Voces relacionadas co mundo clásico

Imos partir, para seguir co tema do léxico, precisando o significado de voces cultas derivadas da mitoloxía e da historia greco-romana.
Os distintos deuses tiñan unha función ben definida. Recordade que o soberano de todos era Zeus-Xúpiter, só limitado no seu poder polo destino e as Parcas.
Estes deuses caracterizábanse polas mismas cualidades e vicios que temos os homes, pero eles eran inmortales.
As lendas inventadas por este antigo pobo forman un poético conxunto chamado mitoloxía, e foron quen de fascinar a poetas, escritores e artistas de todas as épocas.
Estes mitos e algúns feitos históricos produciron un número interesante de voces que xa son clásicas na nosa linguaxe.
Aquí van algunhas delas:


-Sentirse, ser, verse coma un Adonis: quere significar que alguén ten un aspecto físico perfecto.
Adonis, fillo de Cíniras, rei de Chipre e de Mirra, foi recollido por Afrodita quen llo confiou á raiña dos infernos, Perséfone. Esta prendada do rapaz negouse a devolvelo. Afrodita, tamén enamorada del, queixouse ante Zeus, quen salomonicamente decideu confialo a Perséfone un tercio do ano, a Afrodita outro e darlle libertade para elexir onde vivir o último tercio. Pero un xabarín atacou a Adonis con resultado de morte. Artistas e poetas cantan nas súas obras este triste momento.
Da sangre derramada polo mozo brotou a anémona, primeira e efímera flor da primaveira.

É un mito moi simbólico, pois representa a vexetación que descende ao reino dos mortos para xunguirse a Perséfone durante o inverno, volve á terra na primaveira para unirse ao amor co fin de abrirse e fructificar no verán. Representa a morte e resurrección da natureza renovada sen cesar no transcurso dos anos.

-Alimentos ou medicamentos afrodisíacos: son certos estimulantes do apetito sexual.

Este termo orixínase de Afrodita, deusa do amor e da beleza. Da voz ἄφρος, escuma, alude á crenza de que foi formada coa escuma do mar. Infiel esposa de Hefestos-Vulcano, tivo numerosos amantes divinos e humanos, como Adonis. É protectora do amor sensual, representada cabalgando a un castrón, representa a luxuria.

-Anfitrión: Esposo de Alcmena, permitiu que a súa esposa, embarazada, concebira un novo fillo de Zeus(Heracles-Hércules) aos que dará a luz ao mesmo tempo, como se de xemelgos se tratara. O feito de ser tan xeneroso levou a este nome propio a considerarse como sinónimo de persoa que pon ao servicio dos seus invitados todo o que precisen con enorme dadivosidade.

-Apolíneo: Por ser Apolo o deus do Sol, a claridade e a luz da verdade a música e a poesía. Era descrito como o deus da divina distancia, que actuaba dende o alto ceo, de onde proceden as cualidades de serenidade e elegante equilibrio atribuidas a este deus, en contraposición a dionisíaco. Se se di dun home indica que posee gran perfección corporal a partir das obras escultóricas que o representan. Incluso representa a cordura e o soño.

-Amazona: dise dunha muller que monta a cabalo ou ten un aspecto varonil. As Amazonas pertencían a unha raza fabulosa de guerreiras que segundo os mitógrafos da Antigüidade vivían no Cáucaso e na Asia Menor. Gobernadas por unha raiña, só aceptaban aos homes unha vez ao ano para perpetúar a raza. Se lles nacía un varón devolvíanllo ao pai ou matábano. Vivían da rapiña. Contan que se amputaban o seno dereito (ἀμαστός, sen peito) para ser máis hábiles co arco e que sentían adoración pola Artemisa de Éfeso, deusa de senos múltiples, a quen instauraron un culto. O río Amazonas debe o seu nome tamén a esta raza de mulleres pois dín que en América do Sur existira tamén esta lenda.

-Arácnido: Familia de αράχνη aráchne, "araña" e -ιδες -ides, "perteneciente a unha clase de artrópodos quelicerados da que foron descritas máis de cen mil especies. Inclúe formas tan coñecidas como as arañas, as garrapatas e outros ácaros, ou os escorpións".  A fábula de Atenea e Aracne, nunha escena do mito de Aracne que se describe no libro sexto das Metamorfosis de Ovidio conta que A fábula de Aracne é unha adición romana posterior ao mito grego clásico, que por suposto non aparece no repertorio mítico dos pintores de vasijas áticas. O nome de Aracne  significa simplemente "araña". Era a filla dun famoso tintor en púrpura de Tiro de Hipaipa (Lidia). Aracne volveuse tan vanidosa das súas habilidades como texedora que empezou a alardear de ser mellor que a propia Atenea. Esta deulle a oportunidade de redimirse asumindo a forma dunha anciá e advertindo a Aracne que non ofendese aos deuses. Esta burlouse e desexou un concurso de tecido, para poder demostrar a súa habilidade. Atenea teceu a escena da súa vitoria sobre Poseidón que inspirara o seu patronazgo de Atenas. Segundo Ovidio, o tapiz de Aracne mostraba vinte e un episodios de infidelidade dos deuses: Zeus con Leda, con Europa, con Dánae, etcétera.
Ata Atenea admitiu que a obra de Aracne era perfecta, pero enfureceuse pola irrespetuosa elección, que mostraba os erros e transgresións dos deuses. Colérica, destruíu o tapiz e o telar de Aracne golpeándoos coa súa lanza. Cando Aracne advertiu o disparate, aforcouse. No relato de Ovidio, Atenea,  inventora da roca,   apiadouse dela e transformouna nunha araña.
Esta fábula suxire que a orixe da arte de tecer está na imitación das arañas e que se consideraba que foi perfeccionado primeiro en Asia Menor. No cadro de "Las Hilanderas" de Velázquez represéntase este mito.

