Emprende

O Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende, constitúese como o marco de fomento do espírito emprendedor no sistema educativo de Galicia, e establece a estratexia de fomento da cultura emprendedora que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria lle transmitirá á comunidade educativa. Para isto, contará coa colaboración e o apoio da Consellería de Economía e Industria, a través do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (CEEI de Galicia, SA -Bic Galicia-).
 
O obxectivo global deste plan é lograr un avance sensible na cultura do emprendemento no noso alumnado e propor instrumentos que permitan coñecer os logros alcanzados.

 
Dentro dos Programas Eduemprende atopamos FP Emprende:

Que é?

FP Emprende ten como obxectivo facilitar ao alumnado galego espazos e asesoramento axeitados para a posta en marcha dun negocio ou de proxectos empresariais viables, en centros educativos que conforman a Rede galega de viveiros de empresa en centros educativos.


Fonte: http://www.edu.xunta.es/fp/plan-eduemprende