Home

UMBRELA  14









Onte, os responsables da plataforma Queremos Galego dubidaban ata poucas horas antes de iniciar a súa mobilización se a aposta pola que deron en chamar “praza maior de Galicia” sería demasiado arriscada, unha dúbida que foi despexando a medida que os máis de 100 autobuses fletados dende as diversas comarcas do país colapsaban os accesos a Santiago de Compostela.

Mentres as cúpulas dos partidos da oposición parlamentaria, lamentaban ante os medios que fose necesario manifestarse para que “o presidente da Xunta cumpra a lei”, os políticos ían, gradualmente, quedando nun discreto segundo plano. Docentes, e sobre todo, estudantes, tomaron, coa “unión” vaticinada polo presidente en abril, o protagonismo da que xa é a mobilización máis multitudinaria que Compostela teña acollido nun día laborable: segundo a Policía, a marea humana estaba composta por 30.000 persoas, unha cifra que a organización eleva a 50.000.

A mensaxe de fondo resumíaa o presidente da Asociación Internacional de Estudos Galegos, Craig Patterson: “Utilizan o inglés propagandisticamente para camuflar un ataque contra a lingua galega”.

No Obradoiro Xosé Lois González, O Carrabouxo, exercía de alegre mestre de cerimonias ao son dun improvisado “mamá, eu quero galego”. “Mirade, cantos extremistas”, ironizaba Carlos Callón dende o estrado. Cando os primeiros en chegar á praza xa a abandonaban, a comitiva máis rezagada conseguía, máis dunha hora despois, chegar ao Obradoiro. “Somos un pobo, non un decreto”, coreaba a multitude.


O soño dunha estrela.

Estrella Pérez Porto 4ºA.

 

O verán de 2009 foi moi especial para min. Os meus coñecementos como cantante aumentaron neste ano e grazas a isto novas portas se abren aos meus pés.

 

Cada vez noto que o meu soño está máis preto e non me canso de empregar todas as miñas forzas para que isto pase axiña.

 

As cualificación de 3º de ESO no instituto foron moi boas, polo que tiña tres meses de verán para dedicalos ao que me gustaba: a música, cantar, cantar e cantar.

 

Pero as cousas complicáronse en canto ao conxunto no que estaba: tiñamos pensado percorrer todo O Morrazo cantando de festa en festa, ou de celebración en celebración, onde nos chamaran, pero por causas persoais dos compoñentes só puidemos ir a un par de eventos. Despois cada un tivo que marchar para traballar.

 

Vinme soa. As  ilusións esgotábanse. Non sabía que facer nin a quen recorrer, xa que por aquí non é que a xente estea polo labor de montar un grupo.

 

 Chea de fustración, no mes de Xullo, visto o visto, marchei para o único sitio onde  podía pensar e recuperar as ganas, como outras veces me ten pasado, si, collín a miña maleta e marchei para a miña illa de Ons.

 

 Meus avós animáronme a saír adiante soa e dixeronme que se algo quería algo me ía costar.

 

Despois dun mes alí sen ninguén máis que meus avós sentei a cabeza e empecei a facer chamadas a tendas de aparellos para poder reproducir a música que eu cantaba. Comparei prezos e cheguei a conclusión de que tiña que ir traballar para, polo menos, comprar un amplificador, un par de altofalantes e un micrófono. Así foi: sen perder máis tempo falei cun curmán de meu pai para que me contratase no seu asador en Portonovo como camareira. O soldo era moi bo. Collín o barco e unha semana despois alí estaba vestida de branco co mandil amarrado á cintura e o bloc de camareira na man.

 

 

Traballei moito ata xuntar os cartos. Vin a terra, deille os cartos a miña nai e ela encargouse de mercar todo o necesario para o meu primeiro show en solitario, como non, na primeira festa do verán a da miña illa de Ons.

 

Estabamos a 7 de Agosto, a dúas semanas da festa na illa. O tempo corría na miña contra e tiña que seleccionar as cancións coas que ía facer a festa. Unha vez coa lista nas mans faltaba o máis importante: a persoa que me pinchara a música para poder cantar.

 

Pensando e pensando veume á cabeza o dj do ano pasado: Manu. Non dubidei en chamalo, porque ademais atopábase nese momento en Ons. Faleille da miña situación e aceptou botarme unha man.

 

Xustamente Manu estaba traballando nun dos locais máis grandes de alí e tamén o máis visitado por turistas. O xefe, amigo da miña familia e meu, enteirouse do asunto e falou comigo, puxo ao meu servizo o seu local nas festas para  poder pór en marcha o show.

 

Ese día o sol brillaba con toda a súa forza, como as miñas ilusións, que se ergueron do abismo onde estaban para seguir o meu soño de ser cantante e poder demostrar a milleiros de persoas que eu non vivo da música, senón que vivo pola música en todos os seus sentidos.

 

Chegado o día 18 volvín coller a maleta e o equipamento e marchei outra vez para a illa. A festa estaba para celebrarse e facía falta ter todo preparado para o gran día. Os turistas, nativos, amigos e coñecidos, non tardaron en darse de conta de que outro ano máis e soa ía montala nas festas.

Os ensaios estaban de medo: todo tiña boa pinta.

 

Chegou o gran día: a miña familia de Bueu e de Ons estaba comigo dándome ánimos para esa noite. Recoñeceron que estaban moi orgullosos do que fixera e meus pais chegaron a emocionarse moito.

 

Miñas tias Berta e Vanesa convertéronse por dúas noites en maquilladoras, perruqueiras e deseñadoras, todo o necesario para que esa noite brillara máis que unha estrela como o meu propio nome indica.

 

O día 21 todo estaba dito, o dono do local chamoume ao móbil para avisarme de que o local desbordaba e que ás 12 estivera alí. Ás once e media baixei para Curro(núcleo de casas donde estan os locais de Ons), pero antes pasei pola igrexa. As orquestras tocaban para poucas parellas, que estaban tomando o fresco. Entrei na igrexa, púxenme de xeonllos aos pés do patrón da miña illa, San Xoaquín, e deille as grazas por axudarme a conseguir sacar forzas un mes antes, para esa noite comezar a cumprir o meu soño. Coa mesma subín ao local pola porta da cociña: nervios fóra e saín ao escenario.

Aplausos, berros co meu nome,  ledicia, emoción, estaba no máis grande paraíso a xenté respondíame á perfección e cada vez viña máis a verme cantar. Acabamos ás catro da mañá e con ganas da seguinte noite.

 

Así foi o día 22. Os mesmos preparativos da noite anterior, de novo no mesmo local, pero antes de empezar o dj cortoume o micro e para a miña, sorpresa toda unha illa chea de xente comezou a cantarme o “cumpleaños feliz”. Si, esa noite cumpría 16 anos.

 

Miña nai non paraba de chorar e eu chea de alegría e forza arranquei o show con máis ganas e coraxe aínda.

 

Ao remate todo eran felicitación, bicos, autógrafos, fotos, etc...pero entre a multitude de xente, achegouse a min unha muller co ofrecemento de cantar na súa voda. Aceptei sen pensalo e o meu dj apuntouse a botarme outra man.

