Colabora con nós

FINANCIACIÓN

O Bm Ribadosar é unha asociación deportiva sen ánimo de lucro que basea o seu funcionamento no traballo voluntario dos seus membros. Todos os nosos ingresos están destinados a sufragar os gastos da nosa actividade deportiva, fundamentalmente o propio material deportivo, os gastos derivados da competición e os salarios dos nosos adestradores, aos que debemos unha grande parte do éxito tanto das escolas como dos nosos equipos.

Estas actividades son financiadas mediante as cotas dos socios/as, as aportacións desinteresadas dalgúns colaboradores, e as subvencións públicas das que ocasionalmente somos beneficiarios.

CAMPAÑA DE SOLICITUDE DE APOIO

O crecemento e a estabilidade acadada polo club impúlsannos compartir a ilusión por consolidar a presenza do Balonmán na capital galega apostando polo deporte de base aberto a todos. Animamos a todos aqueles que comparten a nosa paixón ou que se identifican cos valores do deporte, a poñerse en contacto con nós e participar como deportistas, como aficionados, ou como patrocinadores. Adxuntamos un cadro resumen indicativo (e non pechado) do que o club pode ofertar a aqueles que opten pola colaboración económica.