Inicio

Ramón Villares Paz naceu en 1951. É catedrático de História Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela desde 1987 e Presidente do  Consello da Cultura Galega desde 2006.

Foi decano da Facultade de Xeografía e Historia no período 1986-1990, rector da Universidade de Santiago de Compostela entre 1990 e 1994 e membro fundador e presidente da Asociación española de Historia Contemporánea (1996-2002).
Foi director en Galicia da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (1997-2005) e, desde 2006, é membro numerario da Real Academia Galega. Tamén pertence a varios patronatos de centros e fundacións (Museo do Pobo Galego, Fundación Juana de Vega, Fundación Luis Seoane ou Centro Galego de Arte Contemporánea, entre outros).