Rosa Carrera Carballo

Foto equipo PP MAceda 2007
Rosa, a terceira contando en fila dende a esquerda,
presentación da candidatura do PP de Maceda (foto macedavirtual)

Quen foi esta persoa en relación coa UPD?

Rosa Carrera chegou logo de porse en marcha este proxecto para encargarse, non do mesmo, senón da política de persoal de ASPANAS e, como non do persoal da UPD. Máis excedeu estas función. Por exemplo, tarefas que correspondían a UPD, como informar, seleccionar, entrevistar, contratar a persoas que formaban parte dos obradoiros, foron usurpadas por ASPANAS e en concreto por ela. Cumpre dicir que ningún traballador de ningún obradoiro conseguiu emprego grazas a ASPANAS. Recollíanse os seus curriculos, supoño, para tiralos ao lixo. "Xogaban coas persoas" segundo me afirma alguén próximo a ela. Cando se produciron baixas na UPD escollía ela as persoas que quería a dedo, manipulando as preseleccións. Foi así como cheguei a ASPANAS, cunha preselección feita a medida de María Jesús Feijóo Fernández, candidata imposta por unha funcionaria da Consellería de Traballo e Benestar e que, finalmente, non se presentou a entrevista por presións de Rosa.

Como chega Rosa Carrera a ASPANAS?

A súa carreira profesional, ao contrario que a de Nuria Bueno, estivo sempre ligada a organismos vencellados co Partido Popular (UPD da Deputación de Ourense ou en Fundacións, Asociacións, etc. ligadas ao PP).


Comments