Juan José Rodríguez Fernández

Foto equipo UPD Integrou 2008
Juanjo, primeiro pola esquerda, acompañado de Alberto N. Feijóo, 
Maruxa Román e Beatriz Mato, na Residencia Amencer de A Peroxa 

Juanjo ocupa ate 8 cargos dentro do "holding ASPANAS". No inicio da UPD era el quen participaba nas entrevistas da UPD IntegrOU coa Consellería de Traballo, entón gobernada polo PSOE. Nisto, ASPANAS, hai que dicilo, sempre foi moi hábil: onde goberna o PP manda xente da súa organización (Rosa Carrera, Olalla Jorge, ...) para negociar calquera asunto, onde mandan o PSOE, mandan a socialistas (Juanjo) e onde o BNG pois a nacionalistas (Lourdes Paz, a irma de Tareixa). Saben ter a todos contentes e viceversa. Quizais ese sexa o maior logo de Juanjo. Ser capaz de caciquear con todas as organizacións políticas. Baltar ao seu lado é un aprendiz.

Como máximo dirixente de ASPANAS é tamén o máximo responsable do fracaso da UPD, un proxecto que pasou pola cidade de Ourense, cunha inversión millonaria, sen pena nin gloria. Un proxecto, por certo, descoñecido pola propia comunidade de persoas discapacitadas, da que xamais se recibiu unha consulta.


Č
ą
ď
upede blog,
3/6/2010 8:34
Comments