Página principal

              Umbrela 13.





 

Umbrela 13.

Revista do IES Illa de Ons. Bueu. Galiza. Maio de 2009.

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística.

 

1. A manifestación. O ENDL manifesta a súa satisfacción porque a lingua galega teña mobilizado a unhas 25.000 persoas no pasado 17 de maio, que exixiron que non se retrocedese no fomento e a protección da lingua galega nas leis autonómicas, de acordo cos tratados internacionais asinados por España co Consello de Europa o e outros organismos.

2.As actividades do IES Illa de Ons. Neste Centro existe unha grande oferta de actividades que proveñen da iniciativa e da vontade de profesoras e profesores dos diferentes departamentos. Neste número publicamos reportaxes sobre actividades do Departamento de Educación Física: sobre a semana na neve en León, que por diversos problemas non puido publicarse no número anterior; xornada de escalada en Donón, practicando diversas técnicas, incluíndo unha visita ao monte do Facho e as excavacións arqueolóxicas. O Departamento de Tecnoloxía organizou unha visita á factoría de Citroën en Vigo, e a reportaxe por diversos motivos non puido publicarse antes. ENDL: Anxo Fariña visitounos por fin, despois de que tivésemos que adiar a súa charla por diversos motivos, e incluímos unha colaboración que nolo conta; por último inclúese tamén un resumo dos diversos obradoiros e da participación no certame de Regueifas en Pontevedra.

3.O Teléfono Móbil: Concurso de contos co tema do teléfono móbil, para o que o ENDL estableceu dous premios por aula, até un total de dezaoito premios. Publicamos cinco orixinais seleccionados, e os nomes das persoas que obtiveron un premio. As persoas premiadas no concurso foron:

1ºA: Irene Santos Menduíña e Aida Queimaño Soage.

1ºB: Lara Rodríguez Gallego e Aida Carballo Fazanes.

2ºA: Miriam Ferradás e Sergio Torres Ferradás.

2ºB: Nadir Simes Méndez e Elsa Duarte Simoes.

2ºC: Patricia Comedeiro Alfaya e Andrés Moares Entenza.

3ºA: Ángel Estévez Pastoriza.

3ºB: Jonatan Lobeira Patiño.

4ºA: Elena Marínez Graña e Rebeca Agulla Peixoto.

4ªB: Laura Fernández Martínez e Sara Garrido López.

4.Internet. Podes encontrar os números atrasados de Umbrela visitando o blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística ou ben o da Biblioteca do IES Illa de Ons. Para chegar a esta revista encóntrase unha ligazón na parte dereita que leva directamente a unha Googlepage onde podes ler Umbrela 13.

Os enderezos de referencia son:

IES Illa de Ons: centros.edu.xunta.es/iesilladeons/

Biblioteca: bibliotecailladeons.blogspot.com

Equipo de Normalización de D. Lingüística: endl-illadeons.blogspot.com

Antón creou ademais este ano un novo blog dedicado á creatividade de alumnas e alumnos, ao que se pode acceder con moita facilidade para incluír as colaboracións: onsailladotesouro.blogspot.com.

Todos os enderezos electrónicos están conectados entre eles con ligazóns.

 

eNDL.Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Illa de Ons.


“O idioma que nos une”

25.000 persoas na maior manifestación pola lingua da historia de Galicia.

Adaptado do publicado en Vieiros (www.vieiros.com)

 


 


Na manifestación do17 de maio en Santiago de Compostela participaron máis de cincuenta mil persoas, segundo o responsábel da Mesa (www.amesanl.org), e máis de vinte mil segundo a policía.

Xente, moita xente, tanta que as peaxes da AP9 sufriron retencións de máis dun quilómetro na entrada de Santiago, e tanta que cando a manifestación estaba chegando á Praza da Quintana, aínda había moita xente que non saíra da Alameda. Nenos, moitos nenos, que abrían a marcha e que foron os grandes protagonistas até que comezaron os discursos.

Vinte e cinco mil persoas que nun día de chuvia viaxaron de todos os puntos de Galicia para manifestarse a favor da lingua galega, non para defender postos de traballo ou por motivos económicos: a favor da lingua que nos une como galegos e galegas.

Na Praza da Quintana leuse o Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego (www.amesanl.org/campanhas), asinado en Internet por milleiros de persoas. O manifesto tivo que ser lido dúas veces, porque a praza encheuse de xente dúas veces.



A chamada misteriosa.

Elena Mtnez. Graña 4ºA

 

Todo sucedeu un 28 de xaneiro de 1986, nunha fría tarde de domingo. Eu dispoñíame a pasala coas miñas amigas, celebrando o meu aniversario.

Cando me atopada no cuarto, cambiándome de roupa, soou o meu móbil. Descolguei apresuradamente pensando que a voz que escoitaría sería a de Sheila. Pero equivoqueime. Comecei  a oír un ruído estraño, seguido dunha voz non moi clara.

Parecía falar nun idioma estranxeiro, que eu descoñecía. E, por moito que intentaba cortar a conversa, aquela voz non cesaba.

Despois dun tempo escoitando atentamente, comecei a recoñecer algunhas das palabras. Tratábase de inglés, pero non do que eu acostumaba oír, senón de inglés americano.

Ao fondo tamén alcanzaba a escoitar outras voces. Todos semellaban nerviosos. Unha sensación de que algo importante sucedería percorreume o corpo.

Atopábame tan absorta na conversa que me sobresaltei cando oín o timbre. Abrín. Ao outro lado da porta, Sheila e Belén agardaban por min. O reloxo marcaba as 17.30.

Regresei ao meu cuarto a buscar o bolso e decateime de que o móbil seguía acendido. Volvín levalo á orella e escoitei algo que me resultou familiar : unha conta atrás. “-Ten, nine, eight, seven, six, five, four, three, two, one, zero...”

Aquelas voces calaron por un momento.

 

 

 

 

 De súpeto, numerosos gritos de terror inquedáronme.

Uns segundos máis tarde, o meu móbil apagouse por causa da batería baixa.

Sentei na cama incapaz de entender o que acababa de suceder.

Decateime de que as miñas amigas seguían na porta, agardando. Marchámonos.

Pasamos unha tarde moi divertida, aínda que eu non puiden deixar de cavilar sobre aquela estraña chamada.

Cando cheguei á casa, todos se atopaban mirando o telexornal. Eu dirixinme cara ó meu cuarto para deixar as cousas. Para a miña sorpresa, as voces que chegaban da cociña coincidían coas que oíra a través do meu móbil unhas horas antes. Corrín cara alí.

Na televisión retransmitían unha imaxe: o transbordador espacial Challenger, despegando do Cabo Cañaveral e desintegrándose un minuto despois, acabando coa vida dos seus sete tripulantes.

 

 

Chamábase Sandy

Rebeca Agulla Peixoto 4ºA

 

Chamábase Sandy pero eu aínda non o sabía cando chamou ao meu timbre aquela noite. Era unha nena duns catro anos e tiña o cabelo louro e mollado, así como o longo vestido verde que levaba.

