VRBS ROMA - IES MANUEL GARCÍA BARROS

Novas de última hora

  • A Capela Sixtina, panorámica en 360 graos

    Con webs coma esta quizais xa non pague a pena a visita a Roma...

    ou si?
    Publicado a las 4/4/2010 11:02 por Álvaro Pérez Vilariño
  • Derrubamento da Domus Aurea
    Aínda que non podamos ir este ano, xa que leva pechada ao público dende o 2005, a Domus Aurea, o antigo palazo do emperador Nerón, ben merecería unha visita (que por certo, si puidemos realizar na viaxe do 2004).
    Pero para iso teremos que esperar uns anos máis, xa que hai uns días sufriu un derrubamento parcial por mor das choivas.
    Publicado a las 31/3/2010 4:15 por Álvaro Pérez Vilariño
  • Estades a tempo de facer o carnet de Estudante Internac. (ISIC)
    Aproveito o momento para decirvos que non sería mala idea sacar ou carnet de de student internacional, pois segundo me contaron na oficina da Xuventude (Praza do Matadoiro, en Santiago), hai descontos en transportes, nalgúns restaurantes, tendas,  etc.  Consultade na web,  www.cartagiovani.it ou tamén en  www. isic.org
    Costa 6€ e é válida por un ano. Pódese coller o impreso non Concello porque é ou mesmo que o do carnet xove, pagar as taxas non banco e traelo a Santiago. Están avisados de que hai unha viaxe na Estrada, co que non fai falla ningún xustificante de que sodes estudantes. Ademáis non fai falla que viñades todos/as. Poden vir uns poucos coa foto e o impreso pago dos demáis e alí fan o carnet ao momento.

    Por si algún non le esta páxina, pásade a información aos demáis.Tamén eu estarei pendente das vosas consultas.
    Publicado a las 3/4/2010 14:43 por Esther Sánchez
  • Exposición sobre os Gladiadores no Coliseo
    Estamos de sorte. Ademais da exposición temporal que poderemos ver nos Museos Capitolinos, tamén no Coliseo está aberta unha mostra sobre gladiadores a través de reproduccións de armas, prendas e pezas orixinais procedentes das excavacións de Pompeia.

    Tedes toda a información nesta ligazón.


    Publicado a las 26/3/2010 5:08 por Álvaro Pérez Vilariño
  • Nova distribución de habitacións
    Parece ser que non hai habitacións para catros persoas así que distribuín as habitacións en grupos de 2 e 3. Podedes comprobar a nova distribución no arquivo adxunto. Se queredes algún cambio, falamos mañán.
    Publicado a las 27/3/2010 11:35 por Esther Sánchez
Mostrando entradas 1 - 5 de 18. Ver más »

Quen somos


Somos un grupo de alumnos e profesores do IES MANUEL GARCÍA BARROS da Estrada, Pontevedra, que imos traballar nesta web colectiva para preparar a nosa viaxe a Roma no vindeiro mes de abril de 2010.

Que podes atopar nesta web?


Intentaremos facer unha completa guía da nosa viaxe, con tódalas novas relacionadas coa mesma, así como unha descrición pormenorizada de tódolos monumentos, museos e sitios de Roma que visitaremos.