A Materia no Universo - Matter in the Universe

Xustificación

Esta proposta didáctica vai dirixida a alumnos de 1º de ESO. Desenvolverase simultaneamente nas clases de Ciencias da Natureza e de Matemáticas.
Os contidos forman parte do currículo de Educación Secundaria de Galicia das materias de Ciencias da Natureza e de Matemáticas. Os idiomas empregados serán o galego e o inglés.
A finalidade dos dous idiomas é que os alumnos comecen a utilizar a lingua estranxeira como instrumento para a aprendizaxe de contidos, ao tempo que, no propio proceso de aprendizaxe, melloren a súa competencia lingüística nos dous idiomas, como persegue a metodoloxía CLIL.

Nivel: 1º ESO

TEMPORALIZACIÓN:
Ainda que a temporalización é orientativa, e podería variar dependendo do grupo de alumnos, foi deseñada para ser desenvolvida en 5-6 sesións de Ciencias Naturais e 5 sesións de Matemáticas. Neste número de sesións inclúense tanto as empregadas para o traballo no aula como para as sesións nas que se utilice o EDI e os ordenadores.

Materias relacionadas:
Ciencias da Natureza, Matemáticas e Lingua Estranxeira.

MATERIAIS: EDI, LIM, vídeo, internet. 

Libro de texto utilizado: Ciencias da Natureza. 1º ESO. Primeiro trimestre. Aula 360º. TAMBRE EDELVIVES.
ISBN: 978-84-15165-03-3.

COMPETENCIAS BÁSICAS QUE SE TRABALLAN:
Competencia en comunicación lingüística, competencia matemática, competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico, tratamento da información e competencia dixital, competencia social e cidadá e competencia para aprender a aprender.

OBXECTIVOS (LINGÜÍSTICOS E NON LINGÜÍSTICOS):

Obxectivos da materia Ciencias da Natureza e Matemáticas:
• Comprender que é a materia e que todo o que existe ten materia.
• Coñecer e manexar as diferentes magnitudes da materia.
• Ser quen de empregar as unidades de medida e convertir unhas noutras.
• Ser quen de medir diferentes obxectos aplicando as medidas adecuadas.
• Ser quen de facer cálculos empregando as diferentes unidades de medida.
• Coñecer as propiedades xerais e específicas da materia.
• Coñecer os estados de agregación da materia e os cambios que acontecen no paso dun a outro.
• Coñecer que toda a materia está formada polas mismas unidades.
• Comprender o que son os átomos e as moléculas.
• Diferenciar entre os distintos tipos de substancias.
• Coñecer os elementos químicos que existen.
• Comprender que é unha mestura e os seus tipos.
• Coñecer os métodos de separación dos compoñentes dunha mestura.
• Valoración das achegas científicas ao coñecemento do Universo.
• Interese por recoñecer os compoñentes da materia.

Obxectivos na lingua estranxeira (Inglés):
• Coñecer o vocabulario básico: unidades de medida, estados de agregación da materia, cambios de estado, estrutura da materia, elementos químicos.
• Describir os estados de la materia e os seus cambios.
• Comparar os estados de la materia, elementos químicos.
• Dando instruccións, calcular medidas de diferentes corpos.

CONTIDOS (LINGÜÍSTICOS E NON LINGÜÍSTICOS):

Contidos de Matemáticas:

• Unidades de medida.
• Redondeo.
• Notación científica.
• Diámetros, tamaños e distancias.
• Escalas.
• Proporcións.
• Cálculo e ecuacións.

Contidos de Ciencias da Natureza:
• A materia.
• Magnitudes da materia.
• A medida.
• Propiedades da materia: Xerais (masa, volume) e específicas (densidade).
• Estados de agregación.
• Cambios de estado.
• Átomos e moléculas.
• Substancias puras e mesturas.
• Elementos químicos.
• Tipos de mesturas.
• Separación de mesturas.

Contidos na lingua estranxeira (Inglés):
• Vocabulario específico do tema.