-Ateneo: é un lugar onde se reúnen estudiosos buscando atopar a verdade e a ilustración do espíritu.
Procede este vocablo da deusa Atenea, deusa da sabiduría, da arte e do comercio, tamén da guerra desde un aspecto científico, por iso se representa con armadura. Recordemos aquí que súa nai Metis, amante de Zeus, foi devorada por el para que o fillo que estaban a punto de ter non o destronase. Pero sentindo un forte dolor de cabeza, Atenea, grazas a un machadazo de Hefesto-Vulcano, xurdeu pola abertura da sien con casco e armada, lanzando un terrible grito de guerra. Así dotada dunha inmensa intelixencia serviulles de conselleira moitas veces aos deuses.
Protectora de Atenas, regaloulles aos seus habitantes unha ramiña de olivo, símbolo de paz e de riqueza. Aportou ás letras e ás artes a enerxía necesaria para a súa irradiación espiritual extendida y constante. Esta divinidade é, polo tanto, o símbolo divino da civilización grega que, grazas á súa forza guerreira, a súa intelixencia, conocementos, a moderación dos costumes e a beleza estudiada dos seus monumentos artísticos y literarios, soubo impoñer o seu dominio sobre o mundo. Máis tarde, os romanos identificárona con Minerva.

-Atlas:O atlas é un conxunto de mapas con gran variedade de datos xeográficos, ou tamén unha serie de láminas ou ilustracións de algún tema específico. Tamén atlante en arquitectura ten o significado de columna con forma de home. Todo iso, porque no primeiro caso a imaxe dun fornido home sostendo o mundo púxose tantas veces neses libros específicos de xeografía que chegou a chamar se así, por metonimia.

Porque Atlas ou Atlante era un xigante da primeira xeración divina, fillo de Jápeto e Clímene (unha oceánide) que loitou contra Zeus e os seus irmáns, perdendo na 

contienda, polo que se veu obrigado a soster o ceo sobre os seus hombros. Dín tamén que Perseo, irritado pola súa falta de hospitalidade, ensiñoulle a cabeza de Medusa, e Atlas, quedou petrificado, convertido nunha montaña do seu mesmo nombre sobre a que reposaba  a bóveda celeste. Como a principal cadea montañosa do sur do Magreb que recibe este nome pola súa amplitude e altura en relación ás grandes extensións desérticas que a rodean; na Antigüidade pensábase que esta montaña sostiña a bóveda celeste, sen diferenciar o macizo do personaxe.

Non temos que olvidar que a última vértebra  do colo, sobre a que repousaba o peso do mundo no noso heroe tamén se chama así en anatomía.

-Bacanal: chámaselle a unha orxía, unha festa onde se perden as formas, corre o viño e a luxuria. Baco é a divinidade de onde procede este termo. É o deus romando viño, do desenfreno e a luxuria pois asimilado de Dionisio, simboliza o frenesí e a licenciosidade. Os seguidores deste deus celebraban tales festas que o senado veuse na obriga de combater.

-Caco : Na mitoloxía romana, Caco (en grego antigo Kakós, malo ou malvado; en latín Cacus), fillo de Hefesto e irmán de Caca, era un xigante metade home e metade sátiro que vomitaba torbellinos de chamas e fume. Vivía nunha cova do monte Aventino no Lacio, unha das sete colinas sobre as que se asentou Roma, en cuxa porta sempre colgaban, para horror dos habitantes, as cabezas sangrantes dos humanos que devoraba. Caco converteuse en sinónimo de ladrón.  Segundo a Eneida na que Evandro conta a historia a Eneas, tras derrotar a Xerión, Heracles conduciu a súa rebaño de bueyes ata a beira do Tíber. Mentres os deixaba pastar, durmiuse e Caco, quen moraba preto, rouboulle catro parellas de bois que conduciu á súa cova arrastrándoos de costas polo rabo, de forma que non deixasen pegadas.  Cando Heracles espertou e dispúxose a abandonar os pastos, o gando que lle quedaba empezou a muxir lastimeiro cara á cova, onde unha vaca respondeu. (Segundo outra versión, ao momento de pasar co resto do gando fronte á cova de Caco, as reses roubadas, empezaron a chamarse unhas a outras).  Caco bloqueara a entrada cunha roca enorme que mantiñan suxeita unhas cadeas forxadas por Hefesto. Cando Heracles arrincou a cima da montaña para abrirse paso, Caco chuspiulle remoiños de chamas e fume, do que Heracles cubriuse con ramas de árbores e rocas do tamaño de pedras de muiñno, ata que perdeu a paciencia, saltou á cova, dirixiuse á zona na que o fume era máis denso e estrangulou a Caco. (Segundo Ovidio, Caco foi morto a golpes de porra).
Caco quedou representado ao momento do roubo en antigos gravados en pedra e no revés dunha medalla do emperador Antonino Pío que o mostra derrotado, sen vida, aos pés do heroe e, en torno a eles, o agradecido pobo.
Nos teitos pintados polos Carrache no palacio Zampieri de Bolonia, Caco aparece con cabeza de animal sobre corpo humano.
A figura e fazañas deste deus simplificáronse na tradición culta. Así, no Século de Ouro tomábaselle case como patrón dos ladróns: na Palomilla, chaman ao hurto e os seus triquiñuelas "a ciencia de Caco". Del dicía Covarrubias que "sendo ladrón famoso facía grandes estragos de roubos, mortes e incendios".

