de email á secretaría [secretaria.jornadas.fitosoc@gmail.com], a seguinte información: nome e apelidos, DNI e tipo de estudos superiores que están a realizar. O Comité organizador poderá solicitarlles máis información aos aspirantes en función do número de solicitudes.

 

          

Comunicacións

Admitiranse dous tipos de comunicacións: oral e póster. Para as dúas é preciso enviar un Resumo adaptándose as seguintes especificacións:

Normas para envío de resumos

 

O resumo constará dos seguintes apartados:

- Título: En Negrita. Tipo e tamaño da fonte: Arial 14

 

- Apelidos (con maiúsculas) e nome dos autores por orden de firma separados por comas. No caso de pertencer a diferentes organismos engadirase, tralos apelidos, numeración con superíndice que irá vinculado ao organismo ao que pertenza cada autor. O nome e apelido do autor principal, ou no seu caso, o autor que vai presenta-la ponencia, deberán ir subraiados. Os nomes dos autores deberán ir en Arial 12

(Exemplo: LINNEO Carlos1, COLMEIRO Miguel2 & BRAUN-BLANQUET Josias2)

 

- Organismo ao que pertence o autor, indicando o enderezo postal do mesmo. É recomendable engadir o correo electrónico do autor principal. Tamaño e tipo de fonte: Arial 10. Por exemplo:

 

1 Departamento de Botánica. Facultade de Farmacia. Campus Vida. Universidade de Santiago de Compostela.  E-15782 Santiago de Compostela. España (carolus.linneo@usc.es).

2 Departamento de Sinecología y Biogeografía. Facultad de Ciencias. Universidad Nacional Autónoma de México. Ciudad Universitaria. 04510 Coyoacán. Ciudad de México. México

 

Pódense  incluir ata 5 referencias bibliográficas, mais sempre sen exceder a lonxitude máxima do resumo, que será de 500 verbas. O texto do resumo debe ir redactado con tamaño de letra Arial 12.

 

Admitiránse resumos redactados en galego-portugués, castelán e inglés, e deberán presentarse e enviarse por email a secretaria.jornadas.fitosoc@gmail.com antes do 13 de Xuño do 2016.


Comunicación oral

Cada comunicación irá acompañada dunha presentación en Power Point e deberá expoñerse nun máximo de dez minutos.

  

Comunicación en Póster

As comunicacións en póster terán un tamaño máximo de 100 x 140 cm (recomendado 80 x 120 cm); suxírese aportar copias reducidas en papel para ofrecer aos posibles interesados. A cada comunicación en póster adxudicaráselle un número no programa definitivo coa finalidade de facilitar o sua colocación no correspondente panel.

Cada participante vai dispor de cinco minutos para expoñer o póster; esta exposición, segundo criterio da Organización, poderá realizarse diante do propio póster ou ben na aula contigua, a xeito de comunicación oral curta,  permitindo utilizar un máximo de tres diapositivas de Power Point.

NOTA: as contribucións ás Xornadas poderán ser remitidas para a sua publicación no volume correspondente das publicacións que xestiona a S.E.G., salientando a publicación open access Lazaroa e as restrinxidas de EDITAEFA


          

Datas chave

Data límite para pago reducido:   6 Xuño

Data límite para envío de resumos:   13 Xuño

  

          

Aloxamento

Como é sabido, Santiago de Compostela é unha cidade pequena pero moi marcada polo turismo en especial durante o mes de xullo, xa que o día 25 é o Dia do Apóstolo Santiago, dia festivo en toda España e festa maior en Compostela; esa data condiciona a disponibilidade hoteleira. Por tal motivo recomendase facer as reservas de aloxamento antes do mes de xullo, xa que a totalidade dos hoteis suben as tarefas a partires do mes de xuño.

A continuación amósanse algunhas opcións de aloxamento escollidas pola sua proximidade ao edifico de celebración das Xornadas, así como os presos aplicables a dia de hoxe. Algúns deles aplican taxas especiais a asistentes a eventos como o noso polo que recomendamos indícalo surante o proceso da reserva. Ademáis, poderán atopar outras posibilidades de aloxamento no seguinte enderezo http://www.santiagoturismo.com/aloxamentos-santiagoturismo. 

  

Hotel

Zona

Contacto

Prezo Hab. Indiv.
( feb 2016)

Prezo Hab. Doble
(feb 2016)

Gran Hotel Santiago ««««

Campus Sur

981 53 43 95 

eventos@granhotelsantiago.es

65€ - 75€

80€ - 90€

Herradura   «««

Alameda

981 55 23 40 

info@hotelherradura.es 

65€ - 75€

75€ - 85€

San Lorenzo   «««

Campus Sur

981 58 01 33 

info@hsanlorenzo.com

55€ - 65€

75€ - 85€

Gelmírez   «««

Centro Cidade

981 56 11 00 

reservas@hotelgelmirez.com

75€ - 85€

85€ - 95€

Lux   «««

Centro Cidade

981 55 49 86

recepcion@hotelluxsantiago.com

55€ - 65€

65€ - 75€

Nest Style   «««

Centro Cidade

981 56 34 44 

booking@neststylesantiago.com

55€ - 65€

75€ - 85€

El Centro PR  ««

Centro Cidade 981 58 84 65 
antonioruibal@gmail.com
20€ - 27€ 32€ - 42€

Blanco PR  ««

Centro Cidade

881 97 68 50  
prblanco@prblanco.com


35€  -

Hostal La Salle  «

Centro Cidade

981 58 56 67  
info@hostallasalle.com

35€ - 40€ 

55€ - 60€

Lembren que as Xornadas celebraránse na Facultade de Bioloxía da USC, sita no Campus Vida (antes Campus Sur), ao suroeste da cidade, preto da estrada de saída cara a Noia. Do centro da cidade leva uns 15 minutos camiñando.


Facultade de Bioloxia, USC

  

Para achegarse á cidade tamén hai opcions por ferrocarril, estrada ou avión*. Aconséllase estudar posibilidades a través da Web http://www.santiagoturismo.com/como-chegar

Máis información relacionada coa cidade, clima, servizos etc. pódese consultar en  http://www.santiagoturismo.com/info-xeral

* A compañía aérea IBERIA ofrece uns descontos do 10% aos participantes nas Xornadas que viaxen a Santiago de Compostela, siempre que as datas de entrada e saida da cidade estean comprendidas entre estas: 07/07/2016 e 20/07/2016. Este desconto non é acumulable con outras ofertas.

            Pra poder optar a este desconto primeiro hai que formalizar a inscripción nas Xornadas (incluindo o envío do formulario de pago no caso de non ser beneficiario de unha bolsa); despois contactar connosco [secretaria.jornadas.fitosoc@gmail.com] para que enviemos o CÓDIGO PROMOCIONAL que poderá ser utilizado na compra do billete.


          


Ċ
Herbario SANT,
2 mar. 2016 17:14
ĉ
Herbario SANT,
28 jun. 2016 8:16
Ċ
Herbario SANT,
28 jun. 2016 8:15