Tras falar con ela uns minutos, saquei a conclusión de que vivía non moi lonxe da miña rúa e que estaba algo desconcertada. Crin que viña dunha praia ou dun lugar no que chovía, xa que estaba enchoupada, fría e non deixaba de tremer. Non o dubidei e marchei con ela  na procura da súa casa: unha casa branca e grande cunha porta vermella. Ela ía guiándome.

Pasados uns minutos atopamos a devandita casa e resultou ser a única que tiña luz en toda a veciñanza. Era de esperar, pois eran preto das catro da mañá e un farol que estaba a trinta metros de alí era a única fonte de iluminación xunto coa casa no que alcanzaba a miña vista. A nai da rapaza parecía estar moi preocupada pola súa filla, que posiblemente fose sonámbula; mentres que o can da familia parecía estar alporizado, augurando algunha catástrofe.

Conforme nos fomos achegando, parecía que algo ía mal. As malas vibracións roldaban arredor da casa da nena e a súa nai ficaba alí, sentada no bordo dunha gran piscina. Ía achegarme a falar con ela para devolver a nena ao seu fogar, cando non atopei á rapaza. Desaparecera  en cuestión de segundos. Volvín nos meus pasos buscándoa polos xardíns da rúa, pero non daba con ela. Xa preocupado, dirixinme de volta á casa, e nun intento de confirmar que aquela muller era súa nai, pregunteille pola nena. A muller era moi nova e estaba fora de si. Soamente atopou forzas para berrar : ...   Sandy  ...e romper o frío silencio da noite. Logo dirixiu a súa ollada para un corpo que sostiña con forza e agarimo. Aquel corpo fráxil, mollado e sen vida resultou ser a nena que chamara á miña porta media hora antes. Descolocado, corrín e corrín sen querer comprender nada do que acababa de acontecer, intentando distraerme e pensar noutras cousas.

Case o conseguira cando cheguei á miña casa. Alí estaba a nena. Chamaba de novo ao meu timbre. Dixo: - Perdinme - e eu non souben reaccionar.

Agora xa sabía que se chamaba Sandy.


El, a noite.

Agustín Gallego Piñeiro 4ºA




Contan os vellos, da zona onde naceu miña nai, que pola noite o demo sae a pasear e ás veces é cazado facendo tarefas humanas. Unha desas veces foi visto pola miña bisavoa e unha veciña.

 

Era unha noite de inverno. O vento movía os carballos e os piñeiros, e o son dos mouchos disipábase na escuridade. Pepa (minha bisavoa) e unha veciña camiñaban por unha senda, no medio do monte, de camiño ao muíño da Golbada.  Na travesía escoitaron un ruído forte, como se estivesen derramando árbores, alertounas. Un home, no alto dun carballo estaba cortando pólas e deixábaas caer ao chan, provocando semellante estrondo. Isto resultoulle raro xa que a noite non permitía ver máis alá de dous metros, e o máis estraño era aínda que estivese derramando árbores na noite pecha.

 

Elas continuaron o seu camiño cara ao muíño cos sacos de millo para moer ao lombo. Non detiveron o paso ata escoitaren o murmurio do río e o son das pedras xirando e moendo os grans. Alí descansaron e moeron a fariña que precisaban para o mes seguinte. 

 

Cando acabaron de moer os grans, marcharon polo mesmo lugar por onde se encamiñaran anteriormente. No lugar onde viran o estraño feito, todo estaba intacto: As árbores estaban enteiras, non había pólas no chan e tampouco había rastro do home que viran antes. Só quedaba unha cousa: O medo que as invadía e as fixo marchar deixando no camiño as sacas de fariña que moeran no muíño.





Luís “O Caruncho”, Mauro, Luis, Pedro, Agustín, Josuha, Ierene, Estrella, Pinto de Herbón.

Búscanse Regueifeiros

Luis Martínez Gallego 3ºA


1.      O pasado día 18 de marzo, viñeron ao noso instituto Luis Caruncho e Pinto d'Herbón, que intentaron meternos no corpo un pouco de improvisación, outro chisco de rima galega e o ritmo. Xa estiveran no noso instituto o pasado 26 de novembro, pero esta vez foi para escoller dez rapaces e rapazas de entre os  vinte e cinco que pasaran a primeira proba. Estes dez clasificados irían a un certame a Pontevedra o 17 de abril.


2.      Nestre obradoiro ensinaron como facer as regueifas a partir da primeira frase, dunha rima, dunhas poucas palabras, ou mesmo da última frase. O que máis contaba era a creatividade e a rapidez coa que se improvisaba.

 


3.      As regueifas, como di Luis Caruncho, son moito máis difíciles que o rap ou o hip-hop debido a que os versos teñen unha medida axeitada e teñen que rimar o segundo co último.

A dificultade para nós nas regueifas tamén é que temos un galego moi limitado, debido a que normalmente só o utilizamos na escola.


Luís “O Caruncho”, coa zanfona, e Pinto de Herbón.

4.      A seguinte parada nestre obradoiro, como dixen, foi no Pazo da Cultura, en Pontevedra, o pasado 17 de abril, onde fomos os dez clasificados a un certame no que participamos cento sesenta rapaces e rapazas.

 

5.      Improvisamos as nosas regueifas perante o xurado en grupos de dez participantes. O xurado puntuaba a improvsación, e tamén a interpretación, pero como aos alumnos do IES Illa de Ons non nos dixeran nada do aspecto interpretativo, nós o único que fixemos foi recitar as nosas regueifas e improvisar as que nos indicaron.

6.      Ao rematar o certame (despois doutra quenda finalista onde improvisaron os mellores das anteriores) regaláronnos un pequeno detalle e déronnos a probar a regueifa, que por certo, sabía moi ben (chámaselle “Regueira” a un tipo de pan que se repartía tradicionalmente nas vodas).


Actuación no Pazo da Cultura de Pontevedra.

7.      Eu creo que Luis e máis Pinto ensináronos algo que está moi ben saber, xa que así temos unha forma de aprender vocabulario e de saber manexar mellor o galego.


 Actuación no Pazo da Cultura de Pontevedra.




A historia do meu bisavó.

Tamara García Piñeiro 4ºB

O meu bisavó chamábase Marcial Piñeiro, naceu o 20 de Agosto de 1888.Foi á escola dende os 6 anos ata os 12.Cando rematou a escola dedicouse á gandaría e á agricultura cos seus pais.

Aos 16 anos coñeceu a Isolina (aínda que a coñecía dende máis pequenos, porque eran veciños). Namoráronse indo coas vacas ao monte. Marcial cada día regaláballe unha flor a Isolina e así pasaban os días ata a chegada do seu casamento, o 30 de Setembro de 1922. Marcial con 34 anos tiña ben claro que quería compartir a súa vida con ela, e Isolina, con 28 anos, tamén quería pasar a súa vida con el.