 

Uns días despois chamoume tamén o curmán de meu pai e xefe meu meses antes,  dicíndome que era a festa da Lanzada e un home que frecuentaba o asador me oíra cantar cando traballaba e animaba as comidas coa miña voz e queríame contratar xunto co dj para cantar nesas festas.

 

 

Os contratos foron seguidos un detrás dos outros e cada vez espero darme a coñecer máis para poder chegar ao meu gran soño: cantar nunha gran orquestra como a Panorama.

 Porque lembrade: eu non vivo da música senón que vivo para ela.


Para ti, Nandi

 

Aida Carballo 2ºB

 

 

Amence outro día máis. Outro día escuro e frío.

 

Non se ve nada, só hai silencio, parece que non hai vida…

 

Só de vez en cando se senten caer bágoas .

 

Bágoas de tristeza e dor. Bágoas que esvaran polas fazulas e caen ao chan dicindo QUÉROTE, unha tras outra, QUÈROTE!

 

Nada é o mesmo... fáltanos cariño, fáltanos amor, fáltanos ledicia, fáltanos sorrisos, FÁLTASNOS TI.

 

Despedícheste cun adeus, e fúcheste a outro lugar... un lugar moi afastado, do que ninguén quere falar. Temémoslle... mais ti afrontáchelo con moita valentía.

 

Estou segura de que algún día atoparémonos mais alá do que a vista pode alcanzar, mais alá... No país dos soños volverémonos topar.

 

Deixáchesnos aquí... sós, coma vagabundos, coma unha ave sen ás.

 

Só con bágoas.

 

Despedícheste cun adeus, un adeus para SEMPRE.



Poemas de Tinso

(Agustín Gallego Piñeiro, ex-alumno)

 

1: Ás voadoras que move o vento.

 

Ver a túa face

semelláseme

o arco da vella nunha tarde de outono.

 

Combinación de cores

tan perfectos.

Pintados a mantenta

e moi poucas persoas descobren

que por desgraza ou fortuna

ollei.

 

Miles de tons

 armados con gran delicadeza

sobre un rostro namoradiño ,engaiolador

e eu son un dos seus reos 

sen xulgar aínda

e tal vez xamais.

 

2: Dóces palabras.

 

Doces palabras

do teu sentir

anelan o meu corazón

que te quere

mais non te busca

e ti,

sen querelo

atópasme.

 

Xuntos

inseparables

dous paxaros que voan

nun sentimento

e xamais desexan abandonar.

 

Ese sentimento

mestura da miña felicidade coa túa beleza

namorando ao mais arisco

dos sentimentos.

 

Calquera día

perderémonos nas profundidades

dun mar,

inmenso

que nos conduza

á vida

que ti e mais eu desexamos.

Nese mar

chamado AMOR.


Un raio de luz

Alba Ferradás Rial 2ºB

 

Domingo, 12 da mañá, 6 de decembro.

Tiña todo preparado. Ía durmir á casa da miña mellor amiga, xa que meus pais decidiron facer a ponte da Constitución.

Non me sentía moi ben, pero supuxen que esa dor de barriga pasaría logo.

Comín e a dor aumentou. Daquela comeceime a sentir verdadeiramente mal e o corpo só me pedía deitarme no sofá.

Pero de alí a un pouco erguinme e fun correndo ao baño: tiña moitas ganas de vomitar.

Vomitei repetidas veces e decidín non ir á casa da miña mellor amiga, senón á de miña avoa, porque meus país xa non estaban.

Alí miña avoa quedou ao pé da cama toda a tarde ao meu lado.

Primeiro vimos a tele, e logo, como a cabeza me comezou a doer, díxenlle se a podía apagar. E ela, sempre cumpríndome os gustos, apagouna.

Pregunteille se tiña fotos de cando era nova, e as dúas rimos dos vestidos e peiteados que se levaban naquela época.

A eses momentos de alegría sucedíanse outros tristes nos que vomitaba mentras ela me suxeitaba o cabelo con todo o cariño e me aconsellaba  repetidamente que foramos ó médico.

Eu dicíalle que non porque pensei que non me ían solucionar nada  e eu seguía sufrindo.

Continuei naquela situación,liberando do meu estómago… ata o que non tiña…

De novo tiña que visitar o baño, unha vez alí, comecei a suar coma se correra os cen metros lisos,sentíame a morrer…pouco a pouco, unha suor fría foime percorrendo todo o corpo… Pensei que estaba a morrer, non podía aguantar a cabeza e xa caía para todos os lados…

Chamei por miña avoa coas poucas forzas que me quedaban e ela ao mirarme así asustouse e berrou polos  meus tíos e polo avó.

Cada vez vía menos e a cabeza íame caendo máis…

Non vía pero escoitaba. Escoitaba as palabras de preocupación de miña avoa e como meu tío chamaba á ambulancia porque eu non reaccionaba.

Pensei que xa non saía daquela, mais a salvación non estaba moi lonxe, a alguén se lle ocorreu abrir a ventá e mollaron a fronte, entón, como por arte de maxia, empecéis a  reaccionar.

De alí a un tempo veu a ambulancia, e aínda que estaba un pouco confusa, puiden ir a pé da man do meu tío.

Estaba sentada na ambulancia, e miraba polo reloxo, fixamente, o tempo pasar, 20:40, 20:52…

Ata que por fin cheguei ao hospital.

Alí deitáronme nunha padiola e despois de tomarme a tensión e facerme toda clase de  probas, puxéronme soro.

Conforme o meu corpo ía recibindo  aquel bemdito soro, a dor de cabeza ía diminuíndo.

Ó parecer o que pasara fora que co esforzó de vomitar e ao quedarme sen enerxía sufrín unha síncope polo esforzo.

Pero grazas a miña avoa que non aforrou en coidados pora a súa neta, a cousa non foi máis alá.

Estoulle moi agradecida por iso, e por perder toda a súa tarde ao meu lado coidándome coma á súa propia vida. Tamén por todo o seu cariño ao longo de toda a miña vida.

Por iso non comprendo como hai mozos e mozas que tratan mal as súas avoas, cando elas darían a súa vida polos seus netos.


Unha persoa á que admiro.


Daniel Piñeiro Ferradás 3ºB

 

Stephen Hawking é unha persoa á que admiro dende hai bastante tempo. Admíroo porque, a pesar de que é minusválido, fixo moitos descubrimentos  e gañou moitos premios. É un bo exemplo de superación para min, posto que eu tamén padezo unha minusvalía considerable.

 

Cando aos vinteún anos lle diagnosticaron a enfermidade que padece, a ELA (esclerosis lateral amiotrófica), os doutores prevían que lle quedaban dous ou tres anos de vida; mais el decatouse de que estaba disfrutando da vida e a pesar do que os médicos previron segue vivindo aos sesenta e sete anos de idade.

