Novas‎ > ‎

Peche da tempada 2014/2015

publicado a la‎(s)‎ 16 jun. 2015 4:53 por balonman ribadosar   [ actualizado el 16 jun. 2015 4:54 ]
O sábado 13 de xuño no Pavillón Quiroga Palacios levouse a cabo o peche das escolas de Balonmán en Santiago de Compostela 2014/2015 coa seguinte axenda:

10:30 Comezamos o día con diversos xogos de mini-balonmán no que participaron cerca de 60 nenos/nenas de distintas categorías todos eles moi ilusionados que estiveron xogando sen parar.

12:30 Recuperamos forzas con unha barriña de cereais e un refresco

12:40 Procedemos ao sorteo de 10 camisetas entre os asistente.

13:00 Partido de balonmán entre os xogadores do club de categorías Infantil Cadete de Xuvenil.

14:00 Peche das actividades deportivas

15:00 Comida para todos os que se apuntaron no restaurante Monte da Condesa

17:00 Entrega de Medallas aos Infantís que quedaron campións de grupo e sextos de Galicia na súa categoría.

Aproveitar este espazo para agradecer a todos os participantes nesta xornada (nenos, pais, xogadores do club, membros da directiva, etc) todo o esforzo que fixeron para que estes días se poidan celebrar.

Grazas pola vosa participación

Comments