_____________________________________________________________________________________________________________________________________________
_____________________________________________________________
Un
suceso moi estraño.
Eva Otero
Pastoriza 2ºB
Querido diario:
Non sei como pasou pero pasou.
Debino imaginar, iso é imaxineio. Debeu ser polo cansazo de traballar todo o
día.
Onte,
cando saín de traballar pola noite, ía camiñando pola rúa coa miña compañeira
de traballo e, de pronto, comecei a sentir que alguén me seguía, pero cando me
xiraba non vía a ninguén. Comecei a escoitar uns pasos xusto detrás de min pero
como ao xirarme non vin a ninguén. Pregunteille, asustada, á miña amiga se escoitaba
eses pasos. Ela contestoume sorprendida que non escoitaba nada.
Ao
volver a poñer os ollos na estrada vin un home tirado no chan cun coitelo no
peito, e cando lle preguntei á miña amiga se o vía, ela díxome que non vía nada
e que se me ocorría algo. Eu non puiden contestarlle porque ese home, que eu
non coñecía de nada, comezou a dicir o meu nome e a pedirme axuda e eu, sen
pensalo, corrín todo o que puiden ata a miña casa deixando á miña amiga alí, na
rúa, dicíndome que a agardara. E se o que pasou non foran imaxinacións miñas? E
se foran de verdade? Pero se foi de verdade, por que a miña amiga non o viu nin
o escoitou?
____________________________________________________________________________________
Semana
Branca: Estación de esquí Valgrande-Pajares.
Entre
o 27 de marzo e o 1 de abril de 2011, alumnas e alumnos de 2º de ESO
practicaron esquí na estación de Valgrande-Pajares, en Asturias.
A
actividade da Semana Branca foi organizada e coordinada por Toño, profesor de
Educación Física, e participou como profesor acompañante Antón, profesor de
Pedagoxía Terapéutica.
_____________________________________________________________
Confusión.
Idoya
Cancelas León 4ºB
https://sites.google.com/site/onselas
De
que me serve a imaxinación se non teño con quen compartila?
De
que me serve a vida se non teño con quen vivila?
De
que me serve ser boa se non teño a quen desmostrarllo?
De
que me serve redactar o que penso se non teño quen me lea?
Sentimentos
confusos. Tanto, que che fan confundir a vida coa morte.
Coin.
Idoya
Cancelas León 4ºB
Só
teño unha moeda no meu peto. Douche a opción. Cóllea. Cóllea e con ela colle o
autobús de volta a casa. Pero esa moeda non é suficiente para regresares ao meu
lado.
Aínda
a pesar das consecuencias, colle a moeda, se así vas ser feliz.
Pero
recorda: debes devolverma.
E
non me chames cutre. Non. Chámame obsesiva por buscar una excusa para volverte
a ver.
Só
palabras.
Idoya
Cancelas León 4ºB
Sempre
as mesmas frases de amor:
-
Se me afundira, afundiríaste comigo?
-
Non.
-
Non? Cría que me querías…
-
Non sería necesario que eu me afundira, porque no momento no que caeses
recolleríate.
-
Quérote.
-
Eu non. Eu ámote.
Sempre.
Pero o amor non se expresa con palabras.
Exprésase
con acción. Feitos.
Escribindo
só mostras unha mínima parte do que sentes.
_____________________________________________________________
Tenis de Mesa.
Nos
recreos dos xoves e venres disputouse un campionato de tenis de mesa que
finalizou o 14 de abril do 2011. Na categoría de 1º foi campión Yoel Loira, seguido de J.Ramón
Molares e de Roberto Pastoriza. Na categoría de 2º o primeiro posto foi para
Andrés Álvarez, de 2ºB, seguido de Óscar Santos, de 2ºA e o terceiro posto foi
para Serafín Martínez, de 2ºA. A actividade foi organizada e coordinada por
Toño, profesor de Educación Física.