 

Eu padezo unha enfermidade parecida á de Stephen Hawking e sei o que custa aceptar a idea de saber que non poderás volver a andar. Estou seguro de que  a el custoulle máis facerse á idea disto, posto que el camiñaba e facía todo o que fai a xente normal  ata os vinte e un anos,  que foi cando comezou a debilitarse e lle diagnosticaron a enfermidade..

 

A min, a miña enfermidade diagnosticáronma aos cinco anos pero deixei de camiñar aos nove.

Stephen Hawking.

 Aínda que sei que probablemente nunca volva a poñerme en pé, vivo feliz e acostumo a estar sorrindo. Esta persoa é un exemplo para min posto que, a pesar de que sabe que non volverá a poñerse en pé, disfruta da vida  e probablemente máis que algunhas persoas que poden camiñar.


Poemas de amor dunha estrela.

Estrella Pérez Porto 4ºA


Adeus outra vez

 

Quen me vai salvar?

Non vale  o arrepentimento

o dano xa esta feito.

Se o tempo dera  atrás,

se puidese pensar ben

antes deste erro tan grande.

 

Sabes unha cousa?

Estou contenta.

Seguín o meu corazón.

Toda esa ledicia

non compensa o

que estou pasando.

 

Ninguén sabe nada

o tempo pasa

non es ninguén

tampouco para min.

Nun anaquiño de tempo

a soidade chega

e penso en ti.

Bágoas cobren os meus ollos

o meu corazón encóllese

choro

chámote

lémbrote . Pecho os ollos

busco escuridade

esquezo por uns intres.

 

Fálolle ao meu corazón,

explícolle

ti e eu non existe

non vai bater con  intensidade

ao verte,

sentirte

terte preto.

 

Quedou só

ferido

houbo lume

quedaron cinsas?

Levounas o vento

mollounas o mar

enterrounas a dor.

 

Feridas abertas

o tempo cúraias?.

O meu único pecado:

amarte.

 

 

Que medo me dás meu amor!

 

Que medo me dás meu amor!

Que debo pensar de ti?

Ámasme?

 

Escusas

verdadeiras

falsas.

 

Non son capaz

de crerte

porque sinto a dor cerca.

 

Teño medo a

que  pase o mesmo

que o meu corazón volva a sufrir.

 

Que fago, amor?

Se agora para min es o mundo

a luz que alumea cada paso que dou

o alimento que necesito para vivir.


Un futuro infinito

Alba Ferradás Rial 2ºB

 

Ola, chámome Alba, e teño catorce anos. Meu avó é unha das mellores persoas que coñecín, nos catorce anos que levo de vida.

O día vinte e sete do mes de maio do ano pasado, pola tarde, estaba moi contenta, xa que tiña confirmadas as entradas para ir a un espectáculo que a min me gustaba moito. Por iso saín fóra da miña casa e corrín chea de alegría… Ó chegar a un cruzamento de rúas, esvaroume o zapato e caín, mancándome no xeonllo… E alí estaba meu avó dicíndome co cariño que só el sabe: -Nena, ten más coidado, que senón un día destes temos que ir ó hospital.

Cando anoiteceu, fun onda meu avó, e mirei que ía fumar un dos seus habituais puros, e non sei  aínda agora o por qué, pero sentín que tiña que cortarlle eu mesma a punta do puro co aparello que el gardaba nun cuarto, co resto das súas cousas, e no que el sempre se sentaba ó lado da porta. E así o fixen.

                Aquel día transcurreou como un día normal, pola noite ceei, e fun  para cama.

                Ao día seguinte ,tamén comezou con toda a normalidade de todos os díaas:  espertei, almorcei, fun ó colexio comín e merendei.Mais , aquí empeza a diferenza: antes de cear miña nai díxome que fora  buscar os ovos á casa de meus avós.

                Eu seguía coa miña alegría…

                Na casa de meus avós, nese momento, só estaba meu avó, ao que lle pedín os ovos…

Ó acabar de darmos, pasoume unha cousa estraña … Tiven un gran desexo de despedir a meu avó cun bico, cousa que non é habitual pois estouno vendo a todas horas, xa que vive por riba de nós. Pois esa noite, meu avó quedouse cun biquiño meu.

Pola mañá,do día trinta de maio de 2009, levanteime, almorcei e fun coa ilusión de sempre para o colexio, máis aquel día,  porque levaba a revista mensual que mercaba sempre e gustábame lela nos recreos e ensinarlla ós compañeiros.

Ese día estiven moi ben no colexio.

Ao soar o timbre para marachar para  a casa, collín o autobús, e parei na miña parada. Alí  recolléronme e lévaronme para a casa de miña tía, porque, segundo me dixeran, miña nai tivera que acompañar a miña tía ao hospital xa que se sentira mal.

Miña nai e miña tía tardaban. Eu mentres, estiven coa miña prima, pero aínda así, ese tempo foi interminable para min. Pensei que lle pasara algo a miña tía.

Cando miña nai chegou, fun correndo onda ela a preguntarlle que era o que estaba a pasar. Mais, a súa cara xa o dicía todo, era unha cara de tristeza e de poucas palabras. E aquí foi cando miña nai me deu a máis dolorosa das noticias :  meu avó falecera!.  Era incrible, aquel home tan cheo de vida…tan bondadoso…Resistíame a crelo .

Pero era certo, cando mirei a cara de miña nai, chea de bágoas, sentín que por un momento  o corazón se me parara. Algo dentro de min se rompera.

Os primeiros días foron un inferno, algo en min faltaba, penséis que nunca máis me ía recuperar…Pero a vida segue…

Sentín que o mundo se acabara xunto coa miña vida.

Todo me recordaba a el. A porta do cuartiño pechada… miña avoa choraba… toda a felicidade que   tiña esvaeceuse nun momento.

Pensei que nunca me ía a recuperar, pero conseguino.

Téñoo sempre presente, e xamais me esquecerei daquel home que nos facía rir, e que vivía o día a día cun futuro infinito.

Unha noite con Slipknot.

Miriam Seijas Cabodevila 4ºA


Aconteceu o día 7 de Xullo do 2009. Eu espertei ás nove da mañá, pensei que durmiría menos, e ansiosa fun almorzar . Rematei de prepararme cerca das once. Inda tiña que esperar ata as catro para marchar!. Pasei o resto da mañá toleándolle a cabeza a miña nai e a meu irmán.

            Por fin deron as catro da tarde! Eu e meu irmán dirixímonos ao lugar acordado, onde nos reuniríamos cos amigos que nos levarían a Santiago. Durante todo o camiño fumos escoitando cancións do grupo que iamos ver.

            Aquí hai que aclarar que eu ese día vestinme como unha completa fan: Camiseta do grupo e un gorro igual ao que leva en ocasións o cantante, que merquei en Alemaña.

            Chegamos a Santiago ás seis da tarde, pero as portas non se abrían ata as sete, así que fomos mercar algo de comer e de beber.

            Por fin chegaron as sete! Eu nerviosa e ao borde dun ataque de ansiedade fun para dentro e a verdade é que me alegrou poder entrar sen ningún problema e á primeira. Alí estabamos nós, rebordantes de felicidade, vendo o escenario onde en dúas horas comezaría a tocar Machine Head, grupo que eu non coñecía e onde en tres horas e media comezaría Slipknot, grupo polo que eu estaba alí.

