Recursos‎ > ‎

Publicación na web

Estivemos recompilando materiais e redactando directamente nun espazo da rede, nun wiki que nos permitiu crear páxinas persoais e editar sen sequera ter que facer rexistro, posto que así se configurou para este proxecto.
Se os resultados son óptimos, quen administra o sitio publicará a produción final na páxina do xénero correspondente, polo que pasará a ser accesíbel desde o menú superior. Faille saber que remataches deixando unha mensaxe no foro da páxina principal.
Mais tamén faremos público o noso texto definitivo no blogue persoal, nunha nova anotación que leve por título o tipo de xénero que escribimos e a súa temática. Por exemplo: Reportaxe sobre o furtivismo na Arousa.
  • Copiaremos os contidos que temos no wiki,
  • axeitaremos o formato e a presentación
  • e poremos as categorías e etiquetas (tags) máis acaídas antes de publicar.

E non nos podemos esquecer de pasar despois pola sección O que podemos proxectar!

Comments