_____________________________________________________________
Unha viaxe a Xenebra
Daniel Piñeiro Ferradás. 4ºA
Chegara o día de saír cara Suíza. Eran as cinco e media da mañá cando
saímos cara o aeroporto de Porto, durante a viaxe en autobús iamos medio
durmidos e o bus estaba case en silencio, agás por algunhas persoas que
falaban.
Ao chegarmos ao aeroporto, xa case
era de día e a cousa comezou a animarse, iamos falando e rindo todos contentos,
pois xa chegara o día de despegar.
En Xenebra visitamos moitas cousas
pero prefiro contar só o que máis me gustou e onde o pasei mellor.
Alí sen visitar ningún lugar xa me
sorprenderan algunhas cousas, por exemplo o amable que é a xente e pouco ruído
que hai, xa que todos se respectan entre eles.
Unha das cousas que máis me
sorprendeu foi a igrexa ortodoxa, que aínda que non estivemos moito tempo
dentro, xa que había unha misa, decatámonos de que era moi diferente ás de
aquí. Case daba medo o silencio que había, no que só se escoitaba a voz do
cura.
A ONU tamén foi unha visita
interesante, polo seu tamaño e por todos os temas que alí dentro se tratan e que,
na miña opinión, semellan case imposibles de resolver. Alí dentro o máis
impresionante era sala de dereitos humanos, coa impresionante cúpula construída
por Barceló, toda chea de estalactitas de diversas cores.
A viaxe en tren ata Vevey tamén foi
entretida, xa que puidemos ver como eran en Xenebra os campos e as casa de
campo, totalmente diferentes aos de aquí.
Toda a viaxe foi entretida e
interesante, pero cando mellor o pasabamos era cando estabamos todos xuntos
nunha habitación falando un pouco antes de ir durmir, lugar no que melloramos
as nosas amizades e creamos algunhas novas.
_____________________________________________________________
Noa Martínez Rial 4B
https://sites.google.com/site/onselas
<<
Ao ver despegar o avión, asaltoume a tristeza.
Síntocho, non puiden evitalo.
Sei moi ben que é a túa vida e tamén sei que
desgraciadamente, eu son demasiado insignificante como para impedir que marches En realidade, non é que queira que quedes
aquí.
Non.
Quero que vaias cumprir o teu soño.
Pero non imaxinas canto necesito estar ao teu
carón.
Maldita
sexa… Gustaríame tanto que me levases contigo…
Mais
non conseguín xuntar os cartos, e claro, ti non podes facer nada.
Vaia, iso de que non podes…
Aposto
o que queiras a que esa maletaza que levas está chea de roupa que non vas pór
nunca.
Seguro
que se vendeses a metade, daría para comprar outro billete.
E
se non, co miudiño que son, ben poderías agocharme na maleta, preferiblemente
entre as saias esas tan curtas que sempre levas.
Raios…!
Si que che estaría ben alí acurrucadiño durante as seis horas de voo… Pero non.
Esfumácheste. Estou dicindo adeus coa man, aínda que ti xa es un puntiño no ceo
e non podes verme.
Rapaza tola… En que estabas a pensar?
Quen che secará agora as bágoas polas noites?
Teño medo por ti, camiñando soa polas rúas de
Xapón, rodeada de xente tan estraña…
Sí,
xa sei que ti tamén es rara.
Pero,
¿tanto, tanto? Eu creo que non.
Levas
vivindo aquí os teus dezaoito anos de vida, e aínda que insistas en negalo,
acabácheste contaxiando bastante da normalidade dos demais.
Estou
convencido de que de non pasar todas as tardes comigo que contrarresto iso coas
miñas excentricidades, agora mesmo serías simplemente unha mais. Do montón.Pero
ti sempre foches especial.Ben o sabes, non si?
Por
iso creo que fixen o correcto ao non comezar a choromicar como o neno cativo
que por dentro son.
Tan
infantil, que che estou a escribir esta aínda que foches ti a que non conseguiu
os cartos e a min a quen lle sobraron.
Aínda
que ambos subimos ó avión, mortos de nervios.