            E alí comezou Machine Head. Simplemente quedei sorprendida. O seu son puido ser mellor, pero inda así non tiven queixa. Todo o público acabou con algunha que outra mazadura, pois todo o mundo empuxaba a todo o mundo. Eu dentro do que cabe rematei bastante ben, que digo, rematei de marabilla, pois a bebida dun dos do grupo rematou caendo no meu cóbado esquerdo.   

    

Eran xa as 22:30. Todos, ou polo menos gran parte do público, foron mercar de beber ou ao servizo, pero eu non me movín de alí, vaia, si me movín, pero para achegarme mais ao escenario. Alí quedei eu, cansa de tanto saltar e morta de calor, pois non quitei o gorro en case todo o día, esperando a que saíra o grupo e sobre todo, esperando que aparecera Corey.

            A verdade é que tardaron en saír, pero inda así apareceron puntuais. Alí estaban todos, en fin, todos non, pois un dos percusionistas tivo que ir a EEUU pola morte dun familiar.

Comezou o concerto e eu comecei a saltar de novo. Hai que dicir que no concerto de Slipknot o son foi boísimo. Cada golpe que se escoitaba na batería ou na percusión, escoitábase moito mais que os latidos do meu corazón. A medida que avanzaba o tempo o concerto ía a mellor. Corey (vocalista) falou bastante con nós, ata nos avaliou. Por suposto, todos aprobamos.  

            Chegou o tema de Spit It Out e con este tema tamén chegou o mellor momento da miña vida, pois na metade da canción comezaron a gravarnos e eu pedinlle a meu irmán que me subira aos seus ombreiros. El, como bo irmán que é, subiume, e estando alí arriba, Corey, que manexaba unha cámara no escenario, comezou a gravarme. Eu non sabía que facer, pero el seguiu gravándome e para sorpresa miña, Corey, o vocalista dos meus grupos favoritos e o meu ídolo, sinaloume e fíxome o saúdo heavy!!!

E todo iso por ser a única entre todo o público en levar un gorro como o que el ten. Despois diso mandaron que nos sentásemos e iso fixemos. Eu, por suposto, xa comezara a chorar de felicidade polo que acabara de acontecer.

            Comezou a canción de novo e todo o público pegou un chimpo tremendo dende onde nos sentaramos.

Rematou a canción e con iso o concerto. Meu irmán volveu subirme e alí fun eu chorando a berrarlle a un dos percusionistas que me lanzase as súas baquetas, que lanzar lanzounas pero colleumas outro, así que mandei a paseo ao percusionista e comecei a chamar polo DJ (ao que pasei todo o concerto insultando) para que me lanzase o ramo de flores que había na percusión do que non puido ir. El lanzouno e alí fomos todos coma tolos.

            Eu collín tres ramas pero como unha non me gustaba regaleilla a un que me pedira algunha.

            E aquí remata todo, pois despois diso saímos e regresamos xa para a casa. Eu por suposto pasei chorando todo o camiño de regreso e inda sigo emocionándome cando vexo as fotos, os vídeos, a entrada, as dúas ramas e sobre todo cando vexo o gorro grazas ao cal Corey me viu.

            Ese foi o 07/07/09, unha data que xamais hei esquecer. 



O Barbeiro de Sevilla

 

Aida Carballo Fazanes 2ºB

 

 

 

 


O pasado xoves 12 de novembro os alumnos de 2º, 3º e 4º fixemos unha viaxe polo marabilloso mundo da música, ata a  ópera ‘‘O Barbeiro de Sevilla’’. Esta ópera compúxoa Gioacchino Rossini xa hai tempo, pero volveu rexurdir agora na actualidade.

Unha vez xa en Pontevedra sentados nos nosos correspondentes asentos, sumerxémonos na ópera bufa O Barbeiro de Sevilla.

A ópera tiña como unha das protagonistas a Rosina una moza orfa moi guapa, que vivía co seu titor Bartolo, e que apenas a deixaba saír da casa, agás para tomar clases co profesor de música e cura Basilio.

Rosina estaba namorada do Conde de Alma Viva, pero o seu titor Bartolo non lle gustaba nada isto, xa que el quería casar con ela pola súa gran herdanza. O Conde de Alma Viva, tamén atraído pola beleza de Rosina e axudado polo Barbeiro de Sevilla (que lle dou moitos consellos)  logrou conquistar a Rosina e casar con ela.

Interpoñéndose no camiño destes dous namorados estaba Bartolo e o seu cómplice Basilio. Bartolo tentaba separalos, mais cando el menos o esperaba atopounos aos dous xuntos e xa non puido facer nada, mais que asumilo.

Nesta hora e media de ópera tivemos  o gusto de escoitar a unhas marabillosas voces acompañadas duns músicos excelentes. Gustounos e disfrutamos moito, pois algúns de nos nunca viramos unha ópera en directo.

Se puideramos mellorar algo eu diría que os actores cantasen un pouco mais claro, xa que ao non estar acostumado a escoitar cantar aos operistas custounos un pouco entendelos


O meu avó


Aida Carballo Fazanes, 2º B.

 

Na miña vida hai moitas persoas importantes e, sen dúbida, una delas é o meu avó.

 

Chámase Manolo; agora el ten sesenta e cinco anos, pero se o ves, paréceche que ten cincuenta.

 

Meu avó sempre foi unha persoa moi especial para todo o mundo, pois, a súa bondade, a súa forza de superación e as súas ganas de vivir son admirables.

 

Dende novo traballou no mar. Botaba longas tempadas fóra da casa: seis, oito ou nove meses. Este traballo non lle gustaba moito pois a súa familia vivía en Cela e botábano mito de menos.

 

Vouvos contar unha das súas aventuras como mariñeiro: sucedeu cando eu acababa de nacer e a miña avoa moi contenta foi chamalo por teléfono para comunicarllo. Era raro, pero por máis que o intentaba meu avó non collía o teléfono e, a miña avoa xa empezaba a estar un pouco preocupada.

 

Pasados xa dous días, chamounos e mostrándolle alegría, miña avoa comunicoulle o do meu nacemento, mais el non parecía estar moi contento coa noticia; entón, miña avoa que xa levaba moitos anos convivindo con el, notoulle algo raro. Preguntoulle que lle pasaba e, el con bágoas nos ollos, contestoulle que todos os tripulantes do barco e el tamén estaban apresados.

 

Miña avoa asustouse moito e preguntoulle o motivo. O avó contoulle que a policía de mar tíñaos apresados porque dicían que estaban pescando en augas prohibidas, cousa que non era verdade.

 

Os días ían pasando e meu avó estaba cada vez máis desesperado. Por unha banda, o asunto era grave e por outra non podía pensar que eu xa nacera e non podía verme.

 

Ao cabo de vinte días eternos deunos unha enorme sorpresa. Tocaron o timbre, foron ver quen era e... o avó atopábase na porta. Tiveran un xuízo, que gañaran, e á mínima oportunidade que tivo colleu un avión para volver á casa e verme a min e máis ao resto da familia.