-Cancerbero: Κέρβερος, en grego, demo do pozo, tamén coñecido como Can Cerbero, era o can de Hades, un monstro de tres cabezas na tradición máis común pero de cincuenta cabezas segundo Hesíodo, cunha serpe en lugar de cola.  Cerbero gardaba a porta do Hades (o inframundo grego) e aseguraba que os mortos non saísen e que os vivos non puidesen entrar. Era fillo de Equidna e Tifón, e irmán de Ortro. A existencia dun can infernal na entrada dos infernos parece que xa estaba presente na mitología indoeuropea orixinal, pois aparece nos mitos doutros pobos indoeuropeos, como é o caso do can ensangrentado Garm na mitología escandinava. O último dos doce traballos de Heracles foi capturar a Cerbero. Viaxou primeiro a Eleusis para ser iniciado nos misterios eleusinos e aprender así como entrar e saír vivo do Hades, e de paso para absolverse a si mesmo da culpa por matar aos seus fillos. Atopouno na entrada ao inframundo en Ténaro. Atenea e Hermes axudáronlle a traspasar a entrada á ida e á volta. Grazas á insistencia de Hermes e ao seu propio aspecto fiero, Caronte levoulle na súa barca a través do Aqueronte.
Mentres estaba no inframundo, Heracles liberou a Teseo, pero a terra tremeu cando intentou liberar a Pirítoo, polo que tivo que deixalo atrás. Ambos foran encarcelados por Hades, quen os suxeitou máxicamente a un banco cando intentaron secuestrar a Perséfone. Dita maxia era tan forte que cando Heracles tirou de Teseo para liberalo, parte das coxas deste quedaron pegados ao banco, o que explicaría por que os seus descendientes tiñan coxas notablemente delgados.
Algunhas versións contan que, para levarse a Cerbero, Heracles simplemente pídelle permiso ao deus Hades, e este accede coa condición de que Heracles non faga dano ao can. Pero noutras versións, Heracles dispara unha flecha a Hades. Tras isto, nalgunhas versións Heracles loita contra o can e arrástrao fóra do Hades, pasando pola cova Aquerusia. Noutras, Heracles trata con amabilidad ao fiero can, e este, ao ser tratado así por primeira vez, acompáñao fóra dócilmente. Os nomes das súas cabezas son: (de esquerda a dereita) veltesta, tretesta e drittesta. Que á súa vez traducen, no mesmo orde: cabeza esquerda, terceira cabeza e cabeza dereita.  Nalgúns países ao Guardameta (fútbol) chámaselle "Cancerbero" para designar a aquel xogador que garda o máis preciar do campo: a portería. Cerbero aparece na divina comedia de Dante, no Canto VI do Inferno (terceiro círculo).Personaxes baseados en Cerbero aparecen en numerosas novelas, películas e cancións. Por exemplo, na película Harry Potter e a pedra filosofal (película).

-Catilinaria: recúrrese a esta verba cando, en oratoria, unha peza é crítica violenta e descarnada. Ven dos catro discursos que Cicerón pronunciou no ano 63 a.C. Porque Catilina, protagonizou unha conxura contra o Estado que Cicerón puxo de manifesto.

-Centauro: Como amazona, no caso das mulleres, centauro aplícase hoxe a un home que gosta de montar a cabalo, con intelixencia, ousadía e atrevemento. Centauro do Norte (Pancho Villa), Centauros do deserto.
Eran unhas estrañas criaturas. Describíanse con cabeza e tronco de home e extremidades inferiores de cabalo. Son símbolo de barbarie pois eran considerados como violentos e moi fortes. Hai unha constelación do Centauro e con este símbolo se representa o signo zodiacal de Saxitario.

