Recursos‎ > ‎

Guión de traballo do artigo

Antes de escribir

Un artigo é unha opinión individual pero fundamentada sobre un tema concreto. Un texto asinado no que o autor/a interpreta e valora uns feitos desde o seu punto de vista. Para preparalo, seguimos estes pasos:
 
- Centraremos o tema (debe ser importante para nós) a partir do asunto da noticia escollida e tamén a nosa postura ante el.
- Documentarémonos sobre o tema, buscando información en fontes variadas: biblioteca, prensa e internet.
- Faremos un listado de argumentos, de razóns para apoiar ou cuestionar o que é o obxecto do tema.
- É recomendábel conectar con frechas os distintos puntos, as nosas ideas, e ordenalos para ter máis ou menos claro como encaixalos á hora de redactar.
Comments