 

Agora, xa xubilado desde hai uns anos, xunto coa miña avoa disfrutan das súas netas, Aida e máis Antía.

 

¡Quérovos moito, meus avós!


Recordos.


Idoya Cancelas León  3ºA

 

Para contar esta historia debo retomar a xuño de 2008. Por esas datas un coche matárame unha gata persa que me regalaran. A pena fora tal que eu non quería ir ao cumpreanos dun rapaz, uns días máis tarde.

 

O mesmo día do cumpre, a miña nai voltou de mercarlle o regalo e viña cunha amiga. Traía unha caixa cunha gatiña de dous meses aproximadamente. Ela dicíame: a gata é dela (referíase a miña amiga). Pero eu sabía que me intentaba enganar. Collín a gata e mireina. Nunca vira cousa máis linda: tiña o pelo amarelo case branco e os ollos cor mel intenso. Miña coitada! Estaba asustada da viaxe. Deixeina no meu cuarto, enriba da cama e marchei ao cumpreanos.

 

Ó voltar non a atopaba.Busqueina por toda a casa e non dei con ela. Cando xa me ía deitar deume por remexer nos caixóns dos calcetíns e alí estaba, durmida. Ía vivir dentro da miña casa. Mercarámoslle xabrón, colonia, comida especial para gatos persas, area e ata un peite para o seu pelo. Os primeiros meses portábase moi ben pero a miña nai decidiu botala fóra porque comezou a mexar fóra da area. A gata era lista: ía ao baño, Facía as súas necesidades no chan e logo coas poutas arrastraba a alfombra ata tapar os excrementos. Por certo, a gata chamábase Missi, aínda que eu quería porlle Mostaza.

 

 

A gata Missi.

 

Cando case cumprira un ano quedou preñada e tivo catro gatiños: dous deixounos morrer de fame e os outros dous tiven que darlles eu cunha xiringa o leite.

 

Saíron adiante, pero a filla, que se chamaba Esme desapareceu un día pola mañá e voltou pola noite. Eu durmira moi contenta porque a encontrara, pero á mañá seguinte atopámola morta.

 

 

O gato Esme.

 

O seu irmán: Carlisle, ou Peluche como se empeñaron na miña casa, seguiu a súa vida. Queríalle máis a aquel gato que á miña vida. De feito formaba parte da miña vida. Unha noite, cando cheguei á casa e non o mirei no portal a recibirme, saín correndo na súa procura, lanterna en man.         No medio da noite vín un vulto tirado no chan. Temín o peor, pero ao tocalo descubrín que estaba vivo. Collino e leveino para a miña casa.

 

 

Carlysle e Nyko

 

Como era domingo e estabamos en vacacións pasei toda a noite no sofá con el nos brazos, tapado con toallas. Pasei así unhas seis ou sete horas.

 

Cando os meus pais se levantaron, o primeiro que me dixeron foi: " Que, xa morreu o gato?". Nese momento, matáronme. O certo é que o gato estaba vivo, pero convulsionábase cada dous por tres. Levámolo ao veterinario. Alí intentáronlle inxectar soro pero o pobre animaliño era tan pequeno que as agullas non lle collían as veas, que eran máis pequenas. Ao final púxolle unha inxección e, pouco a pouco, foi progresando ata recuperarse de todo. O gato envenenárase comendo herbas con herbicida.

 

Despois deste envenenamento quedoulle a barriga un pouco inchada. Mercámoslle un colar azul cun axóuxere. Quedáballe xenial. Cada vez que chegaba do instituto oíase o meu gatiño.

Todos os días, cando chegaba da escola, antes de entrar na miña casa, ía xunto os meus gatos a ver como estaban. Algunhas noites, case sempre cando había chuvia, abríalles a ventá do meu cuarto e os gatos todos aniñaban nun cestiño na esquina.

 

Pero o meu peor pesadelo sucedeu haberá un mes. Ese día cheguei á casa e non me fixei nos gatos. Seguramente ía distraída e fun directamente para a miña casa.

 

Ao entrar o meu pai díxome: " Vai xunto a túa nai". Alá fun e reuníronse os dous ao meu carón. "Temos unha mala noticia ", dixo a miña nai. Eu instintivamente dixen: " Morreu algún gato?". "Morreu Peluche": dixo miña nai. Nese momento derrubeime. Véuseme o mundo enriba e botei a chorar ata non poder máis. Cando me calmei un pouco fun xunto dos meus pais e pedía máis explicacións. Fora a miña nai, ao aparcar o coche no garaxe; esmagoulle a cabeza.

 

E, o peor de todo é que non o enterraron. Non: tirárono ao lixo. Marchei outra vez, afogada en bágoas ao colector de lixo. Remexín nel, mais non atopei o meu gato. Nese momento botei tal berro  que me escoitaron todos os veciños. Os meus pais sufrrían, pero non polo gato, senón polo sufrimento que a súa morte provocara en min.


Campaña planetaria: 350. Ano 2009 (350 partes por millón é a máxima cantidade de dióxido de carbono que pode haber na atmosfera antes de que o cambio climático sexa  irreversíbel). www.350.org

 

 

 

Anxo Fariña e os Megatoxos.En novembro visitounos Anxo Fariña facendo unha exhibición das súas habilidades artísticas e falando do seu último libro dos Megatoxos.

 

 

 

 

Magosto 2009. Celebrouse un ano máis a antiga festa do magosto, organizada por alumnas e alumnos de 4º.

 

 

 

Biblioteca 2009: adquiriuse novo mobiliario para ler comodamente.

 

 

 

Cafetaría 2009: un recreo.

  


Confraría de Pescadores 2009: Bueu Informa trouxo novas actividades en novembro.

 

 


Contacontos: Organizado e dirixido por Antón, e no ámbito das actividades de Normalización Lingüística desenvolveuse un obradoiro de contacontos que rematou nunha xornada contando contos no colexio A Pedra.

 

 

,

 

Luis Davila, o debuxante e humorista gráfico de Bueu, moi coñecido pola súa sección “O bichero” no Faro de Vigo, impartiu unha charla no IES Illa de Ons na que explicou o seu traballo.

 


A morte

 

1.A Santa Compaña

Aida Carballo -2º B

 

Cando aínda eu era unha cativa, meu avó contoume unha historia que di que lle ocorrera a un amigo seu e eu xamais me esquecín dela.

Alá polo mes de decembro, xa inverno, viña o amigo de meu avó, montado a cabalo, de xogar a partida na taberna. Xa era noitiña, unha desas noites frías e escuras que soe haber nesas datas.

Polo camiño de volta á casa, sentiu que alguén lle agarraba con forza a boina. Un medo percorreu todo o seu corpo e obrigouno a marchar a toda présa.

 

 

 

Pensaba que era a “Santa Compaña”, unha procesión de mortos ou almas en pena que pola noite percorren as sendas e camiños dunha parroquia.