Ao ano seguinte da voda, o 31 de Maio de 1923, naceu Ceferino, o meu avó, e ao ano seguinte, o 4 de Setembro de 1924, naceu Rosario, a miña tía.

Todo transcorría moi ben, contaban con suficientes cartos para manteren os fillos, e a produción da gandaría e a agricultura marchaba ben. Neses anos Marcial foi concelleiro e pertencía ao Partido Socialista.

En 1936, posto que Galicia quedou dentro do bando de Franco, que iniciara a Guerra Civil, foi detido xunto con outros máis no cárcere do Concello de Bueu. O día que o detiveron el viña da leira co carro das vacas. Esperouno na metade do camiño a parella da Garda Civil. Dixéronlle que tiña que acompañalos.El respondeu que ía levar o carro á casa,que esperaran alí que xa volvía.Foi á casa,despediuse da familia e marchou con eles.

Xa detido, co paso do tempo, el miraba que todos os que estaban alí con el marchaban e non volvían. Con 12 e 13 anos os fillos levábanlle de comer ao pai. Pola noite ía Isolina, e o seu marido contáballe o que sucedera cos seus compañeiros e que o próximo sería el. Entón a miña bisavóa foi falar cos responsables do cárcere e preguntoulles cal era a cantidade de diñeiro que debería pagar para que el saíra libre, e dixéronlle que ela non ía ter cartos para pagarlles. Ela respondeu que os xuntaría,pero como non se fiaba deles foi a xunto o cura, contoulle o que pasaba e este foi falar con eles para que esperara a que xuntara os cartos.Cando os deu xuntado levoullos, pagou, e soltárono.

El, na casa, dicía que tivera sorte pero que outros non a tiveran porque os mataban ou os mandaban para a cárcere de San Simón,  a campos de concentración...

***Con esta historia quero recuperar a memoria do meu bisavó, que foi detido e permaneceu no cárcere aínda que a propaganda da Ditadura o tratou como un delincuente e un criminal, el non matou a ninguén  nin fixo nada malo, só era un home honrado e traballador que defendeu, como outros tantos as súas ideas e os seus intereses e dereitos, por ese motivo e por ser tan valente, síntome realmente orgullosa del***



Adeus outra vez

Estrella Pérez Porto 3ºB

 

Quen me vai salvar

non vale  o arrepentimento

o dano xa esta feito.

 

Se o tempo dera  atrás…

poder pensar ben

antes deste erro tan grande.

 

Sabes unha cousa?

Estou contenta.

Seguín o meu corazón.

Toda esa ledicia

non compensa o que

estou pasando.

 

Fágome a dura,

levantome do Ninguén

sabe nada.

O tempo pasa.

Non es ninguén

tampouco para min.

Nun anaquiño de tempo

a soidade.

Penso en ti.

Bágoas cobren os meus ollos

o meu corazón encóllese

choro

chámote

recordote . Pecho os ollos

busco escuridade

esquezo por uns intres.

 

Fálolle ao meu corazón,

explícolle

ti e eu non existe,

non vai latexar con  intensidade

o verte,

sentirte,

terte preto

que quedou só

ferido.

 

Houbo lume,

quedaron cinsas?

Levounas o vento

mollounas o mar

enterrounas a dor.

Feridas abertas

o tempo cúraias?.O

meu único pecado:

Amarte.

 

 

 

Quero esquecerte.

Tamara García Piñeiro 4ºB

 

Quero esquecerte:

non podo.

Quero escapar:

os teus ollos perséguenme.

Quero odiarte:

o meu corazón late por ti.

Quero borrarte:

estás no meu pensamento.

 

Non podo arrincarte:

ou tal vez si?

Din,

ollos verdes,

son traidores.

Hoxe comigo,

mañá con outra.

 

Afastarme de ti,

será o mellor.

Maldita traizón.


A chamada mortal.

      Nadir Simes Méndez. 

 

Era unha tarde do mes de marzo e eu ía camiñando por unha vella rúa. Os edificios estaban desgastados polo paso do tempo e a maioría estaban abandonados.

Cando case estaba chegando á embocadura doutra rúa, escoitei un móbil que soaba. Ao principio pensei que era o meu pero deime conta de que non o levaba enriba. Achegueime ata onde me parecía que podía vir o son e vin o móbil. Era un Nokia moi novo.

      Collino,e automáticamente e sen saber por que , contestei á chamada:

-Diga.

-Marta. Es ti?

-Non.

-Marta, non te fagas a parva comigo, sei que eres ti e vas pagar por todo o que me fixeches.

-Oe, creo que te estás equivocando.

-Marta, estoute vendo. Sei que eres ti. Levas uns vaqueiros e unha camisa branca. Non é certo?

-Sí, pero eu non son Marta.

-E entón por que tes o seu móbil? Marta, vasmas pagar todas xuntas por querer enganarme.

-Que non son Marta!- dixen desesperada, pero o home xa colgara.

-Quen será esa Marta?- pensei.- Debeulle facer algo moi malo para que estea tan enfadado. De súpeto pasoume pola cabeza que Marta podía ser unha asasina e que aquel home quería vingarse pola morte dalgún ser querido.

-Espera un momento. Sabe como vou vestida?- dixen en voz alta.- Ou sexa que me estaba espiando!

Corrín ata a miña casa e pechei a porta con chave.

Subín ao meu cuarto e escoitei de novo o móbil. Levárao comigo sen decatarme. Non o collín e parou de soar, pero, ao cabo duns minutos, volveu soar de novo. Collino xa farta de escoitar sempre o mesmo son e tamén con algo de medo:

-Quen é?

-Marta, teño unha sorpresa para ti.

-Qué?

Unha forte man tapoume a boca cun pano. Ao cabo dun rato quedei adormecida, xa que o pano contiña cloroformo.

Cando espertei puiden notar que estaba atada fortemente a unha cadeira, pero non abrín os ollos.- Cómo cheguei ata aquí?- pensei.

Escoitei como alguén falaba por teléfono pero só cheguei a comprender unhas palabras: Temos todo o necesario. Farémolo mañá.

Isto púxome os pelos de punta. Seguramente estaban a falar de min.- Teño que escapar como sexa.- Pensei alarmada.

 

 

Abrín os ollos e puiden ver que estaba nunha habitación escura. Os meus ollos foron adaptándose á escuridade e puiden distinguir unha ventá pechada, unha porta e un sofá lixado de sangue. Ao velo pensei:- En que momento se me ocorrería coller o móbil?

Escoitei uns pasos acercándose, pero afortunadamente pasaron de largo. Libreime das cordas que me inmobilizaban, como o meu padrastro, agora no cárcere, me ensinara.

Achegueime á ventá e puiden ver que, se intentaba abrila, o home se daría de conta, pero non había outra saída. Coloquei o sofá debaixo e subinme a el. Abrín a ventá con moito ruído e saín a un xardín. Botei a correr cando sentín unha dor intensa nun costado e da ferida comezou a brotar sangue. Dei a volta e vin ao home cun sorriso odioso.

