Presentación

RA na quinta xorde cun obxectivo: introducir as posiblidades que ofrece a realidade aumentada na biblioteca e no centro.
Xorde coma un grupo de traballo de profesores integrantes do equipo da biblioteca durante o curso 2015-2016: Asun Carballo, Ramón Delgado e Helena Vidal. Ademais está implicado o alumnado de 4º PDC e 2º ESO que traballan neste proxecto dende diferentes materias: ámbito científico, ámbito sociolingüístico, tecnoloxía e informática.