Inicio


Estas xornadas formativas están dedicadas a amosar e avaliar as ferramentas lexicográficas dispoñibles, desde diferentes perspectivas e estadios: a experiencia de usuarios a niveis especializados, o abano de posibilidades nas consultas lexicográficas, o exemplo de empresas que ofertan servizos lingüísticos e as novas ferramentas de traballo para o lexicógrafo.

Os destinatarios son principalmente os alumnos universitarios dos últimos anos de grao, o persoal en formación (doutorandos e investigadores novos), así como o profesorado de ensino medio e superior, interesado en mellorar o seu coñecemento e uso dos dicionarios.

Coa finalidade de potenciar a transferencia de coñecementos e a divulgación de contidos lexicográficos, as xornadas desenvólvense en tres sedes do Sistema Universitario Galego: A Coruña, Pontevedra e Santiago de Compostela.