Recursos‎ > ‎

Escrita da noticia

Tanto para os feitos acontecidos no Centro como para os do contorno, crearemos, organizados segundo indique o/a profe, a nosa propia noticia.
Entre todas as feitas na aula, elixiremos logo unha cada un de nós.


Orientacións
para crear a noticia

Preparamos a información fundamental anotando estas cuestións:


Preguntas

Atención a

Datos

QUE

o feito acontecido


QUEN

o que protagoniza o feito


ONDE

o lugar no que pasou iso


CANDO

o momento/data do feito


COMO

a maneira en que pasou


POR QUE

a causa que provoca o feito


Antes de redactar, teremos en conta que:

  • O titular condensará a idea central; pode ser expresivo, para captar a atención. Velaquí unhas orientacións.
  • A entrada ou lead incluirá un adianto das cuestións básicas (QUE, QUEN...), constituíndo un resumo mínimo.
  • Á hora de presentar os feitos, haberá que ordenalos de acordo coa súa importancia: primeiro as seis cuestións básicas (quen, que, onde, cando, como e por que), logo os datos máis secundarios ou complementarios;
  • Cómpre redactar con claridade, cun léxico preciso, evitando as repeticións co uso de sinónimos ou termos equivalentes e construíndo oracións breves;
  • Non emitiremos xuízos de valor (opinión), evitando pois recorrer a recursos de modalización;
  • Podemos ver antes exemplos analizados, como En que medios confían máis os galegos?  e  O punto G é un mito.

Escribiremos a noticia seguindo o esquema seguinte (incluiremos todos os elementos).

Se queremos, antes podemos facer esta pequena práctica.


Unha vez escrita, revisámola e mellorámola atendendo estas cuestións:

  • Distínguense claramente as diferentes partes?

  • O titular e a entrada (lead) distínguense tipograficamente?

  • O titular é breve e recolle adecuadamente o que sucedeu?

  • A entrada (lead) inclúe resumidamente as cuestións básicas do acontecido?

  • Os datos máis importantes aparecen ao principio e os demais a continuación?

  • Incluíches unha imaxe e/ou un corondel que apoien a comprensión do sucedido?

  • A noticia é obxectiva, evitaches posicionarte e opinar?

  • Presentaches a información en distintos parágrafos cohesionados, conectados entre si?

  • Empregaches un léxico adecuado e oracións breves que permiten entender o que pasou?

  • Revisaches a corrección lingüística (puntuación, ortografía...)?

Se a nosa intención é crear un texto para radio ou televisión, teremos que gravar segundo os consellos xerais desta guía.
Comments