- Cereal: Denominación que proven da mitoloxía romana da deusa Ceres (da raíz protoindoeuropea ker, "crecer, crear") era a deusa da agricultura, as colleitas e a fecundidade. O seu equivalente na mitoloxía grega era Deméter. Dela reciben o seu nome os cereais.

-Cervexa: Phillippe Duboë-Laurence e Christian Berger (O libro do amante da cervexa), suxiren que cervoise vén de cerevisia, pero logo engaden que esta voz viría de Ceres, deusa latina da terra e os cereais (ut supra dixit) e de vis,  forza. Tal etimoloxía pertence a ese xénero de etimoloxías de fantasía que os filólogos non toman en serio. Déixoa aquí aínda que sexa por desenvolver a vosa imaxinación.
En todo caso, a raíz común é fácilmente apreciable nas súas voces española cervexa, portuguesa cerveja, catalá cervesa, galega cervexa, extremeña cervécia e retorrománica gervosa. Noutros idiomas europeos empréganse derivados da mesma raíz que a palabra germánica bier, como é o caso do inglés beer, francés bière e italiano birra. En inglés tamén se utiliza a palabra ale, equivalente a öl, que é a palabra escandinava para cervexa. Charlie Papazian sostén que ale significaba originariamente hidromiel (mead en inglés) moi rebaixado con auga, mentres o hidromiel forte era denominado biuza, de onde beer.

  -Complexo de Edipo: Este complexo definido por Freud, caracterízase pola excesiva dependencia do fillo coa mai e o subseguinte rechazo ao pai.
Según a mitoloxía Edipo foi fillo de Iocasta e Laio pero abandonado por eles, para que o oráculo, matar ao pai e casar coa mai, non se cumplira. O rei de Corinto coidouno coma un fillo ata que outro oráculo aconsellou ao xove Edipo non volver a súa patria. Marchou de Corinto e no camiño atopou a Laio, a quen matou, e casou con Iocasta,como premio  despois de ter abatido á Esfinxe que atemorizada a Tebas. Cando foi consciente dos feitos cometidos, quitouse os ollos e abandonou Tebas coa súa filla Antígona.

 

-Complexo de Electra: Este cuadro psicolóxico debe o seu nome a Electra, filla de Agamenón, rei de Argos (que foi asasinado pola súa infiel esposa Clitemnestra e o amante desta), deu morte á súa mai por terlle arrebatado ao pai.

Segundo as doctrinas psicoanalíticas de Freud,  todas as mulleres experimentan esta actitude coa súa mai, durante a infancia. Implica unha identificación tan completa coa mai que a nena desexa, inconscientemente, eliminala e poseer ao pai.

 
-Sentirse, estar ferido por Cupido: Expresamos así a idea de estar enamorado porque Cupido é o deus do Amor, identificado co Eros dos gregos e fillo de Venus. Era un fermoso neno alado, cun arco e unha alxaba de frechas coas que atravesa os corazóns, provocando o sentimento do amor.

-Cronómetro: O cronómetro é un reloxo cuxa precisión foi comprobada e certificada por algún instituto ou centro de control de precisión. A palabra cronómetro é un neoloxismo de etimología grega: Χρόνος, Cronos é o Titán do tempo, μετρον -metron é hoxe un sufijo que significa aparello para medir.

-Dionisíac-o,-a: Dionisios, deus grego do viño,  tiña moitos seguidores que organizaban grandes festas en varias cidades de Grecia. Nestas festas bebíase en exceso o que levou ao senado a suspendelas. Era o máis parecido aos actuais botellóns. Cantábanse uns himnos chamados ditirambos, a partir dos que se cre nacería, con un grao maior de elaboración, o teatro.

-Enfermedade venérea: 

-Erótic-o,-: É un adxectivo derivado de Eros, deus grego do amor. Diferénciase de  Cupido, porque erótico ten que ver co amor carnal e Cúpido relaciónase co sentimento do amor.

-Filípica: Enténdese por filípica, un discurso violento contra alguén ou unha represión pública, extensa e violenta e chámase así polos famosos discursos pronunciados polo mellor orador da antigüidade grega,  Demóstenes contra  Filipo II (382-36 A. C.), rei de Macedonia (pai de Alexandre Magno) polas súas campañas contra as cidades-estado gregas. Aínda que foi un xenio militar, non se valeu da fuerza cando puido conseguir os seus propósitos mediante a habilidade.

-Ter unha forza hercúle-a(-)o: Expresamos desta maneira a idea de que alguén ten unha forza extraordinaria pois  Hércules, heroe da mitoloxía clásica, representábase cunha forza sobrenatural, afrontando numerosas probas, entre elas os doce famosos traballos  impostos polo oráculo de Delfos polo asesinato dos seus propios fillos.