Aínda
que non choraches nin unha soa noite.
Aínda
que xa pasaron dez anos de aquel día e temos unha neniña fermosa coma a nai e
lista como o pai.
Tan
espabilada, que está a escribir esta carta coma se eu fose quen a escribe.
Feliz aniversario, Papá e
Mamá.
____________________________________________________________________________________________________________________________________________
Trombón
de varas
Rosana
Parada Otero 2º B
Cando eu tiña oito anos irmán entro una
Banda de Música Artística de Bueu. Alí practicou un tempo en solfeo e despois
empezou co trombón de varas.
Miña nai preguntábame se eu me quería
anotar tamén, pero eu sempre contestaba que non, aínda que ela e máis o meu
irmán insistían moito.
Dous anos despois meu irmán decidiu recibir clases no Conservatorio Manuel
Quiroga de Pontevedra.
Eu asistía a todos os concertos da Banda de Música e gustábame moito.
Un día o profesor de Conservatorio de meu irmán falou con miña nai de
que meu irmán non estudaba e que se estudara podía chegar a tocar moi ben. Miña
nai enfadouse e no coche cando viñamos de camiño cara a Bueu veu recalcándolle
a meu irmán que ela non o ía levar máis a Pontevera para que el non traballara
nada e estivera perdendo o tempo. Tamén o ameazou con que ía gardar o trombón e
que non o levaba máis. Eu pensei que eran moitos cartos para malgastar alí
gardados, sen utilizar, e decidín anotarme na Banda de Música Artística de Bueu
e no Conservatorio coa especialidade de trombón de varas.
Agora mesmo estamos eu máis meu
irmán na banda de Bueu e no Conservatorio de Pontevedra coa especialidade de
trombón de varas.
___________________________________
Rafting no Miño. 27.04.2011
O
27 de abril, un ano máis e por iniciativa de Toño, o profesor de Educación
Física, acompañado por Moisés, o de Tecnoloxía, alumnas e alumnos de 3º e 4º de
ESO practicaron Rafting, o descenso de ríos en balsas pneumáticas, no río Miño.
Despois do descenso percorreuse unha rota de sendeirismo até Tui.
___________________________________
Acróstico.
Eva Otero Pastoriza 2ºB
Árbores fermosas,
bonitas margaridas,
centos de formigas,
dúas rosas vermellas,
e cinco amarelas,
follas de cores,
grandes cempés,
hai moitas vacalouras,
incansables mosquitos,
longos carballos,
moitos animais,
nunca tantos vira.
O bosque é fermoso,
pero só se estás quieto.
Quieto podes velo.
Raposos pasan sempre,
sapos na charca,
trinta bolboretas,
un esquío na póla,
vanse algúns paxaros,
xa pasaron águias,
zunen as abellas.
__________________________________________________________________________
Barcelona.
Sara
Calviño Ferreira 4ºB
Dende
o ceo, dende arriba, entre as nubes, sénteste minúsculo.
Pensar
que ti vives aí abaixo e que simplemente es unha mole de carne entre
tanta xente faite sentir iso, nada.
Canda
fun a Barcelona por primeira vez tiña seis anos. Só recordo un
xeado de coco nunha praia e agora, despois de dez anos sei que esa
praia se chama a Barceloneta.
Agora,
aquí nun asento, creo que o 18, sinto a presión nos meus oídos,
como si non me fora permitido estar aquí, entre o ceo, como un Deus
máis, como se os paxaros foran os únicos capaces de voar.
Non
puiden despedirme da miña irmá, estaba no colexio cando collín a
maleta para irme cos meus pais ao coche.
O
comandante fala, en vinte minutos estamos na segunda capital de
España: Barcelona... Si, con puntos suspensivos, como na banda
sonora dunha peli de Woddie Allen, na que a nosa Pé gañou un Óscar.
Aterraxe,
cheiro a queroseno, calor, moita calor, turistas e Paz.
