Sitio web de Xosé Antón Vila

Esta páxina pretende unificar toda a información miña na web, tanto profesional, como política, como de lecer. Imos por partes.

Actividade profesional

Eu son profesor titular de Linguaxes e Sistemas Informáticos, na Escola Superior de Enxeñería Informática da Universidade de Vigo en Ourense. Podedes visitar a miña páxina web persoal "académica". Nesa páxina manteño información sobre a miña actividade docente e investigadora. Pertenzo a un grupo de investigazón que se chama LIA2 (Laboratorio de Informática Aplicada. Son tamén representante sindical, polo sindicato CIG na Xunta de PDI.

En canto á investigación adícome sobre todo a procesado de sinais biomédicas aínda que, xunto co resto de colegas do grupo MILE tocamos tamén o procesado de vídeo para detección automática de accións humanas.

Dende o ano 2012 son o director do CITI (Centro de investigación, transferencia e Innovación) da Universidade de Vigo. Este centro ofrece espazos para grupos de investigación, equipamento científico moi especializado e mais da apoio ao conxunto de investigadores do campus de Ourense.

Tamén dende maio de 2017 son o coordinador do Máster en Enxeñería Informática que se imparte na Escola Superior de Enxeñería Informática.

Miltancia política

Se me teño que definir políticamente diría simplemente que son nacionalista e de esquerdas, e por iso militei durante mais de 10 anos no BNG. Levo  10 anos de concelleiro en Taboadela. Tendo en conta que Taboadela está gobernada polo PP con maioría absoluta e co mesmo alcalde dende o ano 1972, xa vos podedes imaxinar a gran "democracia" que impera no concello. De todos os xeitos fago o que podo. No ano 2012 abandonei o BNG, o  mesmo que moita outra xente e axudei a formar un novo partido, "Compromiso por Galicia" apostando polo pragmatismo e a moderación. No ano 2016, disconforme coa opción de concurrir en solitario as eleccións galegas, abandonei esta formación e dende entón son simpatizante de En Marea.

Outras actividades

Tamén colaboro con varias asociación radicadas no meu pobo. Son a Asociación de veciños "A Rabeda" e a asociación de mulleres rurais "As Abelairas".
Dende o mes de outubro son tamén o presidente da ANPA do IES Universidade Laboral de Ourense, donde estudia a miña filla pequena.

Comments