-Fobia: Unha fobia (palabra derivada de Fobos, en grego antigo Φόϐος, pánico, fillo de Ares e Afrodita na mitoloxía grega, a personificación do medo) é un trastorno de saúde emocional ou psicolóxico que se caracteriza por un medo intenso e desproporcionado ante obxectos ou situacións concretas como, por exemplo, aos insectos (entomofobia) ou aos lugares pechados (claustrofobia). Con todo, non é sencillamente un medo, pois gardan grandes diferenzas. Tamén se adoita catalogar como fobia un sentimento de odio ou rexeitamento cara a algo que, aínda que non é un trastorno de saúde emocional, si xera moitos problemas emocionais, sociais e políticos como a  xenofobia, é dicir, o odio aos estranxeiros ou estraños. El, o seu irmán xemelgo Deimos e as deusas Enio e Eris (xeralmente consideradas irmás de Ares) acompañaban ao Deus da Guerra en cada batalla. O seu equivalente romano era Timor. A figura de Fobos na mitología aparecía antes de cada batalla, referíndose ao medo e pánico dos combatentes para loitar, estes loitadores, aterrados, fuxían da batalla ou finxían a súa morte para logo escapar. Deimos facía a súa aparición logo do seu irmán, presentándose nos loitadores que por medo quedaban paralizados ante o terror á dor ou a morte. Tralas múltiples interpretacións de Fobos, popularizouse a imaxe dun ser sobrehumano cunha misión sempre de destrución cara á raza humana ou as ameazas, ordenada por Ares e que intentará cumprir xunto a Deimos. Na aparición final de Deimos e Fobos para cumprir o obxectivo que Ares lles impuxo, aparece unha escena na que Fobos cuestíonase as ordes e decide non cumprilas, manténdose á marxe e salvando así á raza humana.

Na Ilíada descríbeselle así:
Οἷος δὲ βροτολοιγὸς Ἄρης πόλεμον δὲ μέτεισι,
τῷ δὲ Φόϐος φίλος υἱὸς ἅμα κρατερὸς καὶ ἀταρϐὴς
ἕσπετο, ὅς τ' ἐφόϐησε ταλάφρονά περ πολεμιστήν

Vese así a Ares, praga dos homes, marchar ao combate,

Seguido de Fobos, o seu fillo intrépido e forte,

Quen pon en fuga o belicoso máis resistente.
Alejandro Magno rezaba a Fobos antes de cada batalla e próxima conquista.

Tamén aparecía no escudo de Heracles: No centro [do escudo] estaba labrado Fobos (Medo) inflexible, indescriptible, mirando atrás fijamente con ollos que brillaban con lume. A súa boca estaba chea de dentes nunha fileira branca, temible e desalentadora, e sobre a súa severa fronte planea aterradora Eris (Discordia), que provoca a estampida dos homes...Sobre o escudo estaban moldeados Proioxis (Persecución) e Palioxis (Fuga), e Homados (Tumulto), e Fobos (Pánico), e Androktasie (Masacre). Tamén Eris (Discordia) e Cidoimos (Alboroto) dábanse présa ao redor, e terriblemente Ker (Destino).(Escudo de Heracles 139 e ss)

Asaph Hall, descubridor das lúas de Marte, chamou a unha delas Fobos e a súa irmá Deimos, seguindo o percorrido de Fobos o 11 de agosto de 1877. Fobos é o dobre que Deimos e é o máis próximo a Marte.

- Ser unha Harpía: dise dunha muller de mala condición ou moi fea e fraca ou lercha, lurpia.
As harpías comezan sendo mulleres aladas posedoras dunha bela cabeleira pero pouco a pouco a lenda foilles conferindo aparencia de monstros terroríficos: aspecto de voitres de corpo osudo, cara enrugada con peteiro e unhas gadoupas curvas nas patas; vivían arrodeadas dun fedor infecto. A súa aparencia é unha manifestación sensible da sequía, da fame e das epidemias. Nunca satisfacían o seu apetito, raptaban nenos...Os deuses servíanse delas, da súa maldade para atemorizar aos humanos como a Fineo, o pobre vello ao que lle quitaban e lixaban os seus alimentos.

-Hermético:

-Jovial:

-Lesbiana: A illa de Lesbos (griego Λέσβος, Lésbos) forma parte dunha gran cobertura de illas cercanas ála costa de Turquía (no mar Exeo). A súa capital é Mitilene. Constitúe xunta con algunhas illas menores a prefectura de Lesbos. É famosa por ser a patria da poetisa da antigüidade Safo, nos seus poemas describía un amor apaixoado hacia as súas compañeiras, isto convertiuna nun símbolo do amor entre mulleres, polo que comunmente se considera que o termo lesbianismo proven do nome desta illa. Por outra parte, o xentilicio dos illeiros é lesbio e lesbia.

-Marcial:

-Moneda:

-Morfina:

-Mausoleo:


-Maratoniano: A maratón é a proba pedestre  máis longa (42,192 m) e unha das máis simbólicas e importantes nos Xogos Olímpicos. Denominouse así a esta proba en honor de Filípides, correo ateniense que no ano 490 a. C., marchou dende Maratón a Atenas, nun só día, para anunciar a victoria grega de Milcíades sobre os exércitos persas invasores. Segundo a tradición, o soldado caeu morto, víctima da fatiga, tan pronto como comunicou a nova. Hoxe aplícase este adxectivo a todo o que requira un traballo intenso ou de moi longa duración.

