Novas‎ > ‎

Grande éxito da III xornada de portas abertas

publicado a la‎(s)‎ 22 sept. 2013 23:17 por balonman ribadosar   [ actualizado el 22 sept. 2013 23:25 ]
O pasado sábado 21 de setembro celebrouse, no pavillón do Restollal, a xornada de portas abertas de balonmán na súa terceira edición, organizada polo Club Balonmán Ribadosar coa colaboración de Gadis, San Concello de Santiago, Adega Abrigadoiro e a Federación Galega de Balonmán.

Acudiron ao redor de sesenta nenos e nenas entre 6 e 16 anos, que pasaron a mañá con actividades e xogos en torno ao balonmán e mini-balonmán, nas distintas categorías. A xornada estendeuse dende as 10:00 ata as 14:00 e contou coa presenza do Concelleiro de Deportes, D. Adrián Varela, que animou nenos e mozos á práctica do deporte.

Con este evento, que comezou con actividades para os máis pequenos e finalizou cun partido dos cadetes, iníciase a nova tempada do Club Balonmán Ribadosar, que espera continuar cos éxitos da pasada, na que os diferentes equipos ocuparon primeiros postos nas súas categorías.

O Club Balonman Ribadosar agradece a todos os amigos e colaboradores a axuda prestada para a realización destas xornadas e anima todos os nenos e nenas a participar no club.

Comments