As webquests

Unha webquest é un tipo de actividade didáctica que consiste nunha investigación guiada, con recursos principalmente procedentes de Internet, que promove a utilización de habilidades cognitivas superiores, o traballo cooperativo, a autonomía dos/as alumnos/as e inclúe unha avaliación.

As webquests adoitan ter a seguinte estrutura :
  • Introdución
  • Tarefa
  • Proceso
  • Recursos
  • Avaliación
  • Conclusión
  • Guía didáctica
  • Autores
Se queres profundizar máis e crear as túas propias webquest propoñémoste que visites a ligazón que está no marco da esquerda: "Como crear unha WebQuest" e que leas esta presentación e este Taller de WQ con Google Sites
 
Nas páxinas seguintes poderedes ver algunhas das webquests elaboradas no noso centro.