-Agora xa estamos en paz, Marta- dixo antes de que morrera.



O misterio da alarma.

Rebeca Agulla Peixoto 4ºA

 

Aquela mesma tarde atopei na rúa un teléfono móbil, pero pronto anoiteceu e non caín en pensar se quedaría con el ou intentaría devolvelo. Decidín durmir cedo e deixeino na mesa de noite. O reloxo marcaba as tres da mañá cando unha luz brillante comezou a iluminar a miña habitación. De súpeto unha voz de home berraba auxilio. Cando collín o teléfono observei na pantalla o seu rostro. Parecía un mozo duns vinte anos e dicíame que debía sacalo de alí : de aquel teléfono móbil. Aterrada, pregunteille como chegara ata el e díxome que unha mañá, cando precisaba apagar unha alarma que el nunca activara, o teléfono absorbeuno e dende entón vive nel, sen necesidade de comer nin beber, como se pertencese a un xogo. Pero Antón -así se chamaba o mozo- coñecía o modo de saír de alí : eu debía borrar a memoria do móbil. Pero non resultaría doado xa que moitas persoas intentárano axudar antes e non o conseguiran, porque necesitaban comezar unha nova partida dun xogo do teléfono con Antón como concursante, ata chegar á última fase, a número catro, e acceder á memoria. Antes intentárao Ánxela, unha rapaza da miña idade, e só conseguira chegar á segunda fase. Sara chegou ata a terceira e Miguel, o último rapaz que atopara o teléfono, aterrado polo que poidese pasar desentendérase del. Eu, Lucía, sentíame a última oportunidade de Antón e non deixaría que outra persoa volvese animalo para logo non conseguir rescatalo.

 

A primeira fase resultou doada. Soamente necesitei quince minutos, xa que as matemáticas gústanme bastante. A segunda consistía en memorizar unhas palabras. Parecía complicado pero non tardei moito en pasar á próxima fase.

 

Comecei a preguntarme por qué os demais non conseguiran chegar á última etapa xa que todo parecía moi doado. Na seguinte fase necesitaba escribir todos os resultados que calculara na primeira etapa. Agora comprendía que a segunda só servira para distraerme e esquecer os números anteriores.

 

Pasei toda a noite intentándoo e cando o sol volveu saír conseguino. Non o podía crer... Chegara ó final do xogo!

 

E esta fase consistía... nunha partida de xadrez na que eu loitaba contra a memoria pero non dispoñía de peóns nin cabalos. Non podía gañar. Por sorte puiden intentalo cantas veces quixen. Pasou o xoves, o venres, o luns...e así dous meses. O 11 de abril gañei. Por fin puiden achegarme á memoria e borrala. Agora Antón volvería sentirse libre. Cando saíu regaloume unha aperta. Víase moi agradecido e contento. Transcorrera un ano enteiro dende aquela noite na que a súa vida cambiou. En canto el marchou en busca da maneira de recuperar a súa vida, a alarma do móbil comezou a soar ... achegueime aterrada e con cara de espanto. Sentín que o teléfono me chamaba, atraéndome cara el. Agora eu quedaría atrapada alí e non sabía cando regresaría á realidade. Soamente atopei forzas para berrar: Antón, sácame de aquí!


        

O MEU HEROE

Irene Santos Menduíña 1ºA

Hola chámome Ana e vouvos  contar, unha historia que me pasou cando fun de excursión. Vaivos aparecer un pouco raro, e ides pensar que o inventei, pero é totalmente real, e hai varias testemuñas.

Era o sábado pola mañá, e eu levanteime entusiasmada porque aquel día ía comprar un teléfono móbil, para levar á excursión, e tiña que preparar as maletas xa que o domingo pola noite ía para o aeroporto, cos meus compañeiros de clase. O A.N.P.A., organizou unha excursión para ir a Tenerife.


Vestinme, e marchamos deica a Vigo, para ir ao centro comercial. Cando chegamos alí fomos a unha tenda de teléfonos móbiles. Meus pais, pedíronlle aos dependentes un móbil, práctico para unha rapaza. Déronnos un catálogo, e despois déronme uns cantos para que eu elixise, eu decanteime por un moi peculiar, perecía moi antigo, e ata tiña unha antena, non tiña cámara, era moi gordo… pero o  que máis me gustaba, era a súa cor, era laranxa chillón.

Logo, fomos  darlle unha visita aos avós e invitámolos a comer. Ao día seguinte déronme uns poucos cartos para levar á excursión, e prometinlles traerlles un recordo.

Despois de comer fomos buscar ao meu irmán Anxo, que ten tres anos e quedou a durmir na casa dos meus tíos co meu primo Xoán de once anos, un menos ca min.

O domingo, despois de comer despedinme da miña familia, e despois, meus pais leváronme ao aeroporto. Alí estaban todas as miñas amigas, Mariña, Rebeca, Carlota…

Cando collín o avión, púxenme moi nerviosa , polo accidente que houbo en Baraxas o 22/08/08, pero a miña nai díxome que non me preocupara que non pasaba nada.

Cando chegamos a Tenerife, todos estabamos moi cansos, e fomos ao hotel a desfacer as maletas e a descansar un pouco.


Logo, fomos á praia e pasámolo xenial. Tamén fomos a un acuario, pero eu fun un momento ao servizo, e cando saín, xa non estaban. Non me preocupei demasiado, e fun a fóra a ver se estaban pero como non os atopei e o hotel estaba moi lonxe de alí, comecei a chamar. Collín o móbil, pero non sabía se chamar á casa ou non, ao mellor preocupábaos e non quería facelo, senteime, e deixei o móbil enriba do banco, e pregunteilles a un par de homes vestidos de negro ónde quedaba o hotel “VILA DO MAR 401”, e dixéronme que eles me levaban ata alí, e  dixéronmo cunha voz estraña, entón comecei a desconfiar, e botei a correr, eles viñeron detrás miña dicíndolles á xente que eu era a súa filla e que me quería escapar, entón unha morea de xente veu detrás miña. Eu estaba moi asustada e non tiña teléfono móbil, deixárao no banco. Parei, e os homes, un, chamándome filla , meteume nun coche gris, pequeno, e dixéronme que nin se me ocorrera chamar a ninguén e que non lle dixera nada á policía.

Entón cando pararon a facer unha chamada na cabina, o móbil faloume dentro de bolso, collino e explicoume que el me ía sacar desta. Eu ,asombrada, pregunteille que era o que facía alí, e el contestoume que saltara ao meu bolso cando eu botara a correr.

Tamén me dixo, que el podía poñer voces doutras persoas cando falaba por teléfono.

Entón tivo unha idea, chamar os ladróns e dicirlles con outra voz que deixaran a Ana en liberdade, ou se non íano pagar caro. Os ladróns fixeron o que o móbil lle indicou, e Ana quedou libre.

A rapaza, por máis que llo quería contar a todos, ninguén a cría, pero Ana sabía que o que ela dicía era certo, e seguiu con ese móbil, toda a súa vida. Era o seu salvador.