EDUCACIÓN EN VALORES:
Os principais valores que se traballan nesta unidade son:
• A colaboración, tolerancia e cooperación nos traballos en grupo.
• A valoración do feito de que todo o que existe está composto polos mesmos elementos.
• A toma en conciencia do valor das achegas dos científicos no avance da sociedade humana.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES POR SESIÓNS:

Proposta de actividades por sesións en ciencias da natureza:
- Na primeira sesión vemos os contidos das primeiras páxinas (páxinas 14 a 19), do libro de texto, estudando nelas o concepto de materia e de medida, ademáis de traballar os conceptos de masa, volume e densidade, para así telos claros co fin de traballar o seu cálculo nas sesións de matemáticas. O profesor explica o contido do tema en inglés, que os alumnos poden ampliar na versión en galego que lles ofrece o libro de texto. Desta maneira comezamos o emprego do vocabulario específico do tema. Faremos actividades do libro LIM, páxinas 3 a 9.

- Na segunda sesión, o profesor explica as páxinas 20 e 21 do libro de texto, no que se desenvolven os conceptos dos estados de agregación da materia así como os cambios entre estos que teñen lugar nos corpos. Apoiamos a explicación coa visualización dos videos correspondentes as seguintes ligazóns, e que teñen como temática a que se cita:
States of matter:
Particles and states of matter (particles in motion):
Molecules in motion (song with subtitles):
Continuaremos ampliando o vocabulario e faremos as actividades das páxinas 14 a 23 do libro LIM.

- Na terceira sesión vemos os conceptos correspondentes ás páxinas 30 a 32 do libro de texto, desenvolvendo a clase en inglés, asegurándonos que os alumnos comprenden a explicación e aclarando o que sexa preciso en galego, utilizando o libro de texto como axuda. Continuaremos ampliando o vocabulario coas palabras solicitadas polos alumnos.
Para o desenvolvemento da explicación destos conceptos, empregaremos as ligazóns:
What are atoms?: (2’15’’).
Dr. Atom: (0’49’’).
Faremos as páxinas 24 a 32 do libro LIM, e se sobra tempo, algunha actividade de reforzo do libro de texto en galego.

- Na cuarta sesión veriamos a páxina 33 do libro de texto, no que se fala da tabla periódica dos elementos. A explicación completámola có visionado dun video na seguinte ligazón:
Periodic Table Song: (2’06’’).
Rematariamos o libro LIM.

- Na quinta sesión estudamos as páxinas 34 a 37 do libro de texto, nas que se traballa sobre as mesturas, os seus tipos e a separación dos seus compoñentes. Practicamente rematamos tamén o vocabulario de palabras descoñecidas en inglés.
Facemos un repaso xeral en inglés e lemos en galego un texto sobre Marie Curie (páxina 40 do libro de texto), dando folgos a o seu traballo científico e datos sobre a súa biografía, facendo fincapé nas súas achegas ao mundo da ciencia, a pesar das dificultades que tivo no seu tempo polo feito de ser muller. Invitamos aos alumnos que acadaron un nivel aceptable dos contidos, a ampliar a información sobre esta científica na rede.

- A sexta sesión facémola conxunta con matemáticas, facendo unha serie de actividades e xogos no EDI.

Proposta de actividades por sesións en matemáticas:

- Na primeria sesión revisamos o concepto de medida e repasamos as unidades das diferentes magnitudes. Faremos as actividades do libro LIM, páxinas 10 a 13.
Empregamos para esta parte a unidade 0 do libro de texto de ciencias naturais, que conta cunhas tablas con tódalas unidades a empregar, cós seus múltiplos e submúltiplos (páxinas 6 ata 8). Co fin de apoiar a explicación empregando o idioma inglés, facemos un visionado do video no seguinte enlace:
http://www.youtube.com/watch?v=5ImPYOeXnJQ (2’10’’), no que unha profesora explica a conversión de unidades de formas sinxela no idioma inglés.
Para o desenvolvemento desta parte das actividades os alumnos terán como apoio o seu libro de texto en galego (libro de texto de ciencias naturais) e o EDI para o visionado do video.
As actividades que se lles presentarán nesta parte serán exercicios sinxelos de paso de unidades. É importante que neste tema traian unha calculadora científica para aprender a manexala.
Empezamos tamén o vocabulario dos termos específicosdo tema en inglés. Faremos fincapé na necesidade de empregar unha notación adecuada para o manexo das diferentes cantidades, polo que visualizaremos un video no que, en lingua inglesa, faise unha explicación do emprego da notación científica; este video preséntase no seguinte enlace:
http://www.youtube.com/watch?v=yDejUvOOEAA&feature=related (2’39’’), tamén faremos unha explicación do mesmo apartado pola nosa parte.

