OBXECTIVOS

CEIP  DE CELEIRO
Celeiro-Viveiro  LUGO

 O itinerario lector  é o percorrido literario que todo o alumnado, desde que entra en 1º de primaria ata que sae do colexio ao terminar 6º de primaria, vai percorrer lendo.
 Así, desta maneira en cada nivel existen uns libros que o alumnado, xunto aos seus Mestres,  len nas clases durante o curso, facilitado pola biblioteca.
Con todo isto conseguimos que durante os 6 anos de escolarización en Primaria o alumnado lea polo menos un número considerable de libros e facilitemos o hábito lector neles.
No noso colexio procederémos así:
  • Establécense as sesións de lectura semanal na que os alumnos/as len o mesmo libro de forma colectiva, realizando as actividades de comprensión lectora e expresión oral  necesarias para o mellor entendemento e fomento das actividades lectoras.
  • Durante a lectura do libro o alumnado participará no "Faladoiro Literario", provocado polo mestre/a ,  onde hai espazo para opinar, valorar e realizar comentarios críticos  .