EXCURSIÓN A CITROËN

Agustín Gallego Piñeiro 4ºA


 


O pasado un de Abril, visitamos a fabrica automobilística situada na cidade de Vigo e de orixe francesa PSA Peugeot-Citroën. Esta saída foi organizada pola profesora de Tecnoloxía, Sonia, para os alumnos de 4º que cursasen esta materia. Marchamos aló ás nove en punto da mañá tendo todo o mundo unha “ilusión” inmensa en coñecer a factoría.

         Ao chegarmos alí tivemos que vestir unha indumentaria un pouco peculiar. Esta vestimenta constaba dunha bata gris co logotipo da empresa, un chaleco reflectinte, unhas punteiras de aceiro en modo de protección para as dedas e unhas gafas moi psicodélicas. Combinación que converteu aquilo nunha festa de Entroido.  

A primeira nave que visitamos foi a de ferraxe, onde puidemos observar os curioos robots que traballaban man a man cos obreiros que alí estan contratados. Nesta nave sóldanse todas as pezas da estrutura dun automóbil.

Na nave de embutición vimos como se transformas as grandes bobinas de chapa en pezas da estrutura do coche mediante unhas prensas que co paso dos anos foron avanzando até ocupar unha pequena porcion da nave(a foto superior está feita diante das primeiras prensas que houbo na factoría).

Outra das naves que visitamos foi a de montaxe, a cal posúe o maior número de empregados de toda a nave con 4.500 persoas. Alí únense todas as pezas dende as luas até os freos e o motor.

Por último puidemos ver a IQA(Indicador de Calidade e Aspecto) onde se revisan o aspecto exterior e interior do vehículo como por exemplo a pintura, chapa, unions entre pezas, etc. Despois disto, fómonos mudar de roupa e marchar para o instituto.


Anxo Fariña

Aida Carballo  e Alba Ferradás      1º B

 

O pasado mércores 21 de marzo visitounos no noso instituto o autor e ilustrador Anxo Fariña,.creador de varios libros, entre eles,unha colección moi coñecida, chamada Os Megatoxos

 

Contounos que lle gustaba moito viaxar e descubrir sitios novos dos cales sacaba moitas ideas para logo crear as súas propias historias e aventuras.

 

Dende pequeno el nunca parou de debuxar e isto serviulle para ,agora ,ser un debuxante moi profesional.

 


Contounos tamén como naceran os populares Megatoxos. Levamos unha gran sorpresa, curiosamente, díxonos que eles

 

naceran por unha aposta que fixera cun amigo. Consistía en que o seu amigo elixía un argumento dunha historia e logo Anxo crearía os personaxes e a novela. O seu amigo escolleu como argumento un toxo e así comezou todo.

 

 

Anxo Fariña, ao principio, era moi pouco coñecido, pero pasou en pouco tempo a converterse nun grande escritor e debuxante.

 

 

Na súa charla comentounos que un obxecto ten diferentes significados segundo o lugar que ocupe. Púxonos o exemplo dunha botella de auga. No deserto significa vida, nun aeroporto pode significar a morte e nunha simple man non significa gran cousa.

 

De entre o público,que eramos todos os alumnos de 1º e de 2º da ESO, sacou ao noso amigo Luís. Fixo unha caricatura modificada del. A todos nos gustou moito e nos pareceu moi divertido.

 

A súa visita fíxósenos un pouco curta pero sí moi agradable e divertida .

 

A súa charla gustounos moito e serviunos para tomar exemplo de como se pode chegar a ser un magnífico ilustrador e escritor.

 

Esperamos volver  velo o ano que vén polo noso centro,e seguro que hai compañeiros,principalmente os que xa leron os  tres libros publicados  da colección dos Megatoxos, que estarán impacientes por que saia á venda o próximo ,que nos dixo, había saír dentro de dous ou tres meses.

 

Agradecémoslle a súa visita!

 

GRAZAS Anxo!


Reflexións sobre un bo poeta.

Rebeca Agulla Peixoto 4ºA

 

Sempre pensei que un bo poeta non é o que logra facer que as cousas

alegres e positivas sexan fermosas e dóces. Máis ben o mérito é daqueles que transforman unha morte nun mar de brisas,. nubes grises e gotas de chuvia que esvaran duns ollos melancólicos. O que é capaz de que a tristeza, a soidade e a miseria se transformen en marabillosos poemas cheos de sentimento e delicadeza...ese si é un bo poeta.

Ás veces non deixamos que o nos o talento e a nosa inspiración se reflictan cando escribimos, pero eu penso que moitas persoas teñen no

seu interior algo que lles fai transformar o feo en fermoso. Xente que mira unha mala escena e interprétaa de tal xeito que chega a todos os que len ese poema transformada en algo emotivo e

artístico. Non se trata de que rime nin de que fale dun amor perfecto. Soamente hai que deixar que o que sentes saia e se estenda, xa sexa alegría, tristeza, desesperación ou calquera sentimento cotián que podemos experimentar nun día da nosa vida.

Outro exemplo de bos poetas -ao meu parecer- son aquelas persoas maiores que relatan o seu pasado con bágoas nos ollos e transpórtante a esa época, na que podes vivir intensamente sentindo como cada olor ou a mesma paisaxe, que resultan fráxiles ante ti. Poucas persoas se paran a pensar na esencia deses poetas. Non son tan coñecidos como Quevedo,

pero estamos convivindo constantemente con persoas que poden transportamos ata os nosos soños. Non son poetas famosos, non son poetas de amor, nin existencialistas sen remedio. Son persoas que transmiten todo o que consideran especial e fan referencia a pequenos detalles que dan nome ao reducido grupo de bos poetas.







          Unha viaxe no tempo.

Aida  Queimaño Soage.

           

Noelia, é unha nena de trece anos.

            Vive na cidade de Pontevedra co seu pai, a súa nai e o seu irmán pequeno.

            A súa nai chamábase Isabel, Isa, para os amigos, ela traballaba nunha empresa de cáterin, organizando todo tipo de eventos.

            O seu pai, Esteban, é presentador do tempo no canal da Galega.

Dani, o seu irmá, é un rapaz moi traste.

            E respecto a Noelia, é unha nena pouco estudosa, moi falangueira, e sobre todo, moi extrovertida.

            A súa mellor amiga é Rosana, pero a súa panda, está composta por catro, Rosana, Paula, Gemma e Pili.

            Noelia estaba un pouco preocupada estos días, primeiro foi Paula, un día, no recreo, sacou da sua carteira un teléfono móbil, todas se asombraron, pois, todas pensaron, que ata os dezaseis, o seus pais non lles comprarían o seu primeiro móbil.

            Pasados dous días Gemma e Rosana viñan todas contentas cos seus novos móbiles.

            Por último, tíñao Pili, moito máis discreto cós das súas amigas.

            Todas estaban de acordo en que o móbil era a nova moda, e que todo o mundo o tiña.

