Equipos‎ > ‎

Boas prácticas no deporte

DIRECTRICES PARA QUE OS PAIS POIDAN AXUDAR OS SEUS FILLOS

Cada día máis nenos practican deporte e moitos queren xogar ao Balonmán na escola, en centros de deportes ou de xuventude, ou en terreos ao aire libre. Nunca se puxo en dúbida a importancia do deporte e das actividades recreativas na vida do neno, pero o máis importante é divertirse.
Queremos chamar a atención a todos os pais e nais sobre a importancia do desenvolvemento do neno de 6 a 14 anos:
  • Ter en conta que os rapaces e rapazas non son pequenos adultos, non pensan como adultos.
  • Ter conciencia de que os nenos teñen outra idea do xogo que os adultos.
Saber que os nenos queren gustar aos seus dirixentes, profesores, adestradores e pais.
  • Saber que esperan deles felicitacións e ánimos.
  • Entender que os mozos non buscan naturalmente a victoria.
  • Saber que gozan estando cos seus amigos.
Todos os rapaces e rapazas necesitan o APOIO dos seus pais. Algúns pais axudan levando o seu neno ás sesións de Balonmán e recolléndoo. A outros, gústalles quedar e observar. Hai tamén algúns que queren axudar de xeito máis practico aos dirixentes, profesores e adestradores. Outros confórmanse con que os nenos traian máis roupa sucia e efectúen comidas irregulares.

Moitas veces pregúntasenos "Como podo axudar ao meu fillo para que goce do deporte?" ou "¿ Como podo axudar ao meu fillo para que faga progresos no deporte?"

Os nenos desenvólvense de xeito moi diferente, e ata nunha mesma familia, dous nenos ou máis serán moi diferentes.
Estas directrices teñen como obxectivo axudar aos pais, e esperamos que o encontren pertinente para apoiar ao seu fillo, para que goce xogando ao Balonmán.
Sácase da grande experiencia de pais, adestradores, profesores, oficiais e administradores. O Balonmán xógase en máis de 200 países de todo o mundo. Millóns de nenos e nenas xogan e gozan do xogo cada semana.

COMO PODE AXUDAR?

  • Coñeza aos profesores, adestradores e dirixentes de Balonmán do seu fillo. El ou ela pasa moito tempo co seu fillo ou filla para desenvolver o seu interese e capacidades. Non dubide preguntar se o adestrador ten a cualificación para traballar cos nenos en Balonmán e se o club ten unha política san, segura e de protección do neno. Mire tamén se os "asistentes" seguen un programa de desenvolvemento e formación persoal. 
  • Estableza unha comunicación regular. Non dubide en consultar ao profesor, adestrador ou dirixente para preguntar como progresa o seu fillo. Cada adestrador cualificado debería ter un programa ben pensado para o desenvolvemento de cada xogador e as súas experiencias de competición.
  • Respecte a opinión do adestrador, profesor ou dirixente. Non dubide avisalo se ve signos de cansazo por parte do seu fillo. Algunhas veces, o cansazo ou a dificultade non virán do Balonmán, pero poderán afectarlle.
  • Dedíquese a animar ao seu fillo, e non a darlle ordes técnicas ou tácticas, para iso está o adestrador, xa que pode darlle ao seu fillo ordes incorrectas e crear nel confusión.
  • Evite sempre criticar o adestrador, o profesor ou o dirixente:
    • ao seu fillo
    • diante do seu fillo
    • diante doutros pais ou xogadores.
  • Anime ao seu fillo a participar nas sesións de adestramento regularmente.
  • Se debe perder unha sesión, hai que presentar desculpas ao adestrador, profesor ou dirixente o antes posible. Se o adestrador o sabe con antelación, axúdalle para preparar a sesión.
  • Felicite e recompense ao seu fillo cando xogue ben e anímeo cando estea decepcionado.
  • Axúdelle a ser realista
  • Anímeo a traballar duro para facelo o mellor que poida. É máis importante que gañar.
  • Pregúntelle "Gustouche?". Non é un pecado perder. Debe haber un perdedor. Estaría ben que contestase "XOGUEI MELLOR HOXE". O mesmo evite preguntar "Gañaches?"
  • Evite criticar unha mala actuación. Intente animar primeiro e logo explique como se podería mellorar a próxima vez.
  • Fale dos problemas que lle afectan. Non lle deixe facer unha montaña destes, resólvao con quietude e sen pánico.
  • Os adestradores e profesores adoitan reaccionar dicindo "Temos un problema. Podemos encontrarnos para resolvelo?"
  • Recorde que o partido non se pode xogar sen árbitro.
  • Non anime as críticas contra os árbitros. No Balonmán, considéranse aos árbitros como AMIGOS. Recorde que sacrifica parte do seu tempo para axudar a que o seu fillo e outros xoguen o partido de xeito xusto e honesto.
  • Non hai sitio para un mal comportamento, trampas ou insultos por parte dos xogadores, adestradores ou pais.
  • Se se insulta aos árbitros os nenos perderán a atención no partido e tomarán mal exemplo dos seus pais.
TRABALLOS PARA PAIS

Hai a miúdo traballos dos que os pais poden encargarse nun club ben administrado:
  • secretaría do club.
  • coordinador de transporte
  • supervisor de refrescos
  • cronometrador ou marcador
  • editor e produtor do boletín
PENSAMOS QUE OS OBXECTIVOS DO BALONMÁN SON
  • Dar pracer aos nenos facéndoos gozar xogando.
  • Mellorar as súas prestacións para que cheguen a un mellor nivel.
  • Traballar con outros membros do equipo ou do club para axudarlles a mellorar tamén.
  • Facerse moitos amigos nun ambiente amigable, correcto e seguro. Formarse como persoa.
NORMAS XERAIS
  • O neno debe ter unha alimentación san e equilibrada, sen exceso de graxas.
  • O día do partido é conveniente que o neno coma polo menos dúas horas antes da hora en que queda para xogar.
  • É conveniente que coma pasta antes do partido, así terá achegas enerxéticas para a disputa deste, non se sentirá pesado e terá unha boa dixestión dos alimentos.
  • De sobremesa pode tomar plátanos e un puñadiño de froitos secos (anacardios, cacahuetes, améndoas, pistachos), xa que estes lle darán moita enerxía.

ESPERAMOS O VOSO APOIO




Comments