-Mecenas: persoa ou empresa que patrocina actividades artísticas, científicas, culturais,... Foi  Gaius Cilnius Maecenas ( 70-8 a. C.aproximadamente), un noble romano de orixe etrusco, confidente e conselleiro político de Augusto. Foi un importante impulsor das artes, protector de xoves talentos da poesía e amigo de destacados autores como Virxilio, quen escribeu as súass Xeórxicas na súa  honra e Horacio ao que descubreu (e ao que chegou a obsequiar cunha finca ubicada nas montañas Sabinas). 

 

-Morfina: Na mitoloxía grega, Morfeo, fillo da Noite, era considerado deus do soño. El deu orixe ao termo morfina, substancia tóxica extraída do opio que ten coma propiedades, entre outras, a  somnolencia e o  relaxamento.

-Museo:


-Narcisista: Narciso, segundo a mitoloxía grega, era un xove extraordinariamente fermoso, aínda que incapaz de experimentar a emoción d amor. A ninfa Eco  consumeuse de pena ao non ser correspondida por el, e dela só quedou a voz. Némesis, responsabilizou a Narciso do fatal destino de Eco e castigouno.  Cando bebía nunha fonte, Narciso veu a súa imaxe reflexada na auga e  namorou da súa propia fermosura. Tan intenso foi aquel amor que votou raíces na beira e transformouse nunha flor do seu mesmo nome.

Quen padece de narcisismo acusa unha  introversión da personalidade, que se manifesta nun amor dirixido cara a un mesmo ou cara ao ideal dun mesmo. Tamén indica satisfacción dun mesmo, complacencia excesiva no valor ou nas obras propias.  

-Ninfómana: As Ninfas eran deusas da natureza que poboaban mares, ríos, rocas,...As ninfas, mulleres dunha beleza  excepcional, representábanse a medio vestir ou desnudas. Eran fillas de Zeus e do Ceo. A chuvia que facía caer o deus, brotaba nas fontes e dáballes a vida. Atribuíaselles unha forza natural que presidía a reproducción e fecundidade da natureza, e que exercían mesturándose  coa humidade do aire, da auga e dos bosques. Eran como fadas que vivían despreocupadas fiando e cantando sobre as ondas e as árbores. Eran mortais pero vivían moitos anos. Clasificábanse en: Océanidas, ninfas do océano; Nereidas, ninfas do mar (Mediterráneo); Náiades, ninfas dos ríos; Oréades, ninfas das montañas,... Este adxectivo aplícase na ciencia médica co significado de esaxeración patolóxica do apetito sexual na muller.  

  
-Odisea: A Odisea é o segundo dos grandes poemas épicos de Homero. Relata en vinta e catro libros as aventuras do heroe grego Ulises, un dos principais xefes helenos durante a Guerra de Troia. O poema comeza dez anos despois da caída de Troia e relata os avatares de Ulises de regreso a Ítaca. En alusión a ese gran poema, Odisea, indica una gran viaxe,  abondosa en aventuras, ou tamén o conxunto de feitos heroicos ou extravagantes realizados por un personaxe.

-Orfeón: Orfeón deriva de Orfeo, heroe tracio, lendario sabio e músico,cuxo atributo principal é a lira, instrumento musical que sempre lle acompañaba. Coa súa música encanta ás fieras e tempera o carácter dos homes e grazas ao seu canto amaestra aos monstros da zona infernal. Dise que o deus Apolo regaloulle unha lira con sete cordas e que o propio Orfeo engadiu dúas máis a este instrumento, co que logrou sacar uns sons e unhas melodías que amansaban ás fieras; o canto que acompañaba á suave música que emanaba daquel instrumento tiña a particularidade de facer que árboles e montes acollesen e protexesen ao novo Orfeo de cualquir perigo que puidese sobrevirlle.O término deriva do nome deste deus xa que se lle considera o máis grande de todos os músicos e líricos da historia antigua. Malia ter orixe na mitoloxía grega, trátase dunha palabra de moi curta vida na nosa lingua. Parece seguro que entrou a principios do século XX procedente do francés orphéon, lingua na que, poucos anos antes, inventáraa o compositor alemán Gustav Wilhem, quen reunira un amplo grupo de cantantes aos que tamén dirixía. Como a denominacion coro lle parecía pouco adecuada á cantidade e calidade do seu grupo, decidiu chamalo orfeón, en recordo de Orfeo, extraordinario músico e cantor, como explicamos.Chama a atención na palabra a terminación -on, que seguramente débese a unha analoxía co término francés odéon, edificio destinado a ensaios musicais, tomado do grego Ωδείον, palabra coa que os gregos se referían ao teatro no que se desenvolvían competicións de canto.O papa San Gregorio, autor do canto que leva o seu nome, sinaló na Iglesia unha parte  para os cantores, chamada "odeón".

-Pánico: É un término originado de Pan, deus dos pastos, fragas e rebaños. Se describe como fillo de Hermes. Antigamente representábase con cornos, barba e pies de cabra, cabeleira hirsuta, nariz corva, orellas puntiagudas e rabo. Ás veces  aparecíase aos viaxeiros sobrecolléndoos.