            Todo o mundo, menos Noelia, e por iso pediulles, polo seu aniversario, ós seus pais, un teléfono móbil. Os pais dixeron rotundamente ¡NON! Pero os días pasaban e Noelia estaba máis estraña coas súas amigas, xa que non se reunían no parque a xogar, senón que se dedicaban a pasar mensaxiños entre elas, falaban, e cotilleaban, deixando a Noelia de lado.

            Os pais de Noelia decatáronse do problema e foron comprarlle un á súa filla. Pero quizais foi demasiado tarde, recorreron vintecatro tendas, e en todas estaban esgotados. Ata que chegaron a unha, en Cantabria, moi estraña, dirixíaa unha vella muller, cunha eiva nos pés.

            Díxolles que quedaba na tenda un só móbil, que era moi especial e que o coidaran ben, pero a familia non atendeu ás advertencias e estenderon un billete de cen euros a cambio do móbil.

            Na casa, Noelia estaba desexosa de chamar ás súas amigas e darlles a noticia, pero decatouse de que non encendía, non funcionaba.

            Entón, Noelia enfadouse e tirouno ao chan dicindo “Menudo trasto inútil” mais cando caeu ao chan, abriuse unha especie de porta máxica. Noelia chamou as súas amigas, e todas metéronse dentro da porta.

            De súpeto, atopáronse nunha cidade medieval, de casas de madeira e pedra, cun castelo que tiña un foso ao arredor e mulleres e homes, con vestidos antiquísimos paseando por un pequeno mercadiño.

            Rosana achegouse a un pobre aldeán que vendía peixe e preguntoulle.

-         Oiga, estamos no ano dous mil nove, verdade?

      El contestoulle.

-         Pero que barbaridades dis rapaza, se aínda estamos no ano mil douscentos noventa e catro!

As rapazas quedaron atónitas, e Noelia, coa sorpresa exclamou, collendo o móbil do chan:

-         Este “cachivache” levounos ó pasado?

Paula lembrou que na clase de sociais, o profesor explicara toda a historia, dende o paleolítico ata os nosos tempos, e que ese ano pertencía á Idade Media.

     De súpeto, o móbil, que tiña estado con elas todo o tempo, comezou a falar:

-         Nenas, son Óscar, o teléfono móbil.

Todas gritaron a unha mesma voz.

-         Non vos asustedes, é que eu son un móbil do futuro, e por iso podo falar, inventáronme no ano catro mil cincocentos, moita xente colleume, e, según a persoa e o seu tipo de problema, viaxan conmigo ao pasado ou ao futuro, tí, Noelia, tiñas un problema coas túas amigas, elas, non che facían caso cos ditosos móbiles, pero, a solución non era comprar un, tróuxenvos aquí, para que vexades como era a xente na antigüidade, todas falaban, comunicábanse verbalmente, mentres que no dous mil nove, ninguén fala, toda a xente está enganchada ao seu aparello telefónico. Tróuxenvos para que vós, e a xente dos vosos tempos, a través de vosoutras, podades tomar exemplo, e aprender a utilizar os móbiles, só cando é necesario, sen abusar deles, así que vouvos facer regresar ao voso ano, para que cumprades a vosa misión.          

            E así, as nenas, contaron esta historia e foise transmitindo de xeración en xeración para que toda a xente de todo o mundo utilice o móbil só cando sexa preciso, para que pouquiño a pouco, poidamos cambiar o mundo para mellor.


Pablo Seijas, que foi alumno deste centro até hai dous anos, envioume un pen drive ou pincho, por medio da súa irmá Miriam, que contiña gravacións en estudio e en directo, así como letras das súas cancións e unha carta persoal da que, co seu permiso, publico unha parte que pode ser interesante para a revista Umbrela.

Xoán X. R. Rivas. ENDL

 

“Estou metido nun grupo de Ska agora, dende o verán, son a segunda voz e tamén encargado de montar a festa e disfrazarme segundo o temario da canción...estreámonos este 2 de Maio na Sala Zona. Montamos nós este festival a través dunha asociación que creamos un par de colegas. Gravamos os grupos gratis (de feito xa dous grupos gravaron os seus temas aí), non pedimos nada cambio e mesmo despois movémolos e buscamoslles concertos. Pois unha asociación do Sahara Libre, chamounos para saber se podiamos organizar un concerto benéfico e a resposta dos grupos foi tremenda, inda que inesperada: Son 7 bandas as que estamos no cartel e ninguén leva un duro, todo é para a causa, e só son 5 € de entrada, a xente non se pode queixar que digamos...

A verdade é que estamos cheos de ideas e a ver se se poden levar adiante. O proxecto do estudio está indo adiante, os grupos estan contentos cos concertos que lles conseguimos e todo vai vento en popa, uns axudándonos aos outros.

 

Bueno non sei de que máis informarte, a verdade, se me poño a contar historias de todo o que vivín relacionado co mundo da música  dende que saín de aí...non pararía en dous anos. Déixoche uns links destes para que vexas na rede;

 

www.myspace.com/punktodebilrock  à Paxina de Punkto Débil

 

www.myspace.com/seijascatroacordes  à A miña paxina cos temas en solitario.

 

www.myspace.com/skakeooficial  à Páxina de Skakeo (Proxecto novo)

 

www.myspace.com/psykiatrikorecords  à Páxina da asociación que che falei, aí podes ver de todo o que  facemos e todo o que cae nas nosas mans.”

 

Pablo Seijas

 

Historias do mar

 

Nun Lujar moi lexos de aquí

Falase de unha vella historia

De un home mariñeiro que morreu no mar

Seica todas as noites inda se pode escoitar

Os jritos de aquel home antes de afojar

 

E a viuda de ese home todolos dias vai o mar

Ten tres fillos na casa Ten bocas que alimentar

Inda ten medo a escoltar o seu home jritar

Todos os dias vai onde se home Non se pudo salvar

________________________________

Laralalarala

 

Sua Muller cada día vai andando ata o Lujar

Donde a morte de seu home nunca a podra olvidar

Ela Lavalle flores ela Lavalle o corazón

Inda queimado polas vajoas el acanalle unha cansion

 

Volve lojo meu cariño volve lojo de onde estés

Inda tes a porta aberta para cando queiras volver

Evirei cada día ata o día que morra

Traendote no recordo levandote no corazón

 

Laralalarala

Escalada en Donón.

Agustín Gallego Piñeiro 4ºA.

 

 

O día dous de Abril puidemos gozar dunha fantástica actividade na natureza: escalada. Esta actividade organizouna o profesor de Educación Física, Toño para os alumnos de 4º da ESO. A primeira hora da mañá encamiñámonos cara Donón que está situada na Costa da Vela, en Aldán.

 

Ao chegarmos alí puidemos observar a beleza das vistas que nos rodeaban. As Illas Ciés, solitarias no inmenso mar, os cantís, que separan o mar da terra, e a fauna e flora da zona. O primeiro que fixemos foi separar o grupo en dous para rotar na escalada e no

paseo ata o Monte do Facho.

