Foro romano‎ > ‎

Rostra



Rostra



No ano 338 a.C. (época da República) o cónsul Cayo Menio viuse envolto nunha batalla contra a flota dos volscos no porto de Antium, onde obtivo unha gran e definitiva vitoria. O cónsul mandou arrancar os rostra (espolóns) dos barcos inimigos para trasladalos a Roma e colocalos no muro da tribuna de oradores do Foro Romano. Dende entón esta foi coñecida como rostra, e, por extensión, acabouse por dalo nome a ditas tribunas, Na súa orixe esta tribuna debíase encontrar entre o Foro da época republicana e o comitium, que entón se encontraban diferenciados, polo que os oradores podían ser escoitados dunha ou doutra parte.

No 44 a.C. César trasladouna a súa ubicación definitiva no Foro. Xunto á tribuna encontrábase o miliarium aureum erixido por Augusto, situado do lado que linda co templo de Saturno e o umbilicus urbis, ao extremo norte da tribuna, algo máis tardío.

A cabeza e as mans de Cicerón foron amosadas na galería despois do seu asasinato, no 43 dC polo segundo triunvirato. Aquí tiveron lugar as cerimonias oficiais e para a multitude reunida para a distribución gratuíta de trigo.

Información extraída da Wikipedia.

Comments