Introdución

     A Biblioteca Escolar é un centro de recursos non só concebido como un lugar físico se non que debe ofrecer ao alumnado, materiais en todo tipo de soportes e formatos. 
    Por este motivo, o profesorado do centro,coa idea de crear materiais educativos atractivos, interesantes e adaptados ás necesidades do mesmo, decidiu participar no seminario:

"ELABORACIÓN DE RECURSOS INTERACTIVOS PARA O DESENVOLVEMENTO          DAS COMPETENCIAS BÁSICAS DENDE A BIBLIOTECA ESCOLAR"

  
    Para que toda a comunidade educativa tivese coñecemento e acceso a eles, estes materiais foron enlazados no blog da biblioteca

    E, desde entón, os docentes do centro seguimos actualizándoa con materiais propios.