 

A costa da Soavela desde O Facho, con Cabo Home e Illas Cíes ao fondo.

 

O noso grupo foi o que abriu o día de escalada. Os que comezaron a escalar as paredes foron os que mais espertos viñan: Elías e Josuha.  Mentres eles

          

                                                                             
                                                                                                                                                                    

  Cati e Sergio chegando ao alto das paredes.

 

 

aplicaban os seus coñecementos que aprendemos no ximnasio do instituto o resto pasaba o tempo xogando ás cartas, tirando fotos, charlando e mesmo tomando o sol como se estivesen nunha praia do Caribe con palmeiras e tumbonas pero que estas foron trocadas por toxos en flor e duros penedos.

 

A mañá pasou sen problemas escalando con normalidade, tranquilamente e sen problemas. O outro grupo dirixiuse a Monte do Facho onde estiveron unha hora

máis ou menos mentres nos escalabamos coa axuda de Toño, que nos guiaba na nosa andaina.

 

Ao pouco de chegaren os do segundo grupo acabamos de trepar as paredes todos os que compoñiamos o primeiro grupo, co cal fixemos un parón para xantar. A unha foi a hora escollida para xantar até as dúas, máis ou menos, cando comezaron a gabear polas paredes os do segundo grupo. O resto da xente descansaba a comida xogando ás cartas, durmindo, meténdose cos compañeiros que escalaban e xogando cun balón de rugby que rematou maltreito polas feridas de guerra que lle ocasionaron os toxos da zona.

 

Ás catro encamiñámonos ao Facho para admirar as vistas dende o alto do monte e ver as escavacións que se están a facer do castro que o coroaba. O camiño foi moi lixeiro xa que os balóns rulaban de adiante a atrás da caravana que formabamos e un ritmo infectou a todo o grupo e fixo da travesía unha festa. Co impoñente océano perante nós descansamos un anaco no cumio do Facho.

 

                                                                                                                           

Donón e a costa da Soavela desde O Facho

 

 

 

 

  Yoel, Alberto e Eloy descansando no alto  do Facho.

 

 

Na volta o ritmo acabou por tirar a algún ao chan despois de poñer demasiado ímpeto no baile.

Ao chegarmos ao “campamento base” xa escalaran todos e os que quixeron volveron trepar as paredes por distintas rutas que eran dun grao superior. As seis e cuarto levantamos o “chiringuito” e volvemos cara Bueu sen ningunha baixa nas nosas filas.    

 

 

Fotografía do grupo.


Recordos por Anne:

Yolanda Entenza Rúa 4º A

 

Recordos, eses pensamentos que cada noite atormentan a miña alma. Esas imaxes que teño cravadas na miña memoria. Esas palabras que xamais esquecerei.

Todo comezou unha tarde de outubro cando Roberto e eu tivemos unha disputa. Sara, aquela muller a que tiña pola miña mellor amiga, aproveitou a situación para facerse un oco máis grande no corazón do meu amado.

Tempo despois parecía que todo ía ben, Rober seguía igual de cariñoso comigo, pero algo dentro de min dicíame que el non me amaba, que comezaba a sentir algo por outro e ademais comecei a sospeitar que Sariña sentía algo por el.

Decidín aclarar as miñas dúbidas e preguntarllo. En canto o fixen botouse a rir negándomo e mirándome aos ollos. Tendo en conta que el fixo o mesmo optei por quitarme esas ideas de cabeza.

Transcorreron os días. Chegou así a novembro, onde unha mañá dun día calquera, no que me atopaba na entrada do Instituto, ela veu xunto a min e díxome: “Dille ao teu mozo que non me tome o pelo”. A partir de aí iniciamos a seguinte conversa:

- Por que me dis iso?

- Porque onte falando con el díxome que sentía algo por min.

 

Outra persoa entrou no diálogo pedíndolle que non mo contara. Pero ela colleu o móbil e continuou:

- Comenteille que sentía algo por el, e que o de aquel día de novembro no barco e máis cando me escapei da casa de Anxo era porque estaba celosa. Entón contestoume que aquel día morría por bicarme e que se llo confesase naquel momento o máis seguro e que agora tan só existísemos el e eu.

Quedei morta. Non sabía que facer, que dicir...

 

 

Recordo perfectamente a confusión que experimentaba miña mente. Aparteime un pouco delas e unhas gotiñas  esbarraron polas miñas meixelas. Aleguei que o vento me metera algo nun ollo e fixérame dano. Enxuguei as bagoas e conciencieime do que me podía esperar esa mesma tarde.

 En canto cheguei á casa conecteime ao msn (messengger), e tal e como lle prometera a Sara, conteille que lle quitara o móbil e lera as súas mensaxes. Pediume explicacións, pero non llas dei, pois era unha mentira e nin sequera  sabía por que o facía. Ao comprobar que eu non estaba polo labor de contestar a preguntas estúpidas contoume que se sentía confuso e que prefería que lle dese un tempo para que aclarar as súas ideas.

O mundo caeume enriba. Sentíame coma un bebé prematuro ó que a nai abandonara.

 

Encarecidamente pregueille á miña mellor amiga que non mencionara nada do que sucedera, pois a min víñaseme unha pedra sobre o corazón cada vez que ela falaba do que Roberto lle dixera, aquelas palabras malditas que xamais olvidarei: “Quérote miña Nana querida”.

Non me fixo caso, limitouse a recordarme cada día que el non só quería un tempo, senón que tamén quería deixalo definitivamente.

E así o fixo o 23 de novembro cando me fartei de todo e puxen punto e final a aquela farsa.

Chegou decembro e con iso a súa volta a Galicia.

Quedei con el xunto con Anxo, o meu mellor amigo, e Verónica, unha compañeira de clase. En canto chegou fomos a casa de Anxo. Estaba incómoda, anoxada, confusa porque quería dicirlle que o amaba, que o amaba como nunca amara a ninguén.

Deiteime na cama e el tamén. Tras pelexar polo móbil atopámonos deitados, co seu brazo polo meu van. Son incapaz de describir como sucedeu todo, pero si sei que acabei mirando cara a el. Acariciaba a miña cara, os meus beizos e eu facía o mesmo, ata que pronunciei aquelas palabras con tanto medo: “Quérote”. Pousou os seus beizos sobre os meus e logo pechou os ollos mentres o aloumiñaba.

Todo rematou e a almofada foi a única testemuña da miña amargura, tan só ela probou a miña dor, coas miñas bagoas, que aquela noite non cesaron.

 

 Ao día seguinte intentaba bicar a Sara e confesáballe que o meu bico non fora nada para el...

Recordos...


Alesha

Araceli Durán Barreiro 4ºa nº6

 

Alesha era unha fermosa fada que habitaba en Brilande, un precioso val acoirazado por unhas enormes montañas e por un río de augas claras chamado Sarlei.

 

Ela non tiña pais, de feito as fadas non teñen descendencia, veñen ao mundo despois de que dúas persoas que se aman perduren unidos ata a fin dos seus días.

