SERVIZOS SOCIAIS DE O CORGO

        Presentación:

Os Servizos Sociais de atención primaria do concello do Corgo, levan funcionando dende agosto de 1988, aínda que non conta con traballador social, con dedicación exclusiva ata o ano 1991.

Estamos situados preto dos veciños, e asi coñecemos mellor os seus problemas. Temos moito interese en facelo ben e de estar ahí cando o necesitan.

Os servizos sociais están dirixidos o conxunto de toda a poboación do concello do Corgo, e teñen por obxecto promover e posibilitar o desenvolvemento do benestar social de todos os veciños do municipio.

Contacto:

Están formados por unha unidade de traballo social (UTS), atendida por 1 traballadora social: Mª Isabel Castedo González, e para contactar con ela podedes facelo a través dos seguintes medios:

TFNO FIXO 982 30 21 00
TFNO FAX 982 30 20 68
TFNO MOVIL 1 686 93 22 61
TFNO MOVIL 2 618 65 28 09
EMAIL isa.castedo.ocorgo@eidolocal.es

Horario de atención ó público:

Luns, mércores e venres de 10:00 a 14:00 (preferiblemente con cita previa); martes e xoves están destinados a xestións e visitas domiciliarias.

Onde estamos :

Estamos na planta baixa da casa consistorial do concello do Corgo, (segundo se entra a mao dereita),  estrada Nacional VI S/N, 27163 O Corgo de Lugo:     42°56′34″N 7°25′47″O


Subpages (1): Programas Municipais
Comments