Novas‎ > ‎

"I TORNEO DE NADAL MINIBALONMÁN CONCELLO DE ABEGONDO"

publicado a la‎(s)‎ 27 dic. 2012 9:40 por balonman ribadosar   [ actualizado el 27 dic. 2012 10:15 ]
O día 26 de decembro participamos no "I TORNEO DE NADAL MINIBALONMÁN CONCELLO DE ABEGONDO". 

O torneo comezou coa presentación dos equipos e continuou coa celebración dos partidos, moi aplaudidos polo público asistente.
O equipo alevín de Ribadosar tivo unha extraordinaria actuación, clasificándose primeiro de grupo, derrotando a grandes rivais como o CB Xallas e o Xiria A. Noraboa aos nosos xogadores pola súa grande actuación:

Alex (22), Antón (17), Felipe (47), Pedro (45), Ricardo (10), Rodrigo (54), Sergio (49), Teo (30), Xoaquín (62) 

Despois dunha disputadísima final contra CB Pontedeume, acadamos un segundo posto.

Nenos e pais disfrutamos dunha xornada de deporte que finalizou coa entrega dos trofeos.

 

Moitas grazas a todos os pais que nos acompañaron e fixeron posible esta xornada.

Dende o Club Balonmán Ribadosar queremos felicitar á organización do Torneo.


Comments