Recursos‎ > ‎

Borrador e revisión da reportaxe

A reportaxe profunda no como e no por que dos feitos da noticia, de aí a investigación que fixemos. Agora toca elaborala.


 Se pretendemos facer unha reportaxe radiofónica ou audiovisual, seguimos esta guía.

 Ao escribir

Para confeccionar o esquema e o borrador da reportaxe escrita:

  • Ordenamos a información e opinións recolleitas. Desbotamos o repetido e organizamos as ideas clave nun esquema con distintos apartados e posíbeis parágrafos.

  • Na apertura centraremos o tema e intentaremos que capte a atención. Iso podémolo facer cun resumo actualizado dos feitos, coa revelación de algo oculto na noticia, con algunha suposición intrigante, cunha anécdota que ilustre o tema...
  • No desenvolvemento do corpo recolleremos ordenadamente o contido e as interpretacións xurdidas na investigación.
  • Escollemos os fragmentos máis significativos das entidades ou persoas implicadas e introducímolos en distintos momentos empregando as aspas (“...”) e indicando quen o di. Por exemplo:

 

"...”, sinala / matiza / lembra / explica / indica / recomenda / expón / asegura o director.

Xesús afirma / sostén / revela / advirte / demanda / esixe / descóbrenos / aconsella que “...”



  • Se hai informacións contraditorias, deixamos claro quen defende cada postura e por que.

  • Incluímos valoracións propias con recursos de modalización.

  • Finalizaremos cun parágrafo de peche que conecte coa idea central: unha conclusión, unha proposta...
  • Situamos o material gráfico e poñemos algún pé de imaxe explicativo.

  • Redactamos seguindo este modelo e despois de ver este exemplo real:


 Despois de escribir

Para revisar a reportaxe:

- Atendiches o contexto no que se produciron os feitos, as consecuencias do que aconteceu ou distintas perspectivas sobre o que pasou?

- Incluíches valoracións propias sobre os feitos?

- Tomaches información de persoas participantes ou interesadas nos feitos?

- Axustaches e resaltaches tipograficamente o titular e a entrada (lead)?

- Recolliches na entrada (lead) as cuestións básicas (que, quen, onde, cando, como e por que) ou ben declaracións de persoas participantes nos feitos?

- Intentaches chamar a atención dos lectores no comezo do corpo da reportaxe?

- Combinaches información esencial (datos) e complementaria (descricións, declaracións), alternándoas para manter o interese?

- Creaches apartados con títulos ou ventás para resaltar diversos aspectos e facilitar a lectura?

- Achegaches abundante material gráfico, como varias imaxes?

- Botaches man dalgúns recursos expresivos?

- Empregaches un léxico axeitado e variado?

- O texto está ben enfiado, con conectores adecuados e oracións non longas, e ten unha expresión correcta?

Comments