  Defínese Pánico como o pavor súbito multitudinario ou persoal causado por algún feito imprevisto.

-Panteón: Do grego Πάν-θειον, significa templo destinado a tódolos deuses. Por esto, hoxe en día, o concepto  aprovéitase para nombrar a un monumento de carácter funerario onde se enterra a varias persoas, aínda que tamén pode usarse como sinónimo de ceminterio (en México, por exemplo).

-Perdiz: A palabra perdiz procede do latín perdix, -īcis, pero detrás hai unha hermosisima historia mitologica que merece a pena recordar.Segundo a mitoloxia grega, Dédalo, o pai de Icaro -os dous que escaparon voando do labirinto de Minos, aínda que o segundo achegouse tanto ao sol que se lle derritieron as ás-, tiña un sobriño chamado Perdix, ao que custodiaba e protexía. Perdix era dunha intelixencia sobrenatural e estaba dotado para facer calquera traballo. Dédalo, que era arquitecto, envexoso dos coñecementos do seu sobriño, capaz de trazar planos e levantar edificios máis rápidamente e mellor que el, arroxouno desde o alto dunha torre. Antes de estrelarse contra o chan, Atenea, deusa das artes, o recolleu, pero, a cambio da súa vida, transformouno na ave da que estamos falando. Desperdigar e perdigon.

-Pigmalión: Rei de Chipre e reputado escultor, durante moito tempo dedicado ao celibato, enamorouse dunha estatua femenina, que el mismo creara. Un día, suplicoulle a Afrodita que lle dera unha muller que se parecera á súa obra. A deusa deu vida á estatua e Pigmalión puido desposar a Galatea, a quen, en certo modo, creara. Desta unión naceu Pafos, fundador da cidade chipriota que leva este nome,  onde construiron máis tarde un célebre santuario en honra de Afrodita.

O mito é o do artista namorado da súa creación á que sabe dar vida mediante o cicel, a pluma ou ben o pincel, inspirou a moitos artistas, escritores e escultores, principalmente a Ovidio, na súas Metamorfosis.
Varias obras musicales tomaron o tema de Pigmalión. Jean-Jacques Rousseau escribeu parte dunha ópera, Pygmalion, representada en París en 1775, e  Cherubini evocou a este escultor mítico nunha ópera que leva o seu nome e que se representó en París en 1804. Girodet, célebre pintor francés de principios do século XIX, pintou un cuadro titulado Pigmalión e Galatea. Medio século antes, o escultor Falconet tallara en mármol un grupo que representaba a Pigmalión ao pé da estatua que toma vida.
No século XX, George Bernard Shaw, célebre escritor inglés, creou a partir deste tema unha obra de teatro, escrita en Londres en 1912 e representada en París en 1923. Shaw, humorísticamente, tomou algunhas libertades co mito: a comedia, que é unha sátira social, representa a un preceptor que enseña a unha florista a pronunciar ben, é dicir, a pronunciación da clase alta sen nengún tipo de acento. Ten tanto éxito que a alumna, ao transformarse, supera ao maestro. Vimos esta obra levada ao cine en
My Fair Lady, un musical adaptación de Alan Jay Lerner e Frederick Loewe, cunha maravillosa interpretación de Audrey Hepburn e Rex Harrison O sentimento amoroso que une a ambos é moi ambiguo, xa que plantexa o problema do artista namorado máis ben da súa creación que da criatura.
Pigmalión coma un gran número de personaxes dos grandes mitos entrou na linguaxe da vida cotidiá. Un Pigmalión é un artista namorado dunha criatura nacida da súa imaxinación ou dunha persoa que desexa moldear.

-Pírric-o,-a: Deriva de Pirro, rei de Epiro. Foi elevado ao trono no 295 a. C. Participou na guerra contra Roma en apoio de Tarento. No 279 obtuvo unha costosa victoria en Ascoli; de aí  a expresión “victoria pírrica”. Despois de continuas guerras, foi derrotado polos romanos en Benavento (275 a.C.). Asesinado en Argos por unha muller, que deixou caer una tella sobre a súa cabeza.
Aplícase o término
pírrico cando despois de moito loitar o resultado é estéril ou ben, consíguese unha victoria escasa ou moi cara en canto a perdas humanas.

-Quimera: Emprégase este vocablo para designar un desvarío, un producto absurdo da imaxinación ou unha idea irrealizable. Como Cerbero e moitos monstruos, esta era o resultado da unión do monstruo Equidna e de Tifón. Tiña a cabeza de león ou cabra e a cola de dragón. Aterrorizaba ás xentes dos arredores, vomitando lume e devorando a todos os seres humanos que tiñan a desgracia de atopala. Teméndoa o rei de Licia pediu a Beleforonte que liberara o seu reino desa praga.Beleforonte, montado sobre Pegaso, atravesou a Quimera cunhas frechas de chumbo; co ardor das lapas que o monstruo emitía, o chumbo derreteu e así pereceu queimada.