Esta procesión vai encabezada por un vivo portando unha cruz e un caldeiro de auga bendita, seguido por todas as almas con velas acesas, non sempre visibles, notándose a súa presenza  polo cheiro a cera e o vento que levanta ao seu paso.

 

“...notándose a súa presenza  polo cheiro a cera e o vento que levanta ao seu paso.”

 

O medo que tivera o amigo de meu avó obrigárao a fuxir espavorecido.

Mais ao día seguinte pola mañanciña, cando volveu pasar polo mesmo camiño, decatouse que a súa gorra aínda permanecía alí enganchada nunha silveira. Nese momento puido respirar con tranquilidade porque se deu conta de que todo fora unha ilusión.

 

2.A Santa Compaña


Irene Santos 2ºB

 

A miña avoa contoume que cando era nova, na aldea vivía unha muller moi rara, que case nunca che falaba e sempre levaba colgada á cintura unha fita con moitísimas chaves e tamén con algúns rosarios, esa muller vivía en Cabalo. Dicían que pola noite ía coa Santa Compaña. A muller sempre pasaba de noite polos camiños coas chaves penduradas e cun farol na man. Moitos veciños dicían que a viran nun cruzamento de catro camiños a rezar os “evanxelios”, co rosario na man. O cruceiro no que rezaba todas as noites era o do Cristo de Morouzos.

 

3.Premonicións, agoiros.


Irene Santos 2ºB

 

Tamén me contou outra historia, de cando  meu tío era novo. Meu tío  ía traballar á Graña e logo ao mediodía ía xantar á casa dunha señora moi boa, que quería moito a meu tío. A muller tiña os seus cincoenta anos, pero semellaba máis nova, porque se coidaba moito.

Un día ao acabar de comer, como estaba bo día, o meu tío quedou na  casa daquela muller, da que saíu de noite cara á súa. Contra as doce da noite, cando estaba chegando á súa casa ,decatouse de que as silveiras, que un veciño poñía arredor da viña para que os rapaces non lle foran ás uvas, de repente, levantáronse e de seguido volvéronse colocar no seu sitio ; meu tío botou a correr todo canto puido e cando chegou á  casa, empezou a chorar contando que as silvas se levantaran, pero que non vira a  ninguén, e que tampouco había vento. Mais ,algo había pasar: ao día seguinte a muller da casa  na que comía o meu tío, apareceu morta. El asegura  que aquilo fora un sinal.

 

4. A Santa Compaña


Carla Pereira 2ºB

 

            Contoume meu avó que na parroquia onde eu vivo, un día, un home regresaba do traballo cando xa era  noite e, como case todos os camiños antes non tiñan luz e aquel era, ademais, moi estreito, aquel home sentiu como lle enganchaban a pucha por detrás e o medo paralizouno,non foi quen de xirar a cabeza e fuxiu como alma que leva o diaño,pensando para os seus adentros que fora a Santa Compaña quen lle tirara a súa pucha.

            Ao día seguinte,cando o home ía para o traballo polo mesmo camiño, topou a súa pucha pendurada dunha silveira. Menos mal que o home non contara a súa aventura se non…

 

5. A voz misteriosa


Carla Pereira 2ºB

           

Meu avó di que antes a carón do cemiterio de Bueu había unha tenda de comestibles. Nunha ocasión uns rapaces pillabáns leváronlle da tenda dúas caixas de figos e, para asegurarse de que non os ían pillar, metéronse dentro dun nicho do cemiterio que estaba baleiro. Alí comezaron a repartir a primeira caixa dos figos: dous para ti, dous para min, outros dous para ti, outros dous para min..., e así ata que remataron de repartilos todos, entón Manuel berrou:”agora imos polos de fóra”. Unha velliña, que pasaba a vida visitando o nicho de seu home por ver se tiña as velas acesas, escoitou a voz e decatouse de que viña dun nicho perto do do seu home. Á velliña, quen a vía correr! Pensaría que algún morto revivira e a viña buscar, pero ela aínda non quería ir.

 

6. O paxaro da morte.


Alba Ferradás Rial 2ºB

 

Esta historia que vou contar a continuación contouma miña avoa.

Daquela dicían que quen vira o paxaro negro,”o paxaro da morte” e o oíra cantar, ía fuxir a correr aterrado porque  era sinal de que ía morrer alguén relacionado con esa persoa..

“Era unha noite escura de inverno. Eu dirixíame á miña casa pola rúa vella de volta do traballo.

Tiña tanto medo que me metín polo lugar equivocado.

Aquela zona xamais a vira, polo que estaba perdida. Intentei atopar unha saída pola que volver á miña casa  e, nun recanto, apoiado nunha pequena árbore, atopábase un estraño paxaro  de tamaño máis ben grande e negro coma a noite. Non sei que ave era aquela, mais o único que sei é que cando o vin comezou a cantar á vez que un calafrío me percorría o corpo.

Aquel paxaro queríame dicir algo, pero qué?.

Funme correndo e metinme por un cruzamento... Por fin coñecía xa a zona! Cando cheguei á casa deiteime na cama e pensei no paxaro, sen sacar nin sequera unha dedución.

Xa era tarde e durmin.. Sí, eu durmín, mais, alguén, aquela noite, durmiu para xamais espertar… 

 

7. O paxaro da morte.


Hugo 2º B

 

Hai tempo unha compañeira de primaria comentárame unha historia que lle contaran na casa. A historia trataba dun paxaro branco, parecido a una pomba e que berraba coma as cabras; por iso lle chamaban “paxaro cabra”.

Dise que se oes o paxaro cabra berrar, ao día seguinte é morte segura de alguén.

Un día Vanesa, que agora anda en primeiro, contoume que nunha ocasión un veciño dela saíra a andar pola noite e oíra o paxaro cabra berrar. Segundo me contou, mesmo ao día seguinte non, mais, de alí a dous días morreu un veciño.

Daquela, cando mo contou eu crino porque era aínda un cativo e ao

 

 

chegar á casa comenteillo a meus pais. Eles encargáronse de sacarme case todo o medo que levaba no corpo, porque me dixeron que debería ser casualidade, e aseguráronme  que a causa da norte desa persoa, non fora o paxaro.

Aínda así, onde vivo eu, polas noites escoito berrar paxaros cabra, e dende aquela aínda me asusto un pouco.

Tamén me contou meu tío que antigamente a súa nai ,ía limpar ao colexio de Cela,e viña polas noites. Antigamente non había moitos coches ,e ela ía e viña andando. Algunhas veces a súa neta acompañábaa.

Un día pola noite cando regresaban á casa as dúas, despois de limpar o colexio, viron o paxaro cabra no pau da luz e decatáronse de que o paxaro as ía seguindo de pau en pau ,ó tempo que ía berrando. A nai de meu tío , que sabía desa lenda ,fixo todo o camiño co corpo arrepiado, mais non lle contou nada do que sabía á súa neta para non meterlle o susto no corpo.

Ao chegar á casa contoulle o que lle pasara ao seu home.Daquela,ao cabo duns días morreulle unha filla de accidente de tráfico. Era unha irmá de meu tío. Non se sabe, sería a lenda do paxaro cabra ou unha coincidencia..

