Inicio

VI XUNTANZA MOTEIRA

Comezamos un novo curso e seguimos a tradición de xuntarnos para disfrutar das saídas moteiras coa xente do cole e achegados. Ata o de agora as rutas as "organizabamos" dende o cole pero estamos máis que dispostos a aceptar axudas nesta labor.

 Se queredes propoñer algunha ruta so tedes de mandar un correo ou comentalo a Manu ou a min (Alberto Hermáns).

Inauguramos esta tempada cunha saía a terras lucense. 

Máis concretamento faremos unha visita a Casa do Queixo en  Grixalba, na cal pasaremos a mañá facendo un obradoiro facendo queixo. 

Resultado de imaxes para casa do queixo

Comeremos nas instalacións da Casa do Queixo e despois do café visitaremos o Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes.

Imaxe relacionada

Mosteiro de Sobrado dos Monxes

A saída será ás 10 da mañá da gasolineira Ortegal Oil de Fene co depósito listo para arrancar.

MÁIS INFORMACIÓN DA SAÍDA  AQUÍ!

Ruta en Google Maps







V XUNTANZA MOTEIRA

Xa tardaba!! O domingo 22 de Abril sairemos de novo coas motos. 

Desta volta faremos unha visita á Costa da Morte.

A primeira parada que faremos será unha breve visita ao Dolmen de Dombate para despois chegar ao Santuario da Virxe da Barca en Muxía. Despois de comer no Rincón da Baiuca, nos achegaremos ata a Fervenza do Ézaro.

A saída será ás 10 da mañá da gasolineira Ortegal Oil de Fene co depósito listo para arrancar.





COMEZAMOS O NOVO CURSO!

Comezamos un novo curso e volvemos a organizar rutas en moto!

Como primeira ruta moteira deste curso 2017-2018 poñemos dirección 

 a Taramundi para visitar o "Complexo Etnográfico de Os Teixois"

Resultado de imaxes para os teixois

Toda a información AQUÍ




III XUNTANZA MOTEIRA

"Día das Letras Galegas"

17 de maio do 2017




II XUNTANZA MOTEIRA 
Aquí está o vídeo desta segunda saída moteira do cole!

II Xuntanza Moteira: Ferrol-Viveiró.





I XUNTANZA MOTEIRA 

Xa temos as primeiras fotos e o vídeo da Xuntanza!
Foi unha xornada ben divertida e agradable. 
Xa estamos traballando na planificación da seguinte!