Isto
non é como Madrid, aquí a xente mírate con ese brillo nos ollos
que alí tanto escasea, a xente vai en bicicleta en harmonía cos
carteristas das Ramblas e as estatuas humanas que viven á espera de
que as espertemos.
O
ceo é azul a pesar de ser cidade e nos parques hai música de todas
as culturas: "Benvidos ao parque Güell, o parque cosmopolita"
onde as píntegas pousan mellor que as modelos e donde as avespas
atacan as profesoras.
-
Mátala, mátala!- Grita o seu alumno.
Pobre
avespa, seguro que acabou asustada ante cada movemento que lle
manifestaba unha morte segura.
A
Sagrada Familia, tan grande, tan elegante pousa ante os turistas e
Gaudí escóndese nas chemineas da casa da Pedrera e nos cores da
outra coma unha serea máis.
Saída
do albergue.
Embarque
no avión.
Adiós,
Barcelona, adiós.
________________________________________________________________________________________________________________________________________
Escalada en Donón. 10.05.2011
Alumnas e alumnos de 4º de ESO
participaron un ano máis nunha actividade de escalada organizada por Toño,
profesor de Educación Física. Participou como profesor acompañante Moisés.
Mentres
un grupo practicaba escalada o outro camiñaba até o Facho, onde contemplaron as
vistas e as escavacións arqueolóxicas.
_____________________________________________
Raquel Álvarez Martínez 4A
por moito temPo
que mo negara a min mEsma, no fonDO sabia qUe era verdade
que Por moitos ‘’nOn’’ que saíRan da MIña boca non esconderían o q u e estaBa demOstrando
o
Qu e me negaba a
crer
quE algunHas couSas só poDen dici r outras
candO de
repente sorprénDome
a MIN mesma sorrinD o por calQuera
cousa qUe dixera
uNa lágrima
que cae
Sen
Querer
cando levo toute l'après-midi peNSAndo que o poDO perdEr.
OuTra persOa más que se Suma a miÑa lista de
‘’persoas importantes perdidas’’ coa diferenza
perdera, quizais tamén me perdería a min mesma.
I need him
caNdo mE dou coNTa de que quéroo por mOIto que diga
je l’aime que
noN
enTon choRo
ChorO moito Cando penSo na miÑa sorte: noN hai eu sen el.
_____________________________________________________________
C.Á.R.C.E.R.E.
Sam Cook.
Levántaste
pola mañá, rosmando: “mátame señor,
que outro ano así non o aturo“
Vas no autobús,
o único que escoitas é o
silencio dos que
acabarán na cadeira.
Entras no cárcere. Só
vas cos da túa
propia calaña. Os outros
presidiarios mírante coma
se saíras dun
burato, con ollos de desprezo
e superioridade. O
Único que podes
facer é calar
a boca e, coma
os burros, ir
pola sombra. Sentas
en calquera recuncho
cos teus colegas.
Do único que
falades é de
que a vida
é una merda,
ou de querer
saír de alí.
Xa comeza a tortura:
seis “Pink Floyds”, que
ti pensas que
sabes máis ca
eles (pero eles sempre
acaban gañando), danche
un sermón de
seis horas. Déixanche
coma quen di
cinco minutos para
engulir o que
poidas.
Remata o recreo
e volta ao
cortello, coma os
porcos. Mentres vas
de volta á
túa cela observas
a xente pasar: altos,
baixos, gordos, fracos,
drogados, violadores, animais…
se aturas ata
última hora dá
grazas a Deus
que, para os
pailáns, sempre está
alí arriba.
Quedan cinco minutos
para sentáreste na cadeira definitiva. Observas como
che mollan a cabeza, póñenche
un casco, baixan
a panca e
soa un timbre,
e como dixen
antes, dá grazas a Deus, que
para nós, os
pailáns, sempre está
alá arriba .
____________________________________________________________________________
Contamos contos no colexio A
Pedra.
Os
días 25 de maio e 8 de abril de 2011 alumnas e alumnos do IES Illa de Ons
contaron contos para o alumnado do colexio A Pedra.
