7) HISTORIA‎ > ‎

3. Gallaecia

- Os feitos do Monte Medulio. Os escritos de Paulo Orosio e Floro, que xa vimos, son as dúas principais fontes nas que se relatan os feitos.
Así narra Orosio a finais do s. IV no súa Historiarum Adversus Paganos

No ano 726 da fundación de Roma, sendo cónsules o Emperador Augusto César por sexta vez e por segunda M. Agripa, entendendo César que se fixera pouco en Hispania perante douscentos anos, se consentía que os Cántabaros e As astures, dous poderosísimos pobos de Hispania, utilizaran das súas leis, abriu as portas de Janus (como símbolo de comezar unha guerra), e el en persoa púxose en marcha cun exército cara ás Hispanias.
Os Cántabros e os Astures son parte da provincia de Gallaeci, por onde unha prolongación da cordilleira do Perineo se extende lonxe do Océano cara ó Norte.
Estes non só estaban preparados a defenderen a propia liberdade, senón que tamén se atrevían a arrebatala dos viciños e asolaban ós Vacceos (...) con ataques permanentes.
Perante moito tempo fatigado en vano o exército romano e posto en perigo moitas veces, manda por fin que a armada se aproxime polo Océano, dende o golfo de Aquitania, sen sabelo os inimigos, e que se desembarquen as tropas.
Entón, finalmente os Cántabros pelexaron o máis grande combate ó pé das murallas de Atica (Bergidum-Cacabelos) e, vencidos, fuxiron ao monte Vindio moi protexido pola natureza, onde foron consumidos case ata o extremo pola fame do asedio. Logo, o castro de Aracilo (Aracillum, en Cantabria, pero de ubicación dubidosa) aínda que resistindo con gran forza e por moito tempo, ó fin foi tomado e destruído.
Ademais, as partes máis alexadas de Gallaecia, que sembradas de montes e bosques rematan no Océano, sometéronas os legados Antisio e Firnio con grandes e duras batallas.
Tamén cercaron con asedio o monte Medulio, que se ergue sobre o río Minio, no que se defendía unha gran cantidade de homes, rodeado por un foxo de quince mil pasos.
E así, cando aquela raza de homes por natureza feroces e crueis, entenden que non son quen de soportar o asedio nin afrontar a baatalla en pé de igualdade, lánzanse á morte voluntaria por medo á escravitude, Pois case todos se deron morte a porfía, valerosamente, polo lume, o ferro e o veleno.

Desde o s.XVIII, os historiadores galegos converten este episodio nunha Numancia ou nun Sagunto galaico, como exemplo da loita pola liberdade ata a morte, chegando a se converter nun elemento esencial no discurso político do nacionalismo galego. Di Murguía na súa Historia de Galicia
Se vio Galicia despojada de más de un triunfo, como sucede respecto a la guerra cantábrica, en la que tenemos que reivindicar para nuestro país la gloria que consiguieron sus hijos en el Medulio, probando que los que allí murieron, no eran ciertamente ni cántabros, ni asturianos, sino verdaderamente gallegos.
Viéndose reducidos al último extremo, recurrieron a aquella heroica acción, que habían llevado a efecto ya los saguntinos y los de Numancia y, reunidos en un banquete, se dieron muerte entre la ruidosa alegría de la fiesta. La buscaron unos entre las llamas de una hoguera, otros se traspasaron el corazón con los ya inútiles hierros, los demás bebieron veneno del tejo, tan conocido de la familia céltica, y así escaparon todos a la odiosa esclavitud, mil veces más aborrecible que la muerte. Esta triste y sangrienta escena, este terrible sacrificio, hecho por la libertad de la patria, que perdía en aquellos hombres sus últimos guerreros, hizo desde entonces célebre el nombre del monte en el que ocurrió y el del país en el que se llevó a cabo.


- A Torre de Hércucles

Narra Paulo Orosio na cita máis antiga, s. IV d.C., que menciona esta costrución
Un segundo ángulo de Hispania mira ó noroeste, onde está situada a cidade galega de Brigantia que levanta, como lugar de observatorio cara a Britania, un faro altísimo, obra digna de recordo entre poucas.

Certamente o lugar era estratéxico para guiar as emarcacións que navegaban cara ás Illas Británicas na procura de estaño, cobre e ferro.
Do Farum Brigantium coñecemos o nome do seu arquitecto, Gaio Servio Lupo, pois o seu nome aparece inscrito nunha rocha ó pé da torre, pero a datación no é tan exacta. Habitualmente dátase no s. II d.C., en tempos de Traxano, pero recentes escavacións apuntan á segunda metade do s I d.C., baixo os mandatos de Claudio ou de Domiciano.
Hoxe só é romano o interior, na Idade Media sufriu todo tipo de avatares, desde se converter en vivenda ou fortaleza, ata empregar a súa cantería para outras edificacións. Será no s. XVIII cando se inice a súa recuperación: construíuse unha escaleira interior, engadíronse dous pisos octogonais, abríronse fiestras, adosouse a banda diagonal ascendente que a percorre no exterior (en recordo da rampa orixinaria) e, tamén agora, acaba por tomar o nome de Torre de Hércules, en alusión á súa orixe mitolóxica.


 




Reconstruccións hipotéticas do faro romano
   

A mitoloxía conta que nesta terras vivía un xigante chamado Xerión que tiña aterrorizados a todos os habitantes. Hércules, fillo de Zeus, acude na súa axuda e, tras dunha dura loita de tres días, vence e mata a Xerión, cortalle a cabeza e sobre ela manda construír unha torre conmemorativa da victoria e  moi próxima da cidade. Ordena que se tome nota das persoas que veñan a poblala e, sendo unha muller de nome Cruña a primeira, ese será o nome que Hércules da á nova poboación.

- Santa Eulalia de Bóveda

As primeiras noticias do monumento datan de 1926, ano no que se fai público o achádego dunha estancia abovedada subterránea, con espléndidas pinturas murais, baixo do adro da igrexa parroquial de Santa Eulalia de Bóveda de Mera.
Trátase dun santuario tardorromano do s. III dedicado a Cibeles, o seu ritual incluía o sacrificio dun touro e o baño bautismal. Está rodeado dun corredor (¿onde vivían as aves?) ó que se accede desde o interior, en orixe tería dúas plantas.
De planta rectangular, cunha pequena piscina no centro e cuberta por bóveda de canón pintada en estuco con diversos tipos de aves (o vo das aves e o seu canto estaba asociado á adiviñacion)
O exterior presenta un pequeno nártex, tamén abovedado, con dúas columnas in antis, a porta con arco de ferradura rodeado dunha moldura con motivos vexetais e dúas fiestras adinteladas con triángulo de descarga.
Hai relevos de figuras danzantes na fachada e de aves zancudas semellantes a avestruces no adro.
 
 
 
 
 
 
 
 
 

As imaxes están obtidas da web santaeulaliadeboveda na que se fai un estudio da construción polo míudo.






- Coñecendo Lugo

Sintetiza a información obtida no visionado dos vídeos: 1, 2, 3

Sitúa nun plano actual as edificacións indicadas neste plano


- A túa vida como romano. Apoiándote na información dada e nos datos sobre a vida de cotío (nesta páxina), elabora un texto no que contes como sería a túa vida como romano ou romana que vive na Gallaecia

- Procura información sobre: Aquis Originis, Estabañón (¿tardorromana ou medieval?), a Via Nova ó seu paso pola Limia, Porta Miñá da muralla de Lugo

- Coído de Bares, ¿prerromano, romano ou medieval?. Busca xustificacións da atribución



Comments