 

Pero esta fada non é como as demais, a súa infinita beleza e o sue corazón de ouro fanna destacar. Ten o cabelo longo de cor mel e con reflexos dourados, as súas ás teñen un ton rosado e os seus ollos son azuis.

 

O seu tempo de lecer dedícao -mellor dito dedicábao- a peitear os seus cabelos na beira do río. E cando digo que o dedicaba, é porque agora pasa os días pensando no seu namorado e a súa única ilusión é estar xunto a el.

 

El chámase Edgard e é o príncipe de Brilande, o que quere decir que é humano. Ela sabe que o seu amor é imposible, pero non pode facer outra cousa que pensar nel. O seu soño sería que el a amase e perdurar xuntos ata o fin dos seus días.

Unha mañá máxica de xuño Alesha espertou cunha estraña sensación de atoparse nun corpo que non era o dela. Ao tentar voar, comprobouno: as súas preciosas ás xa non estaban.

 

Chea de intriga foi verse no reflexo do río e diante súa non viu unha fada, senón unha preciosa rapaza co cabelo longo de cor mel e reflexos dourados e cos ollos azuis. Non o podía crer: era humana.

 

Esa mesma tarde mentres paseaba polo bosque atopouse con Edgard, que casualmente tamén estaba dando un paseo no seu corcel Branco. Ao vela, sorriu e presentouse.

 

Parecíalle unha muller preciosa, aquela que en ocasións se lle aparecera en soños.

 

Este imprevisto encontro foi amor a primeira vista.

 

A partir de entón comezaron a quedar para saír, ata que un marabilloso día casaron  e xuntos convertéronse en rei e raíña de Brilande.


Última carta.

Rebeca Agulla Peixoto 4ºA

 

Non sei se é de noite ou de día; se o galo canta ou cantan os grilos; se a estrela fugaz que sempre agardo xa pasou. Non me importa que os nenos sorrían fóra, nin que as avoas non comprendan as novas tecnoloxías.

Descoñezo se alguén me bota en falta, se nestes tres anos que levo afastada da sociedade alguén preguntou por min...ou chorou por min.

Sigo sen entender por que a vida é un regalo, e non boto en falta nada do que tiña fóra. Non sinto a tentación de asomarme á fiestra e ver se o tempo fóra é bo ou malo, se os namorados camiñan felices polo parque ou se o novo fogar dela está cuberto de flores, tal como me prometeron que farían. Tampouco quero achegarme alí onde el  dorme profundamente e quizais para sempre.

Pero teño que voltar, loitar por el, ficar ao seu carón e mostrarlle o camiño de volta á casa. Ir xunta a ela, demostrarlle que aquel día perdín moito. Que ambos saiban que son moi importantes para min e que sempre estaremos xuntos.

 

Si, vou morrer.

 

O por que desta carta é deixar por escrito que non me matei nin me mataron. Que a morte veu a min de forma cómplice, porque llo pedín. Ela sabe que non podo seguir así, vivindo unha vida que me queima por dentro. Dende esta nada poderei loitar polos meus e estar con eles para sempre.

A miña nena morreu e o meu home non parece que vaia despertar do seu longo sono, e poder saír dese hospital no que ninguén o necesita.

Soamente quero dicir, sorrindo, que vou ser feliz. Que agora comezará a miña vida de igual a igual cos meus. Porque se eles non viven eu non vivo. O aire abunda, pero sinto que non é para min. Nada me interesa, nada é fermoso excepto a imaxe de nós os tres xuntos que teño gravada na mente coma unha obsesión. Eu necesítoos...son o meu aire!

Vou morrer...vou vivir!



Torneo Cidade de Lugo O9

Pedro Novas Otero 3ºA

 En Nadal o equipo de fútbol sala, ADFS Cadetes,  foi invitado a un torneo de nivel internacional organizado polo AZKAR Lugo, equipo de primeira división da cidade de Lugo. O torneo consta de dúas partes: na primeira participan os mellores equipos galegos da categoría, exceptuando o Azkar, e quen gañe esta fase pasara á segunda. Nesta segunda fase contouse con equipos do nivel de Playas de Castellón, Boadilla, Boomerang Interviú (para moitos o mellor equipo do mundo), Boavista (equipo portugués) e, evidentemente, o Azkar.

         

  

Presentábanse moitas dificultades para asistir a este torneo. O club é modesto e non nos pode pagar nin transporte nin estancia... polo que hubo que poñelo do noso peto. Ademais houbo que mercar outro equipamento: un chandal... para dar boa imaxe.

            Unha vez solucionados todos os problemas tamén había que adestrar máis duro.

Estabamos aloxados a pensión completa nunha residencia universitaria, que estaba moi ben a verdade.

           

 Pasamos a fase de grupos contra todo o que se esperaba, gañando todos os partidos. O ambiente que se respiraba alí era moi bo. As nais que se quedaran en Bueu viñeron en canto puideron a Lugo para ver as semifinais.

          

  Nos nosos ratos libres matabamos o tempo xogando ao futbolín, o tenis de mesa....

Desgraciadamente perdemos o partido e quedamos eliminados do torneo. A organizacion insistiu en que nos quedaramos á entrega de premios. Alí se nos comunicou que debido ao noso bo xogo despregado e á nosa actitude dentro e fóra do campo invitábannos á segunda fase do torneo.

 Despois de celebralo moito démonos conta do gasto que supuña iso. Pero os nosos pais estaban moi emocionados co tema e non lles importou.

   Descansamos unha semana na que intentei repoñerme da lesión. Xa parecía que non me doía polo que con máis ilusión ca nunca fomos para Lugo.

           

 O noso primeiro partido era contra o Boomerang, que a pesar de todo, na nosa categoría non eran os mellores. Os dez minutos da primeira parte o adestrador meteume no campo. Cando xa estaba rematando a primeira metade un choque co porteiro rival danoume as costas. Resistín até o remate da primeira parte, pero logo non volvin saír en todo o torneo. Este partido perdémolo 1-2.

 O segundo partido era contra Las Rozas, un rival moi forte. Este equipo quedara campión de España o ano pasado sendo todos os xogadores de primeiro ano e esta temporada xa eran de segundo. Non houbo rival: déronnos unha malleira, todo esforzo era inútil. Quedamos 22-3. Na primeira parte metéronnos 17-0 e na segunda recuperamos o sentido e só quedamos 5-3.

           

 O último partido era contra o Akzar. Xa estabamos eliminados, pero eles xogábanse todo. Foi un partido disputado pero perdemos finalmente 7-3.

  Resultou unha moi boa experiencia, e inda que non puiden xogar paseino moi ben. E para o ano xa estamos invitados de novo!.


A plana de Josuha. (Josuha Acuña Martínez. 4ºB)

Esta plana foi publicada no número anterior, mais produciuse unha equivocación e colocouse do dereito, co que a historia perdía o sentido. Publicámola agora como debía ter sido colocada no anterior número.

           

 

 


 

             
Comments