Equipos‎ > ‎Infantiles‎ > ‎Crónica Infantiles‎ > ‎

II Handball - Corpus 2014 - Ourense

publicado a la‎(s)‎ 23 jun. 2014 13:29 por balonman ribadosar   [ actualizado el 24 jun. 2014 1:02 ]
Esta pasada fin de semana celebrouse en Ourense o campionato II Handball - Corpus 2014, co que o noso equipo de infantís pecha a tempada 2013-2014, demostrando unha enorme evolución na calidade do xogo.

O día comezou cunha serie de baixas inesperadas, de Ambiorix e Xaquín, lesionado na súa man dereita, pero que non quixo perder a oportunidade de animar aos seus compañeiros. Dende aquí, desexámoslle unha pronta recuperación!

O equipo estaba tan xusto de xogadores que estas dúas baixas facía que non puídesemos xogar. Había que buscar opcións para solucionalo,  polo que despois de pedir permiso á organización, incorporamos a Leilía, que debutou no equipo infantil masculino facendo un gran traballo.

O equipo formado por Andrea, Breixo, Alex, Felipe, Ricardo, Teo e Leilía loitou dende o primeiro minuto ata o último, crecéndose co paso dos partidos. Empezamos o primeiro partido contra Tui, un pouco tímidos e con moito respeto polo noso rival, pero con moitas ganas de loitar. Seguimos contra o Pabellón de Ourense e rematamos contra o Lalín, no que demos todo o bo que sabemos facer, cun público volcado co noso xogo, que se levantou en moitas ocasións para aplaudirnos. 

Ademáis de Xaquín, animaron e aplaudiron aos seus compañeiros Enrique, Uxía, Rodrigo e Valeria dende o banquillo, e todos os pais e nais que se acercaron a animar aos rapaces e que aplaudiron dende a bancada.

O resultado do campionato deixounos en cuarto lugar, moi contentos do xogo que fixeron os nosos rapaces, que nos mostraron un bo balonmán.

Noraboa a todos eles, e en especial a Álex, que levou o trofeo ao mellor xogador infantil masculino do campionato.

Así se fai!!



    




Comments