Recursos‎ > ‎

Recursos de modalización e alteración da información

Recursos de modalización

O emisor dos actos comunicativos, aínda que non empregue a 1ª persoa nin expresións como “penso que...”, “a min paréceme...”, soe mostrar a súa actitude en relación co que está a comunicar, polo ton que emprega, pola escolla do léxico, etc. Iso é o que entendemos por modalización. No caso da prensa, alteran a información e condicionan o noso coñecemento da realidade.

1. Mecanismos extralingüísticos.

  • a elección duns contidos fronte a outros desbotados e ocultados
  • o lugar na páxina ou no tempo do radio/telexornal e a extensión da noticia
  • o apoio gráfico: imaxes suxestivas ou non, etc.

2. Mecanismos lingüísticos.

Os principais recursos lingüísticos para expresar a postura do emisor:

- Presenza de léxico valorativo (segundo o contexto)

  • substantivos como progreso, éxito, logro, fracaso, ridículo...

  • adxectivos como furibundo, estupendo, grandioso, magnífico, decepcionante, pésimo, cruel...

  • verbos como rebentar, impoñer, triunfar, someterse...

  • adverbios como lamentabelmente, evidentemente, felizmente...

  • expresións como romper con, abrazarse a, é imprescindíbel, é conveniente...

- Uso de substantivos, adxectivos ou verbos de significado bélico, con connotacións de agresividade: retagarda, implacábel, atacar...

- Perífrases modais: hai que + INF, deber + INF, etc.


Algúns recursos de manipulación:

- Uso deturpador dos conceptos ou aclaracións censuradoras, como se aprecia nesta noticia sobre a manifestación en defensa do idioma galego de outubro de 2009:


- Emprego de eufemismos para ocultar a realidade: flexibilidade laboral (en vez de despedimento de traballadores), redistribución dos ingresos (por empobrecemento dos traballadores), asentamentos (no canto de invasións colonizadoras), danos colaterais (matanza de civís nas guerras), etc.

Comments