Como facer unha presentación?
Deixámosvos aquí un enlace cuns consellos básicos sobre como facer unha presentación para os vosos traballos. Dámos as grazas a Pilar Ponte, a profa, por poñer á nosa disposición este material.
 
Desenvolvemento de prácticas lectoras e habiblidades intelectuais
Este enlace lévanos a un traballo de Gloria Durban dirixido ao alumnado de 1ºESO no que se lles ensina a buscar e manexar información, tanto en bibliotecas como a través da rede. É un material interesante para traballar en Proxecto Interdisciplinar ou incluso nas titorías.