Patricia Torres e Lucía Piedras, de 1ºB
contaron o conto "A casa da mosca chosca"; Tania García, de 1ºA, e Mª
Tenorio, de 1ºB contaron o conto da Toupiña; Alba Lobeira, de 1º A e Katia
Santomé, de 1ºB contaron "A ratiña presumida"; Mª Mercedes Pretel, de
1ºA e Angela Villanueva, de 1ºB contaron "Xaime e as landras".
Marcos Guerra, de 1ºA, Iria Rosas e Susana
López, de 1ºB contaron "Os tres bandidos"; Erica Ferradás e Laura
Pousada, de 2ºB contaron "O coelliño branco"; Iria Piedras, de 4ºB
contou "Como está o galiñeiro". A actividade foi coordinada e dirixida
por Antón, profesor de Pedagoxía Terapéutica.
_____________________________________________________________
ACRÓSTICO. Ana Antepazo Regueira 2ºB
Amor que florece no verán
Buscando unha amizade moi valiosa
Chea de alegrías e cousas bonitas
Descubrindo novos sentimentos
importantes
Explorando un mundo que non coñecía
Formando un vínculo inseparable entre
os dous
Gritando ao vento esa sensación
estraña
Intentando que dure para sempre
Levantando o bo humor
Mentras contemplan a posta de sol
No banco despintado na beira do mar
Ocultando calquera problema
Para non estragar a bonita escena
Que nunca antes viran pasar
Rindo polos bos momentos que pasaban
xuntos
Sen saber que o verán vai rematar
Tarde ou cedo. E esa alegría vaise
acabar
Un mundo novo os espera separados
Vivindo novas aventuras con novas
persoas
Xoán está triste, non se quere
despedir, e
Zulema despídese cun forte beixo que
seguirá durando para sempre no corazón de Xoán
_______________________________________________
Campionato
de Bádminton.
O
día 20 de maio de 2011 celebrouse a final do campionato de bádminton do IES
Illa de Ons organizado por Toño, profesor de Educación Física. O primeiro posto
da categoría de 1º de ESO foi para Yoel Loira, o segundo para Agustín Caballero
e o terceiro Ángela Villanueva.
O
primeiro posto da categoría de 2º de ESO foi para Álvaro Omil, o segundo para Iván Refojos e o terceiro para
Agustín Piñeiro.
Na
categoría de 3º e 4º de ESO o primeiro clasificado Sergio Torres, o segundo
para Anxo Pérez e o terceiro para Hugo Santaclara.
Cada
gañador foi obsequiado cunha raqueta de bádminton.
A
final entre Álvaro Omil e Iván Refojos.
Os gañadores, de esquerda a dereita e
de arriba a abaixo: Iván Refofjos (2º), Agustín Piñeiro (3º ), Álvaro Omil
(1º), Ángela Villanueva (3ª), Agustín Caballero (2º) e Xoel Loira (3º).
A final entre
Xoel Loira e Agustín Caballero.
___________________________________________________________________________________________________
Daniel Franco Vilas, 2° B
Arriba,
os anxos que voan tamén rin
Bandido
o que os cace
Cacatúas
que non voan tan alto como eles
Donos
do inmenso ceo azul
Electricidade
que xeran para as tormentas
Fábulas
que son ao voar
Gamelas
voadoras os seus vehículos
Habilidosos
para fabricar obxectos
Idade
infinita que eles teñen
Koalas
que observan dende o aire
Labazadas
que reciben dos avións que pasan
Magníficos
cruces entre paxaros e humanos
Nacen
das árbores dos montes
Obreiros
espléndidos que constrúen casas flotantes
Paisaxes
bonitas que eles observan
Quince
son os seus xefes
Rabaños
de aguias propiedade dos anxos
Salvan
as vidas da xente que cae polos barrancos
Tépalos
é o que lles dan os humanos por salvalos
Utensilios
que fabrican a man
Vida
feliz
Xa
miran o sol dende alí
Zafras
é o que fabrican principalmente.