 

8. Visión de mortos.


Jacobo Soage,2ºB

 

Contoume o avó que un día, coma sempre, pola mañanciña, saíu traballar e cando se atopaba entre a súa casa e a do veciño, viu un home de Beluso, que el coñecía ben, como cruzaba a estrada por diante da porta do garaxe do veciño; canto se sorprendeu meu avó, pois sabía que aquel home tiña que estar no mar de altura. Cheo de medo seguiu o camiño ata chegar á praia de Beluso, onde tiña que embarcar.

De alí a poucos días sóubose que aquel home que el vira tan claro, falecera. Cando meu avó se enteirou da noticia correu cara á súa casa, meteuse dentro e non saíu dela nun mes.

Tamén me contaron que un día, a curmá de miña nai soñou que estaba na veiga co seu fillo pequeno e que nun despiste, ao meniño picouno unha serpe. A nai que sabía o dito da picadura da serpe negra, estivo unha tempada moi alporizada.

Un día a curmá de miña nai foi traballar e deixou o meniño a cargo da avoa. O neno saíu a correr e botouse a cruzar a estrada, veu un coche e atropelouno, causándolle a morte.

 

9. Ditos e crenzas.


Alba Rial 2ºB

 

-Se vai un morto á praia, sete en raia.

-Se nun mes morren dous, non hai dous sen tres.

-Cando van levando o defunto na caixa dende a igrexa ata o cemiterio, se alguha das flores das coroas,na mesma semana ha de morrer alguén.

-Cando o can da familia oubea sinala que moi cedo vai morrer algunha persoa desa familia.

-Téñense dado caso de xente que viña doutros lugares , á que lles parecía que os perseguía unha gran sombra  e non eran quen de levantar a cabeza nin a ollada, arrepiados co medo. Nesa semana había falecer algún membro da súa familia.

-Cando os corvos grallaban e se pousaban no tellado de algunha casa ou cando andaban moito tempo perseguindo ás persoas, os que viviran nesa casa, morrerían nos proximos días. Os corvos eran un sinal de mal agoiro.

-Se a alguén se lle aparecía a persoa que ía morrer, con roupa de diario, había morrer nun prazo de sete anos; mais se se aparecía coa roupa de festa, era seguro que ía morrer axiña.



Vacacións en Punta Cana.


Jonatan Lobeira. 4ºA

 


Domingo 11/10/2009

Luns 12/10/2009


                      

 

O día 11 de outubro emprendín unha viaxe inolvidable con miña prima a Punta cana, na República Dominicana.

 

Ás 17:45 aterramos no aeroporto internacional de Punta Cana, onde a temperatura notábase moi elevada en comparación coa de España: habería uns 29 graos.

 

O aeroporto era feito de madeira e o teito de palla, tamén tiñan uns ventiladores grandísimos que penduraban do teito.

 

Mentres nos dirixiamos ao hotel no autobús coñecemos a Prado e Alberto que era un matrimonio que tamén ían de vacacións el  (Alberto) era dominicano e ela (Prado) era española.

 

Martes 13/10/2009

           

Ás 12:30 fomos á parada do autobús e collemos unha “guagua” que son unhas furgonetas nas que a xente vai moi apertada e fan como servizo de taxi polas grandes vilas da zona.

 

           

Cando chegamos á vila chamada Friusa. Desmontamos da guagua e buscamos unha casa de cambio para cambiar algún carto.

 

            Máis tarde fomos dar unha volta pola vila. Ao rematar  xantamos nun restaurante da vila.

 

            Despois collemos outra guagua cara ao hotel. Alí fomos á praia e á piscina e logo fomos cear e ao cuarto porque estabamos moi cansos.

 

Xoves 15/10/2009

 

 

Hoxe iamos ir á illa Saona.

 

De camiño á illa paramos nunha piscina natural onde se podían observar estrelas de mar, a piscina estaba situada a dous quilómetros de terra firme. A auga daba polos xeonllos. Estivemos case unha hora, e despois embarcamos cara á illa. A illa estaba deserta. Miña prima e máis eu fomos ao final da praia para estar tranquilos, a auga estaba moi quente. Máis tarde fomos comer e pasalo ben coa música.

 

Saímos da illa para un catamarán que nos levaría de volta.A bordo do catamarán había música e bebidas. A viaxe durou case dúas horas porque íamos a un ritmo lento.

 

 

 

Cando iamos na guagua camiño da vila onde tiñamos que coller o autobús parounos un control do Servizo Antidrogra do país. Andaban a facer controis porque había unha hora que unha avioneta tirara fardos de droga no país e as autoridades estaban avisadas.

 

Venres 16/10/2009

 

Excursión a Santo Domingo, a capital da República Dominicana.

 

Ao chegarmos a Santo Domingo fomos ao “Parque de los tres ojos”. Despois de ver a cova dirixímonos no autobús a ver algúns monumentos e fomos á Fortaleza de Diego Colón que se encontra ao lado da Praza de España. No seu interior podíase observar como vivía Diego Colón na súa época. Ao saír  fomos comer a un restaurante próximo. Ao rematar  fomos andando ata a rúa  do mercado colonial, onde se encontran un montón de tendas.

 

 

 

Sábado 17/10/2009

 

 

Cabo Hiuma, onde se localizaba unha cova cun gran lago.

 

De camiño á cova parounos un control dos militares e inspeccionaron o taxi. Cando saímos do control seguimos o noso percorrido até a vila, que era unha das máis tranquilas do país. Ao chegar á cova entramos e podíase observar a súa estrutura.

 

De camiño ao hotel pasounos unha cousa moi rara: de súpeto miramos a unha moto que atropelara un porco. Alí os porcos están ceibes pola rúa. O taxista parou e meteuno no maleteiro. Os señores que o atropelaran pedíronlle algo a cambio do animal. O taxista non lle deu nada.

 

Luns 19/10/2009

Martes 20/10/2009

 

O luns marchabamos sobre as seis menos cuarto cara ao aeroporto.

 

As once da noite embarcamos  no avión que nos levaría ata Madrid. Ao saír do aeroporto había unha treboada  e chovía moito pero notábase a presenza da calor.

 

 

 

 

FOTOGRAFÍA

Raquel 4ºA

 

O  ano pasado espertou un interese en min moi grande pola fotografía.

 

Metéuseme na cabeza preparar o curso de imaxe. Fun falar coa orientadora para que me aconsellara que bacharelato debía escoller e o que tiña que escoller, segundo o que me dixo era un tecnolóxico.

 

A min entusiasmábame a fotografía e entusiasmábame daquela aínda que non dispoñía dunha cámara fotográfica.

 

Conteille á miña irmá maior o tema e díxenlle que ía pedirlle aos nosos pais unha cámara dixital por reis, e así sucedeu, pedínllela pero comunicáronme que non ían poder. Eu quedei desilusionada xa que se achegaba o Nadal e non ía ter o agasallo que eu máis quería.

