Quen somos e que queremos?

Somos un grupo de tres mestr@s de música que estamos investigando sobre as posibilidades musicais que ofrece o noso entorno. Así, intentamos sacar o máximo proveito de cada situación que nos rodea e darlle un sentido musical na aula. Desta maneira, é importante sinalar que cada un de nós ten un proxecto a nivel de centro co cal tentamos interactuar o máximo posible dentro da aula de música en pro dunha ensinanza globalizada. Así, os diferentes centros que participan e os seus proxectos de centro son:

1. CEIP Laredo (Redondela): ano da música.

2. CEIP Santo Paio de Abaixo (Redondela): os contos. 

3. CEIP Outerio das Penas (Redondela): Inventores e descubrimentos.

A parte de mostrar diferentes actividades relacionadas cos proxectos de centro e co entorno mais cercano, tamén levamos a cabo unha serie de actividades cunha temática común entre os catro centros, as cales podedes observar no blogue no apartado lateral "proxectos comúns".