______________________________________________________
Kamien
Pomorski 2010.
Andrés
Álvarez Gil 2ºB
Como moitos xa
sabedes gústame a vela e participo en regatas por toda España e por Europa
porque este ano clafifiqueime para o campionato europeo de vela, e do europeo
vou falar. O campionato europeo
individual de 2010 celebrouse en Polonia, concretamente en Kamien Pomorski, un
lago moi bonito inda que cunha auga moi sucia.
O equipo
clasificado para dito campionato fomos Paula Barceló (Baleares),Marta Garrido
(Andalucía), Maria Caba (Canarias),Néstor Cano (Cataluña), Franc Bru
(Cataluña), Javier Rodriguez-Triana (Galicia) e máis eu Andrés Álvarez
(Galicia).Eramos bo equipo, todos bastante lixeiros e rápidos.
O
primeiro día o campo estaba rolón, co vento moi inestable, poucas ondas, pouco
vento.Eu sabía q este era un dos meus días preferidos. Morría por saír ao mar.
En canto deron o sinal fun un dos primeiros en chegar ao campo de regatas e
poñerme a probar. Ese día rematei cuarto e terceiro de Europa.
O
segundo día eu ía moi motivado e non fixemos
regata xa que non había vento. O terceiro día sopraban vinte nós e eu xa
sabía o que me ía pasar, porque eu son moi lixeiro. Saímos ao mar e dito e
feito: ese día dei un brinco cara abaixo na clasificación.
O
cuarto día aínda había moito vento e outra vez volveume a pasar o mesmo: entre
os nervios, a presión e o vento que sopraba non o fixen ben. O quinto día non houbo regata pola falta de
vento.
O
sexto día máis do mesmo.
Na miña opinión, para estar no alto da
clasificación teño que pelexar con uñas e dentes cada día, aplicar todo o que
sei, os días de vento.
O
posto no que rematei a regata foi o 23.
______________________________________________________
O
señor Drácula.
Eva Otero Pastoriza 2ºB
O
señor Drácula leva vivindo en Beluso dende antes de que eu nacera.
Cando eu e os meus compañeiros voltamos
á casa para comer, el sempre nos agarda sentado no banco que se encontra ao
lado da copistaría. Pregúntanos que tal nos foi e moitas veces dános caramelos
ou chicles. El sempre se está queixando dos dentes, di que lle doen e por iso
non pode comer cousas duras. O pobre sempre anda co caxato. Vive só na súa
casa, a que está á esquerda da copistería. Polas tardes case sempre está na
Biblioteca lendo un libro ou o xornal. Ás veces, despois de comer tamén se ve
tomando o café no Couto, o bar que está diante da floristaría, con outros
señores máis.
O
señor Drácula é moi bo e moi falador. Se sentas con el no banco cóntache
historias sobre as súas viaxes de antes de chegar a Beluso e sobre o que lle
gustou este lugar cando o viu por primeira vez.
____________________________________________________________
Sentimentos de ruptura.
Jorge
Durán Currás 2ºA
Ás veces estou morto por dentro
Bicos teus desexo
intensamente
Choraba por pura rabia
Dende o fondo da miña alma
Estou sentindo de todo
Fóra dela non sinto nada
Gañaches o meu corazón
Hospedácheste no meu corazón e
fúcheste sen pagar
Iso foi cruel
Lírica era a sinfonía que
escoitaba cando estabas
Mais agora
Non sinto nada
O meu corazón só batía
Polo que sentía por ti
Quen es ti para facer iso
comigo?
Raios! Por que te coñecín?
Sei que entraches no meu
corazón e
Te levaches
Un corazón que non era de
ninguén
Van pola miña cara caendo
bágoas
Xa non sinto nada por culpa do
teu recordo e o dos
teus elegantes
Zapatos que no meu armario esqueceches.