 

 

Miña irmá Sonia, a maior, coñéceme moi ben e sabía que eu desexaba esa cámara.Non sei como pero ocorréuselle a idea de que entre ela, os meus pais e a miña outra irmá, en conxunto co meu cuñado compraríanme a cámara. Pero non me dixo nada a min, quería regalarma por sorpresa.

 

E así ocorreu. O día de Nadal eu espertei moi encabuxada porque non ía recibir o agasallo que eu necesitaba.

 

Cando cheguei a xunto miña nai díxome: Non vas ata a árbore? E eu contesteille que non, que para que ía ir se non tiña nada para min. Ela insistiu e cando cheguei ao alcance da árbore mirei una caixiña cadrada na que figuraba claramente o meu nome: Raquel.

 

Eu abrina ilusionada e cando vin que a caixa contiña unha cámara debuxada, o primeiro que sucedeu naquel momento, foi que comecei a pegar saltos e a comunicarlle as grazas a miña nai e a bicala pola emoción.

 

 

 

 


 

 

Logo, dirixinme á caixa, abrina e dentro tiña unha carta escrita por Sonia na que se encontraban os nomes de quen contribuíra a regalarma e unhas palabriñas máis. Eu emocioneime moitísimo!

 

Sempre lle quitaba fotos aos meus sobriños.

 

Este ano comecei a interesarme moito máis, Miriam, a miña mellor amiga e máis eu comezamos a descargar programas para retocar fotos, engadir efectos e cousas así.

 

Cada vez que saímos da casa pasamos todo o día a sacar fotografías: ata realizamos unha sesión fotográfica na miña casa.

 

Tamén creamos un Myspace no que soamente colgamos fotos preparadas por nós. O Myspace está feito por Miriam, a nosa amiga arxentina Fanny, á que tamén lle encanta a fotografía e máis eu; aínda que a idea ocorréuselle a Miriam, todo hai que dicilo.

 

Tamén pensamos en mercar una cámara semiprofesional pero custan moitísimo e, eu polo menos, teño que comezar a aforrar, posto que Miriam xa a ten nas súas mans. Serán dous ou tres anos aforrando pero coido que pagará a pena.

 

            Se queres visitarnos, estamos en:

 

http://www.myspace.com/sistersmaggot_photography


Un amigo do Sahara.


Miriam Ferradás González 3ºB

 


Unha  das persoas a quen admiro é un neno de sete anos chamado Buceid, que vive no Sáhara. Para a súa idade ten unha estatura baixa. A súa pel é morena, pois pasao día baixo o sol. Ten os ollos marróns e o seu pelo é moi negro e algo rizo.

     O Sáhara é moi diferente a calquera país de Europa ou de outro lugar onde nos imaxinemos vivir nós. As súas malas condicións por falta de auga, comida, hospitais, unha casa… fan que a súa loita por sobrevivir sexa dura. Buceid reside nun campo de refuxiados en Tinduf, situado ao oeste do gran deserto. Grazas a algunhas persoas que se ocupan deles, nenos como el poden coñecer un mundo diferente, como é para eles o noso. Viaxan os dous meses de verán, nos que descubren moitas cousas novas: observar o mar, ver caer a auga dunha billa e coñecer todas as modernidades que temos nós. Os seus costumes, a súa relixión e as súas afeccións son moi distintas ás nosas. Cren noutro Deus, rezan doutra maneira, teñen outras comidas…

     Desde pequena gustoume ter amizades con xente doutros países e intentar axudalas. Hai dous anos cumpriuse o meu sono. Unha prima da miña nai adoptou no verán a Buceid. Coñecémonos na praia. Alí empezamos a xogar e colleume confianza.

     Pasamos todo o verán xuntos; cada vez levabámonos mellor. Ás veces enfadábase pero falaba con él e xa se poñía ben. Habíase convertido coma nun irmán pequeno para min. Os días pasaban e o verán acabábase. Buceid tiña que regresar o Sáhara coa súa familia e a súa xente. A verdade é que foi moi duro saber que nun ano non o volvería a ver. Chegou o seguinte verán e eu estaba ansiosa por estar con el. Había crecido un pouco pero estaba moi delgado. Volvemos recuperar os momentos alegres na praia, nas festas… Os dous marabillosos meses volveron a pasar e Buceid tivo que regresar ó cruel deserto. Esta vez era máis maior e custoulle máis deixar a familia e amigos que tiña aquí. Pero tamén quería regresar o seu pobo para abrazar ós pais que o trouxeron ó mundo, á familia e ós amigos de alí.

     O malo é que dentro de uns anos Buceid será maior e xa non poderá vir máis. Tendrá que deixar que outros nenos pequenos  sexan o feliz que foi el aquí. Eu non me podo facer a idea de non volver a velo. Por iso agora meu sono e viaxar o deserto do Sáhara cando sexa maior. Encantaríame coñecer a súa cultura e a súa xente.

     Son moitas as cousas que admiro del. É unha marabilla de neno; loita por conseguir o que quere para axudar a outras persoas inda que sexa duro o camiño. Aprendín moito del,da súa forma de ser, da súa forma de actuar… 



PSA PEUGEOT CITROËN

Jonathan Lobeira 4A.


O pasado 18 de novembro asistimos a fábrica de automóbiles   PSA-Peugeot-Citroën situada na cidade de Vigo. A visita organizábaa o departamento de tecnoloxías.

Cando chegamos  dirixímonos a unha sala onde nos tivemos que cambiar e vestirnos como uns pallasos:  unha bata co logotipo da empresa, un chaleco reflectante, unhas punteiras de aceiro para as dedas e unhas gafas protectoras.

A fábrica conta con tres estruturas: talleres; embutición e ferraxe ; pintura e montaxe. Tamén conta cun centro médico e unhas salas de descanso para os empregados .  Nós non visitamos toda a fábrica, só as partes mais importantes.

Algúns quedabamos asombrados  ao ver os nosos amigos os robots, traballando sen descanso cos obreiros da industria.

Na factoría traballan aproximadamente nove mil persoas en todos os sectores, e a empresa automobilística produce diariamente 2.200 vehículos que se reparten por todo o mundo.

Para algúns era a primeira vez que visitabamos unha fábrica e quedamos algo sorprendidos sobre o funcionamento desta.

Ao rematar a visita dirixímonos a tomar unhas fotos para levar de recordo .



Concurso “Adiviña quen é quen”.

(Concurso suxerido por Noa, alumna de 3ºB).

Na orla da páxina seguinte, que aparecerá tamén exposta nunha vitrina do centro, encóntranse fotografías do persoal do IES Illa de Ons (non só do profesorado, senón tamén doutras persoas que traballan no IES). O problema é que as fotografías fixéronse hai algún tempo e non sabemos moi ben quen é quen.

Adiviña o nome que corresponde a cada número e obtén como premio un bono doado polo IES Illa de Ons para adquirir libros ou música por valor de 30€.

Obterá o premio a persoa que logre o maior número de acertos.

No caso de empate, realizarase un sorteo para decidir quen obtén o premio.

En conserxería poden recollerse os papeis para participar, que se introducirán nunha caixa de correo situada cerca da entrada.

Data límite para entregar a participación: 18 de marzo de 2010.