fai clic aquí para ir a mOendo.net



Benvid@s a miña páxina de Google Pages

mOendo do Revés é o meu último blog, un blog dende o que pretendo compartir as miñas inquedanzas, opinións, reflexións e a análise cotiá da actualidade política galega e o mundo que nos rodea. Quero facer tamén unha invitación ós lectores a pensar dun xeito diferente, incitando a que se atrevan a dirixilo seu pensamento contra o que sempre creron. pois é aquí onde radica, precisamente, a dificultade para comprender a realidade: por en dúbida o noso sentido común.

mOendo.nete o novo enderezo de mOendo do Revés no que estou xuntando post's antes publicados naquel blog aloxado na plataforma blogger, así como outros blogs comomOendo do Revés - vídeos (con música, documentais, algún debate, reivindicacións,...), xOsse (con anotacións dalgúns dos libros que leo), sei o que fixestes nas últimas municipais (sobre a actualidade política do meu Concello: Xunqueira de Ambía), Que dimitan todos!! (sobre actualidade política estatal) ou blog and roll (no que comparto coa blogosfera algúns dos trucos utilizados no deseño dos meus blogs, tanto en galego coma en castelán). Nun principio parecía unha boa idea crear sites distintos para contidos diferentes, pero agora dou conta da imposibilidade de mantelos todos ó día, de aí que os fusione todos nun.

Oprimeiro post de mOendo do Revés escribinno o 12 de xuño de 2006 na plataforma de blogger e nel explico un pouco de que ía ir todo isto. Pouco cambiaron as miñas intencións dende entón… A miña aventura blogueira comezara antes, o 09 de xuño de 2006, grazas a un concurso convocado por terra, concurso que finalmente gañei con blog world cup blog 06 (por certo, o premio ainda está pendente de cobro… xa lle vai sendo hora, xa). Gustóume iso de escribir o que se me ocorrese e deixalo vagar polo ciberespazo, é algo liberalizador

xOsse vai con doble 's' porque foi a primeira dirección de correo que tiven. Moito busquei ‘xose’ en diferentes  proveedores pero a resposta era “xose@…” non está dispoñible e logo ofrecíanme varias alternativas “xose76@…”, “xose2006@…”, “seox@…” etc.  Non me convenceron. Quería que soase tal como me chamo así que probei con “xosse@…” e a primeira. Escribo o nome con “O” maiúscula pra deixar claro cal é a vogal tónica (un til no ciberespacio causa moitos estragos).

O que máis me custa é definirme a min mesmo, pois teño un pouco de todo: son aberto, agnóstico, ambicioso, ambiguo, atrevido, autocrítico, blogueiro, bloqueiro, bo, caciquefóbico, capacitado, colectivista, crítico, deportista, dialogante, doante, ecoloxista, futboleiro, galego, humano, idealista, individualista, internauta, introvertido, irmandiño, karateca, lector, legal, mañoso, mnemónico, muiñeiro, nacionalista, observador, ocorrente, orgulloso, perspicaz, politólogo, [sobradamente] preparado, provocador, quebracabezas, reflexivo, responsable, rebelde, sinceiro, solidario, teimudo, tradicionalista, urbano, valente, vixiante, xeneroso, xoven, xurista, xusto...