_______________________________________________________________
Un
recordo do colexio
Sara
Menduíña Soage 2ºB
Eu recordo unha historia que me pasou no colexio cando
rondaba os catro anos. Aquela mañá miña nai preparárame o meu bocadillo de Nocilla,
pois non quedaba embutido para pórlle ao bocadillo.
Eu camiñaba toda feliz para a escola pensando
na rica merenda que hoxe comería. Paseis as tres horas da clase de marabilla.
Portárame ben para que non me castigaran no recreo, pois a profesora que tiña
era moi mala.
Cando soou o timbre do recreo corrín para
coller o meu bocadillo de nocilla e saín con el para o patio. No patio había
sempre algunha profesora que vixiaba para que merendaramos todo e ese día
tocáballe á miña profesora, a que era moi mala.
Cando abrín o bocadillo topeime con que aquel
non era o meu, pois o meu era de Nocilla e este era de chourizo, o único
embutido que odiaba. Amolada, funllo contar á profesora que vixiaba e ela
contestoume: “non digas tonterías e come o bocadillo” eu intenteillo explicar
outra vez e ao final castigoume na zona dos castigados. Rifoume moitísimo e eu
choraba mentres a profesora berraba e berraba. O peor de todo non foron nin os
berros nin o castigo, o peor de todo era que ela non me escoitaba nin me cría
que a min non me gustaba o bocadillo de chourizo. Ao final entre lágrimas e
arcadas acabei o bocadillo e soou o timbre para a volta a clase.
Logo xa dentro da aula unha compañeira
contoume que unha nena cambiárame o meu bocadillo polo seu. Enfadada corrín a
preguntarllo á rapaza e respondeume que si con toda a cara do mundo. Máis
enfadada aínda a pesar de xa dar igual -pois comera aquel bocadillo e cumprrira
o castigo-, quería demostrar que non era ningunha mentirosa e facerlle ver a
aquela profesora que non levaba razón ela e que todo era verdade. Cando llo
comentei pediume disculpas e castigou a aquela rapaza.
Despois desa experiencia que vivín non
volvín a probar o embutido, e cada vez que cheiro o chourizo vólvenme as
arcadas.
Esta historia non é moi importante. O
importante para min foi o que aprendín, que foi que moitas veces os maiores non
escoitan as razóns dos nenos e que unha nunca debe renderse para demostrar que
o que di é verdade.
Recordos de Infantil.
Alexia
Vidal Martínez 2ºB
De pequena, cando empezaba en infantil, pasábao moi ben
porque dispoñiamos de xogos e xoguetes moi divertidos. Lémbrome de que dentro
da clase gardabamos moitas cousas para xogar e pintar. Tamén me lembro dunha
rapaza que se metía comigo e nos pegaba a min e ás miñas compañeiras.
Moitas veces, no recreo xogabamos nas
rodas, que resultaban moi divertidas, e tamén xogabamos nunha árbore na que
practicabamos sesións de perrucaría.
A profesora parecía moi boa, aínda que ás
veces castigábanos. Acórdome de que dentro da clase colliamos unhas colchonetas
e alí nos sentabamos e aprendiamos xogos, educación física… O que máis me
gustaba eran uns cabaliños de xoguete nos que podías montar e saltabas, pero case
sempre os tiñan os da clase do lado, porque eran maiores.
Unha vez, un rapaz da nosa clase repartira
lambonadas porque era o seu aniversario, nesa bolsa traía un caramelo que
picaba, e como picaba moito, mollabámolo para que non picara tanto. En resumo,
o colexio gustábame moito.
A gardaría.
Carmen Graña Lobeira
2ºB
Cando empecei a asistir á gardaría, toda a miña familia comentábame que
o pasaría moi ben, porque coñecería a moitos amigos novos, xogaría e o tempo
pasaríaseme voando.
O primeiro día, na presentación, chorei
nada máis desprenderme da miña nai. Tratábase da primeira vez que non
permanecía con ela nin con ningún coñecido. Choraba e choraba, e non paraba.
Todo isto durou varios días, pero melloraba paulatinamente, xa que só me pasaba
no momento da chegada.
Cos días comecei a contar con máis amigos e
as horas de gardaría resultaban máis levadeiras. Tamén empecei a comer alí e xa
me gustaba e todo, iso si, odiaba que me obrigaran a comer o que non me
gustaba; tanto que, recordo o día no que o menú incluía xudías. Foi horroroso.
Pili, a miña profesora, mandoume comer todo o prato e eu choraba porque non me
gustaba. Ao final mandáronme comelas e vomiteinas. A partir dese día odio as
xudías, prodúcenme nauseas.
Na gardaría tamén contei con bos amigos, algúns que aínda conservo,
como Manuel, Elena, ... Cousas como estas son polas que valeu a pena asistir á
gardaría, aínda que o pasara mal a primeira semana.
Esta é unha experiencia que recordo con cariño.
Eu e Ons
Vanesa Martínez Gallego 2B
Eu levo viaxando á Illa de
Ons dende que nacín. Teño alí unha casa, pero de pequena, encontrábase un pouco
abandonada e paraba na casa duns familiares.
Cando eu tiña cinco anos,
aproximadamente, arranxamos a casa dos meus bisavós, e comezamos a parar nela.
Daquela inda se podían realizar obras na illa, e tampouco nos dixeran nada de
que non puidésemos.
A maior parte da xente de Ons
pertence ás mesmas familias, e a maioría viven en Bueu.
Acórdame da miña infancia,
que cando íamos moitos amigos á casa e non estaba arranxada, debiamos durmir
polo chan en colchóns, e pasabámolo moi ben. En tres habitacións durmiramos
unhas vinte persoas. Agora xa non levamos amigos, porque coa familia alí, os
rapazas e rapaces somos moi bos amigos e sempre estamos xuntos.
Tamén me lembro de coller
amorodos.
Agora conto alí con moitos
amigos novos e gústame moito pasar as miñas vacacións en Ons. Viaxo todos os
veráns, e desexo que chegue o verán para volver denovo e encontrarme con eles,
a ainda que os miro por aquí á maioría, alí pasámolo moito mellor, sen
Internet, sen televisor, sen videoxogos, e imos á praia, a pasear, xogamos ás
cartas...
Así
son todos os anos as miñas vacacións na Illa
_________________________________________________________________________________________________________________________
SAKAPATÚ. Unha viaxe pola música andina.
Sara Menduíña Soage 2ºB
O día 29 de octubre de 2010 2ºA e
2ºB fumos ver o concerto dun grupo chamado SAKAPATÚ ao Pazo da Cultura de
Pontevedra.
Cando chegamos alí, sentamos, e de
súpeto quedou todo a escuras e apareceron no escenario dúas ou tres siluetas.
Acendeuse a luz do escenario e puidemos mirar que había tres homes sentados no
chan sen camiseta e comezaron a tocar os instrumentos.
Un home ía explicando cada
instrumento e dándolle un toque gracioso ao concerto; outro bailaba facendo un
pouco o parvo para divertirnos. No concerto ían representando as diferentes
épocas nas que se tocaba cada instrumento.
Gustoume moito que cantasen a
canción de “Poco a Poco” en versión rap. Esa canción cantámola polo menos cinco
veces. Tamén me gustou moito que baixaran do escenario e tocaron os
instrumentos cerca nosa e así poder indentificalos mellor.
O instrumento que máis me gustou
foron as chajchas polo son tan brillante e estraño que facían.
En resumo, o concerto estivo moi
ben, aínda que eu preferiría que durara un pouco máis.
En Sudamérica hai moitas culturas diferentes (dende a Patagonia,
no sur, ata o Caribe, no norte, hai moitísimas). Os Sakapatú tocan
principalmente a música das súas rexións de orixe: por un lado, a música
das montañas (dos Andes) e, por outro, a música da costa (música afroperuana
que, ten moita influencia dos escravos negros que foron traídos de
África).
Fan arranxos das melodías
respectando a tradición e, ao mesmo tempo, dándolles un toque de
modernidade...