Proxecto Documental Interdisciplinar.




   Este espazo pretende dar cabida a toda a información recollida polo alumnado do CEIP Plurilingüe de Andrade, relacionado co noso PDI anual que leva por título: 

"Roboteca sae á horta".

   Con este proxecto queremos:
  • Achegar ao noso alumnado ao mundo da robótica e a relación que pode ter na creación dun horto escolar.
  • Realizar investigacións sobre robótica e a súa aplicación concreta no horto escolar.
  • Valorar o traballo cooperativo a través de traballos de investigación en grupos de alumn@s.
  • Crear un espazo multimedia para recompilación de todas as actividades.

Esquema de traballo:


  • Qué sabemos?
  • Qué queremos saber?
  • Onde atopamos a información?
  • Como nos organizamos?
  • Que facemos coa información?
  • Como resultou todo?

      1.- Saber localizar a información

   Onde, e de que maneira encontrar información (oral, escrita, audiovisual, gráfica, por Internet, na casa, no entorno máis próximo, na biblioteca pública, na biblioteca do colexio...) e con quen nos informamos (pais/nais, avós/avoas, veciños,  expertos...) intentando que as fontes de información sexan diversas: persoais, de tipo gráfico, visual, plástico... 

      2.-Tratar a información:
 
   Ler, resumir, esquematizar, reescribir… 

      3.-Comunicar a información:
   

   Exposición oral, debuxos, manualidades, documento escrito, imaxes, murais, TICS...



Subpáginas (1): Modelo ficha escornabot