Informática‎ > ‎

Programación: Python

Nesta unidade ímonos aproximar á programación informática. Para iso, hai que dar antes de nada as grazas ao autor da páxina Invent with Python, que xenerosamente redactou e distribúe de xeito gratuito o libro no que se basea todo o contido que imos traballar.

A programación, que é?:

Un programa non é máis (nin menos) que un montón de instruccións que o ordenador executa de determinada maneira, conseguindo un resultado. Este resultado pode ser un sinxelo exercicio como os que nós imos facer, ou complicarse moitísimo para chegar a ser unha base de datos interactiva, unha páxina web ou, mesmo, un videoxogo.

Programar é, por tanto, comunicarlle ao ordenador as instruccións que queremos que execute dunha forma en que el as poida "entender", e as distintas formas en que os humanos podemos comunicarnos co ordenador se chaman linguaxes de programación e hai unha chea delesA linguaxe de programación que nós imos aprender chámase Python.

Isto non é programar:
isto non é programar


Hoxe en día saber programar é unha competencia que che pode axudar a entender moitas cousas, saber facer outras e, ademáis, é un campo laboral de moita demanda, así que, se estás disposta/o a tentalo, comeza a unidade!




Obxectivos da unidade

- Comprender o que é unha linguaxe de programación
- Comprender programas sinxelos.
- Diferenciar os conceptos básicos do léxico da programación:
    Variables, funcións, sentencias, instruccións, asignación, expresións, enteiros (integers), cadeas (strings), o intérprete, tipos de datos, fluxo de execución...
- Deseñar programas sinxelos que interactúen co usuario/a:
    Presentacións, adiviñas, elixe a túa propia aventura...
- Deseñar diagramas de fluxo de programas máis complexos.



Aquí vos deixo exemplos de preguntas e programa de exame. Tamén está este documento onde podedes atopar os programas que se propoñen na unidade, por se vos atascades.



Se xa remataches a unidade, cubre o formulario de autoavaliación: