1. Introdución

Os Barbanzóns é unha banda deseñada creada no ano 2003 polo debuxante vigués Pepe Carreiro. Os cómics están ambientados no Castro de Baroña durante a Idade de Ferro e narran as aventuras deste clan. 

A Idade de Ferro é unha das etapas da  prehistoria. 
A Prehistoria comeza coa aparición do home na terra  e remata coa invención da escritura.

Pero... Como vivían os homes e mulleres daquela época? Hai uns 2 millóns de anos a actividade humana case non afectaba ao medio, dada a escasa poboación, a súa acción  limitábase á pesca, á caza e á recolección, pola contra, hoxe en día a sobreexplotación dos recursos, o aumento de residuos... provocan a contaminación da terra, da auga e do aire;  desaparición de animais e plantas; problemas de saúde... A lista é interminable

Que medidas deberiamos tomar para mellorar  contorno, sen supoñer unha volta á epoca dos Barbanzóns?

Dirixido aos alumn@s de 4º curso de EP.
Temporalización: 2 horas semanais nos meses de xaneiro e febreiro.