Os maqueadores do blog da biblioteca: MQs

Historia:

O 28 de setembro de 2008 publicabamos a primeira entrada no noso blog Biblosvivos e desde o primeiro momento fumos concientes de que necesitabamos da asesoría do noso alumnado, tanto para a propia construcción do blog (eramos totalmente novatas neste mundo) como para enriquecernos coas vosas suxestións sobre contidos, ideas para actividades, etc. Queríamos e seguimos querendo un BLOG VIVO.

Puxemos carteis. A idea de que buscabamos "asesores adolescentes" vos fixo gracia e superáchedes todas as nosas expectativas.
Ao curso seguinte, na primeira reunión , tiñamos máis de 60 voluntarios.
Desde aquela ata hoxe levan formado parte dos MQs un montón de rapaces /as. Fixéchedes de entrevistadores, deseñadores, publicistas, ... Vos disfrazáchedes de viuvas e viuvos, de nenos/as, vestíchedesvos de etiqueta... Ideáchedes lemas, concursos,... Que estamos encantadas, vamos!
Nos a cambio vos fixemos unha chapa identificativa, vos levamos ao cine, de turismo rural...Vamos, que tampouco tedes queixa!
Pero podedes velo vos a través das entradas do blog.
Esperemos seguir con esta colaboración tan fructífera por moitos anos.

Compoñentes 2010/2011 (en construcción)