SOUTO DA RETORTA

CEIP de CELEIRO - Viveiro (lUGO)

SAÍDA AO SOUTO DA RETORTA

Seguindo coas actividades programadas no proxecto deste ano “A AUGA, OURO LÍQUIDO”, todo o colexio fixemos unha saída o pasado luns, 11 de abril.

O lugar elixido foi o Souto da Retorta en Chavín (Viveiro); para chegar ata alí primeiro fumos en autobús, logo camiñamos a carón do río Landro ata chegar onde están os eucaliptos e todas as diferentes árbores que arrondean ao Avó, un eucalipto que ten un tronco moi groso, moi groso. Todos os nenos e nenas démoslle un gran abrazo.

Observamos todas as árbores e plantas que había no Souto, recollimos algunhas follas e sementes caídas para facer traballos nas clases, tomamos o bocadillo e deixamos todo ben limpo.

Cando chegamos ás clases seguemos a traballar no caderno de campo que nos deron os profesores e profesoras xunto cunha bolsa: de cor amarela aos de infantil e de cor azul aos de primaria.