1) O RELEVO

1.- Unhas afirmacións para que as xustifiques:
No Piornedo podemos observar nas rochas a presencia de estruturas "ripples". Investiga qué son os ripples e como é posible que os atopemos no alto dunha montaña (recorda o que pasou no Paleozoico). Engade algunha imaxe aínda que non sexa exactamente de Piornedo.

O relevo galego ten unha disposición en teclas de piano. ¿Que significa isto? (recorda que as teclas do piano suben e baixan)

Nas illas Cíes podemos observar "cacholas" (nome científico, taffoni) e nalgúns ríos podemos atopar "marmitas de xigante"). ¿De que estamos falando?, ¿como se forman?. Pon imaxes

2.- Sitúa e explicas as dúas oroxenias que modelaron o relevo de Galicia

3.- Xustifica o modelado que aparece nestas imaxes

 
Dolina de Romeor (Courel)

Penedo da Torre da Moa (Laxe)

Rasa litoral na praia das Catedrais

Cova do rei Cintolo (Mondoñedo)

Lagoa da Serpe (A VEiga)


Pedregal de Irimia (Lugo)

Pregas en Traba

A Limia

4.- Traballando con Google Maps, imos sinalar
- serras (Capelada, Ancares, Courel, Xistral, Queixa, Xurés) e principais picos (Cabeza de Manzaneda, Pena Trevinca, Cuiña, Formigueiros)
- as rías
- as principais illas (Sisargas, San Simón, Cíes, Cortegada, Sálvora, Ons, Arousa, Tambo)
- as illas do noso entorno: Os Farallóns de San Cibrao; Insua de Area; Colleira e Gaveira en Vicedo; Os Aguillóns de Cariño.
- os cabos: Ortegal, Prior, Punta Lagosteira, Vilán, Estaca de Bares, Punta do Roncudo, San Adrián, Silleiro, Fisterra, Touriñán


Comments