- Na segunda sesión comezaremos repasando a notación científica, explicamos as operacións de multiplicar e dividir con números en notación científica. Faremos diferentes exercicios no encerado dixital, entre eles algúns da ligazón http://www.thatquiz.org/es/.

- Na terceira sesión comezaremos coa explicación do método de factores de conversión (páxina 16 do libro de texto de ciencias naturais). Invitamos aos alumnos a visitar a páxina: http://www.ilpi.com/msds/ref/distanceunits.html .

- Na cuarta sesión lembraremos a forma de calcular o volume dos corpos, así como a maneira de calcular a densidade con diferentes actividades. Tamén aprenderemos a facer o cálculo da concentración dunha disolución.

- Na quinta sesión faremos unha serie de xogos e actividades conxuntamente as dúas materias. Acláranse as dúbidas que teñan os alumnos en todo momento nas distintas sesións, xa sexan específicas da materia de matemáticas coma as relacionadas co vocabulario e expresións na lingua inglesa.

TAREFA FINAL
Como remate do bloque de A MATERIA, que comprende dous temas do libro de texto, faremos unha proba escrita sobre os contidos desenvolvidos.

ESTADAXE (SCAFFOLDING OU APOIO):
Desenvolveranse actividades de dificultade gradual, valorando o traballo e as capacidades de cada un dos alumnos. Os alumnos que mostren maior dificultade na resolución das actividades farán exercicios de repaso, mestres que os que acadaron un nivel aceptable desenvolven a actividade de ampliación adicada a Marie Curie.

RECURSOS/INTEGRACIÓN DAS TIC:
Como xa sinalamos anteriormente, utlizarase para o desenvolvemento do bloque o encerado dixital, no que faremos diferentes actividades do libro interactivo LIM, ademáis de visualizar os vídeos e actividades extraídas da internet.

INSTRUMENTOS E CRITERIOS DE AVALIACIÓN:
Criterios de avaliación:
Os alumnos deben de:
- Coñecer a evolución do pensamento da humanidade respecto ao Universo que nos rodea.
- Coñecer os compoñentes da materia.
- Establecer comparacións e diferenzas entre as magnitudes e as súas medidas, entre os átomos e moléculas, entre os estados de agregación da materia, e expresalas en inglés e galego.
- Utilizar con soltura a notación científica e a conversión de unidades.
- Mostrar unha capacidade e disposición para resolver interrogantes e problemas usando estratexias de busca, selección e tratamento da información, mantendo unha actitude crítica ante as fontes de información.
- Participar activamente no traballo de clase.
- Escoitar e comprender os contidos da área da unidade en inglés e ser capaces de expresar oralmente e por escrito os conceptos máis sinxelos.
- Escribir e ler de xeito comprensivo textos sinxelos sobre o tema da unidade, extraendo información xeral e específica.
- Valorar a lingua estranxeira como medio de comunicación e entendemento e como ferramenta de aprendizaxe de distintos contidos.

Instrumentos de avaliación:
Utilízanse os instrumentos seguintes:
- A observación sistemática da actitude de todos e cada un dos alumnos tanto nas actividades da clase como da súa atención, interese e escoita activa da explicación do profesor.
- Valórase a corrección do traballo dos alumnos así como a súa participación e interese tanto no aspecto lingüístico (esforzo por entender e expresarse en inglés) como no que respecta á aprendizaxe dos contidos propios das materias da unidade.
- Finalmente, realízase unha proba escrita de avaliación dos contidos da unidade. Ademáis dos contidos específicos das materias, respecto ao inglés, pediráselle correción escrita. 
- En ciencias da natureza pídeselles aos alumnos que traten de expresar en inglés o que lles resulte máis fácil, aínda que permitíndolles que respondan en galego cando, en inglés, non sexan capaces de facelo cunha mínima confianza e soltura.


Comments