-Sibarita: Unha das máis importantes colonias gregas na Magna Grecia, Sýbaris (Σύβαρις) foi fundada hacia o ano 720 a. C. polos aqueos procedentes de Hélice (en Acaia) e de Trezena (na Argólida), nunha gran chaira pantanosa pero fértil. Logrou un certo esplendor, sendo famosos os seus habitantes, os sibaritas, pola súa dedicación ao luxo e á vida reposada. Este término quedou para designar ás persoas amantes de placeres exquisitos. A cidade llegou a ter 300.000 habitantes.

Comerciaba con Mileto e cos etruscos e de camiño foi tan rica, que pasou a ser lendaria. Os sibaritas foron coñecidos pola súa aversión ao traballo,e a súa molicie. Chegaron a prohibir que se estableceran ferreiros, nin calderieros, nin siquiera animais. Din que os nenos eran vestidos con traxes púrpuras e os  seus longos cabelos eran atados con cordas de ouro.

Ao pouco tempo fundouse Crotona cerca da primeira. Hacia o ano 510 a. C. a cidade entrou en guerra con Crotona, e Síbaris foi destruida. Incluso desviaron o río Crati (que rodeaba a cidade xunto co Coscile) para asolagla e evitar que fora reconstruída.

Os supervivintes intentaron refundala varias veces. Sen embargo hacia 444 a. C., co  apoio de Pericles, de Atenas, fundouse a cidade de Turios (Θούριοι, Thourioi) nas proximidades. Aníbal  destruiuna de novo no 204 a. C. por apoiar a Roma durante as Guerras Púnicas, para ser refundada co nome de Copiæ, no 194 a. C. aínda que pronto retomou o seu nome anterior. Esta última cidade existeu até a Idade Media.

 -Talón de Aquiles: Aquiles, fillo de Tetis e de Peleo, rei dos mirmidóns, foi o máis famoso dos heroes griegos da Ilíada. Dise que, por mergullalo a súa mai  na laguna Estixia, era invulnerable, excepto no talón, que servira para sostelo. Matou a Héctor no sitio de Troia, pero foi mortalmente ferido no talón por unha frecha envelenada lanzada por Paris. O nome de Aquiles chegou a ser en todas las linguas a personificación do valor.
O tendón de Aquiles, en anatomía, é o ligamento que conecta os músculos do papo (zona poplética< poples, poplet-is) da perna co talón. Se aplica tamén esta expresión para dar a entender a vulnerabilidade física ou moral dunha persoa.

-Titánico: Adxectivo derivado dos Titanes, fillos de Urano e Xea. Alzándose en rebeldía contra seu pai,  arrebatáronlle a hexemonía do ceo otorgándolla a Cronos. Este casou coa súa irmá Rea. Pero os fillos, acaudillados por Zeus, levantáronse en armas contra el e os outros Titanes. O campo de batalla foi Tesalia. Zeus saleu vencedor, votando as vencidos Titanes nas profundidades do Tártaro.
Na actualidade a expresión Titán é sinónimo de forte. A unha persoa chámaselle titán polas obras que emprende; ou ben fálase dunha obra titánica, cando esta supón grandes esforzos.

-Volcán: Vulcano (Vulcanus en latín) é o deus do lume e os volcanes na mitoloxía romana, fillo de Xúpiter e Xuno e esposo de Venus. De este procede o nome común. Era forxador do ferro e creador de armas e armaduras para deuses e heroes. Corresponde con Hefesto na mitoloxía grega. Represéntaselle como un home entrado en anos, fornido, aínda que coxo e de desagradable aspecto. Malia iso casouse coa deusa do Amor, Venus, quen lle foi infiel co deus da guerra, Marte, nun episodio moi difundido. Diversas escenas deste deus foron representadas na arte, por parte de artistas como Velázquez, Rubens, Tintoretto ou Tiepolo. Segundo a mitoloxía romana a fragua de Vulcano atópase situada baixo o Monte Etna, na illa italiana de Sicilia, ou baixo a illa eolia de Vulcano, no mar Tirreno. Por outra banda, a mitoloa grega situaba a fundición de Hefesto, Deus do lume e os metais, precisamente na illa eolia de Vulcano sinalando que tiña por axudantes aos Cíclopes e aos xigantes.

-Venereo: As enfermedades venereas son producidas polo contacto físico nas relacións amorosas-sexuais. A deusa Afrodita chamábase en latín Venus,Vener- is, raíz da que proven este adxectivo. A máis recente e peligrosa é o SIDA, pero existen outras coma a gonorrea ou a sífilis.

-Vulcanizado: Orixinado a partir  de Vulcano, deus do lume, segundo a mitoloxía romana. Foi, pola súa coxeiera, o branco de todas as burlas do Olimpo. A súa mai, por xenreira, votouno do ceo. Viveu dende entón, durante nove anos, no fondo do océano coas deidades mariñas. Fixo moitas maravillas como a armadura de Aquiles.
A  vulcanización é o tratamento de diversas materias por acción do lume, coma un neumático.

 

Comments