Tarefa

Imos crear textos xornalísticos partindo de noticias actuais do noso interese. Para iso:

  • atenderemos novas tanto da prensa escrita (en papel e dixital) como da audiovisual

  • os feitos escollidos terán que ser verdadeiramente relevantes: desbotaremos os sucesos e preferiremos as reclamacións, denuncias ou actuacións de colectivos sociais (xuvenís, veciñais, ecoloxistas...) do noso contorno próximo

  • os textos que crearemos serán distintos da noticia -xéneros como a reportaxe, a entrevista ou o artigo de opinión-, escritos ou audiovisuais, en todo caso sempre cun guión previo

  • as producións planificaranse e traballaranse a partir de borradores e seguindo guías directamente na rede

  • farase previamente un achegamento comprensivo e analítico aos textos xornalísticos.

En esquema, seguiranse estes pasos.

Iremos recollendo as análises, ligazóns, materiais e creacións neste espazo colectivo, e dentro del nunha páxina persoal que abriremos e xestionaremos tal como se indica nas orientacións alí expostas.

Como mínimo, deberemos ter ao final as seguintes producións:

 1. -Se partimos de novas propias: a redacción da nosa noticia.
  -Se partimos  de novas da prensa: a url (enderezo web) da escollida.
 2. A análise da noticia escollida.
 3. O contraste a través da investigación.
 4. A esquematización dos xéneros xornalísticos.
 5. O guión de traballo do xénero elixido.
 6. O borrador do noso texto.
 7. A produción definitiva e a proposta de inclusión na portada da publicación colectiva.
Comments