Benvida

Materiais dixitais
    Nesta páxina atoparás os recursos elaborados polo noso grupo de traballo co fin de ofrecer unha guía para a creación dun espectáculo ou creación artística expresiva.

    Este grupo naceu coa idea de elaborar material fácil e comprensible para todos, pero tamén coa inquedanza da formación e investigación para profundizar no coñecemento nos distintos ámbitos das expresións artísticas e artes escénicas.

     Dentro deste empeño tentaremos de implementar os materiais elaborados de forma que sexan facilmente utilizables dende a web como de maneira local nun ordenador sen conexión a internet.

Esta foi unha dos pilares centrais no nacemento deste grupo, xa que iamos invertir tempo, traballo e roubar horas de sono, que fosen funcionais e prácticas e se poidesen REUTILIZAR por calquera persoa, profesional da educación formal ou non, para crear un espéctaculo de natureza artística e expresiva ou polo menos darlle os argumentos/ferramentas para intentalo....

Elección do Formato
    Na nosa elección para elaborar o material ou obxetos dixitais valorouse a posterior utilización destes pero tamén que permitirán a súa posterior modificación por calquer visitante desta web.
    Nun primer achegamento as aplicacións ofimáticas creando documentos e logo inserilos nalgún servizo web de publicaciónera unha opción, pero os máis utilizados son aplicacións propietarias:
   -Dentro do marco da cultura libre a solución era utilizar as máis que boas opcións de programas de código libre como por exemplo Libre Office.

    Pero a divulgación deste material e debido a natureza do contido a tratar decidimos apostar por algo con máis de interactividade cun arquivo de texto ou unha presentación de diapositivas, ou un vídeo ou un podcast,...
    
    A conclusión á que chegamos foi:
Por qué non conxugar todo o anterior pero sen renunciar á implementación no web (dipoñible para todo tipo de dispositivos tanto ,movis como de sobremesa), prevendo a súa posible modificación posterior e ademáis que fose interactivo?...
Comments